"Oria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 423.
-
VER O DETALLE DO TERMO
vicerreitorado.
-
ILLAS
Illa do arquipélago ártico, pertencente administrativamente ao Territorio do Noroeste, Canadá (212.198 km2). Está separada do continente polo golfo da Coronación ao S, da illa de Banks polo estreito do Príncipe de Gales ao O, e da illa do Príncipe de Gales polo canal Mac Clintock a o L. Descubriuna Thomas Simpson (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Hong Kong (590.771 h [1980]). Está situada na costa setentrional da illa, ao redor da abadía de Kowloon, coa cal tende a formar unha conurbación.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Colombia Británica, na illa de Vancouver, Canadá (74.125 h [2001]). Situada no extremo suroeste da illa, no fondo do estreito de Juan de Fuca, é o porto máis importante da costa do Pacífico canadense. Ten industria naval e derivada da madeira. Fundada en 1843, conserva o aspecto de cidade colonial e é un centro importante de estiba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL de Australia (227.600 km2; 4.644.950 h [2001]). A capital é Melbourne. Consta dun litoral chan interrompido por ondulacións, unha zona montañosa (1.000-2.000 m), no S da Great Dividing Range, e no N o val de Murray. Ten un clima temperado, húmido no litoral e máis seco no interior. Cultívase trigo e orxo e destaca como produtor de froita en conserva e de tabaco. Ten industria diversificada. En 1835 uns colonos de Tasmania fundaron Melbourne, e o territorio formou parte da colonia de Nova Gales do Sur. Autónoma desde 1851, en 1901 entrou a formar parte da Commonwealth de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Londres en 1852 co nome de Museum of Ornamental Art ata que en 1899 tomou o seu nome actual. Está formado tamén polo Museum of Childhood e o Theatre Museum. Contén unha rica colección de arte aplicada e decorativa de todas as épocas e estilos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na vertente N do Teide, no val de La Orotava (7.920 h [2001]). Destaca a agricultura de plátanos e da cana de azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Victoria de los Ángeles López García.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saltos de auga situados na fronteira entre Zimbawe e Zambia, onde o Zambeze se precipita nunha gran fisura de 122 m de altura. Son as terceiras do mundo polo seu volume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asta extensión desértica do centro-sur de Australia, situada entre a serra de Musgrave, ao N, e a chaira de Nullarbor, ao S (325.000 km2).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Miguel Fernández Félix.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situada ao SO da cidade de Córdoba (1.758 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de África Oriental, o meirande do continente (300 km de lonxitude, 200-350 km de ancho e 2.200 de perímetro; 68.100 km2). Pertence aos estados de Uganda, Kenya e Tanzania. Ocupa o fondo dunha vasta cubeta, e está situado a 1.134 m de altitude. Está alimentado por numerosas correntes, entre as que destaca o Kagera, considerada a orixe do Nilo. O principal emisario é o que conduce as augas ao lago Kyoga e despois ao lago Mobutu.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da Antártida Oriental que limita ao L co mar de Ross, ao O coa Terra de Wilkes e ao S coa barreira de Ross. Está constituída pola costa elevada coa que acaba o inlandsis e que colle a forma dunha serra escarpada duns 2.000 km de largo, con altitudes que a miúdo sobrepasan os 3.000 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi discípulo de J. van Kerle e de Palestrina en Roma. En1569 foi nomeado organista e mestre de capela da igrexa de Montserrat, en Roma, e a partir de 1573 dirixiu a capela do seminario romano, cargo no que sucedeu a Palestrina, e dirixiu tamén a capela de Sant Apollinare (1575). Das súas obras destacan o Officium Hebdomadae Sanctae (1585), de 4 a 8 voces, e o seu Officium Defunctorum (1605), a 6 voces. Publicou Motecta (1572), en 4 e 8 voces, o Liber primus qui Missas, Psalmos, un Magnificat (1576), Cantica B. Virginis vulgo Magnificat, a 4 voces, antífonas, himnos e outras misas e motetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, urbanista e teórico. Realizou o plano do desenvolvemento da paisaxe de Lombardia, coñecido co nome de Studio Verde (1963-1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do nome persoal latino Victorius, relacionado popularmente con Vítor pero procedente dun nome persoal máis antigo Vitorius, Viturius, de orixe etrusca. A forma feminina é unha advocación da Virxe María, eco dun culto romano anterior. Presenta as variantes Vitorio/Vitoria.
-
-
Acción de vencer nunha loita ou nunha competición.
-
Representación plástica da vitoria ou da deusa Vitoria. A iconografía romana reelaborou os tipos gregos de níkē para ilustrar as vitorias dos emperadores en relevos históricos, moedas ou na glíptica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coche descuberto de catro asentos e provisto dunha capota plegable que pode cubrir a metade.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Espírito Santo, Brasil (309.507 h [estim 2004]). Centro comercial e porto da costa atlántica, na illa homónima, dentro da baía tamén homónima, ten industria metalúrxica, téxtil, do calzado e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO