"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • olta que se dá de medio lado, apoiando as mans no chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar unha árbore polo pé. 

    2. Saltar por riba dunha cousa.

    3. Dar pinchos ou saltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axudante ou aprendiz, sen cualificar, nalgúns oficios.

    2. Remate triangular ou en ángulo dunha parede formado pola unión das vertentes dun tellado a dúas augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salto de auga do regueiro de Fervenza, na parroquia de Santa Mariña do Monte (O Barco de Valdeorras), cun salto de 30 m de altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Alberto Moravia, nos seus primeiros escritos amosou a súa preocupación polas dificultades morais das persoas alienadas na sociedade e que non podían afastarse das circunstancias. Ademais, centrou parte da súa obra na descrición dos vicios inconfesables da sociedade burguesa, cunha visión dos personaxes que resulta fría ao lector e onde amosa as súas debilidades. A súa primeira novela Gli indifferenti (1929), unha das obras máis representativas da narrativa italiana do s XX, amosa o seu estilo austero, deliberadamente monótono, preciso e realista. Tamén escribiu os conxuntos de narracións La bella vita (1935), L’imbroglio (1937) e La villa di venerdi (1990), as novelas neorrealistas Agostino (1944), La romana (1947), La cociaria (1957), La noia (1960), L’automa (1962), Io e lui (1971), La vita interiore (1978), 1934 (1982) e L’uomo che guarda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo e editor musical. Publicou estudos sobre o violín, como Les violinistes (1922), e biografías, como Vivaldi et la musique instrumentale (1948), obra onde estableceu unha catalogación da obra vivaldiana que tivo moita difusión en Francia; e Corelli: His Life, His Work (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Discípulo de K. Weierstrass, foi profesor en Palermo, Pavia e Boloña. Creou o cálculo funcional moderno, elaborou a teoría das operacións funcionais distributivas e ideou o concepto de derivada funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dar un salto ou de lanzarse desde o alto.

    2. palangre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. pinche.

    2. Punta da quilla dun barco que vai unida á agulla que suxeita o temón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten os cornos cara a abaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e fisiólogo estadounidense. Estudou a regulación endócrina do ciclo menstrual feminino e presentou a primeira pílula contraceptiva oral (1956). Publicou, entre outros, The Control of Fertility (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Píndaro, á súa poesía ou ao seu estilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. De familia aristócrata, probablemente se formou literariamente en Atenas, aínda que viviu en Tebas. Viaxeiro e cosmopolita, consagrouse como poeta panhelénico. Os seus poemas, ordenados na época alexandrina por Aristófanes de Bizancio de acordo cunha clasificación por xéneros, divídense en himnos, peáns, en honor a Apolo; ditirambos, onde expresa a énfase desenfreada do culto dionisíaco; prosodias, partenias, encomios, threnoi e, finalmente, consagrados a celebrar vitorias obtidas nun dos catro grandes xogos panhelénicos, catro libros de epinicios, os únicos que permanecen practicamente íntegros, e que dan todas as visións fundamentais do poeta. O seu estilo é grave e solemne, e destaca a poderosa construción dos períodos, o predominio absoluto na frase do nome sobre do verbo e, sobre todo, as atrevidas imaxes. Admirada polos románticos, a poesía de Píndaro constitúe un dos cumes da lírica universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo italiano, irmán de Ippolito Pindemonte. Membro do Gran Consello de Venecia (1782), en 1790 foi desterrado e en 1796 houbo de fuxir a Francia. Autor de rimas políticas e patrióticas cheas de fantasía, como Le ombre napolitane, evocación dos mártires de 1799, destacou como autor tráxico con obras influídas por Alfieri, con algúns ecos shakespearianos, das que cómpre salientar Matino I della Scala, I coloni di Candia, Agripina e Ginevra di Scozia, e que foron recollidas en Componimenti teatrali (1804-1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano, irmán de Giovanni Pindemonte. Viaxou por diversos países, o que lle serviu para ter unha visión xeral da literatura europea da época. A súa obra, marcada polo seu carácter descritivo e pola elegancia na composición, presenta moitos trazos en común cos autores clásicos. En 1788 publicou as Poesie campestri, que preludiaban o romanticismo. Ademais da novela satírica e autobiográfica Abaritte (1790), destaca a traxedia Arminio, con ecos de Alfieri, Shakespeare e Ossián, e a tradución da Odisea (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO