"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • Construción situada en Loureda (Cesuras). Foi construído a finais do s XVII e aínda conserva a capela arrimada ao edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Arteixo. Foi construída no s XII, en estilo románico, do que conserva a ábsida orixinal, abovedada con dous arcos apuntados e reformada no s XIX con compoñentes neoclásicos. O retablo é obra de Ferreiro e do pintor Landeira (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 1.358 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cortegada baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Maside baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mos baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado á beira do Miño, preto de Ourense. Puido fundalo o abade Senior no s IX e ser doado ao mosteiro de Celanova por Ramiro II a petición de san Rosendo no ano 941 . Na actualidade é a igrexa de San Martiño de Alongos (Toén).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mos. Caracterízase por conservar a porta e o tímpano románicos, con ornamentación por ambos os dous lados. O anverso decorouse cunha cruz rodeada de rosetas con bólas e con axadrezado e o reverso cun entrelazado cruciforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado á beira do Miño preto de Santa Ouxea, entre os concellos de Barbadás e Toén. Foi fundado polo confeso Fafila e o seu fillo Egas, que o doaron no ano 952 e, dirixido por san Rosendo e o abade Fránquila, polo que pasou a depender de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado aos pés do coto Louredo ou coto do Castro, no concello de Barbadás ou Toén. Foi fundado antes do s X e pertenceu a Santa Comba de Naves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo inglés. En 1936 iniciou a docencia en Manchester e, interesado polas primeiras experiencias con radar e coñecedor dos traballos de G. Rever, impulsou a construción do radiotelescopio da estación experimental de Jodrell Bank. Recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina e cantante estadounidense. Coñecida como Josephine Baker, debutou en París (1925) incorporada á Revue Nègre. Foi vedette do Folies-Bergère e do Casino de París. Destaca a súa interpretación no filme   Zou-Zou (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Despois de estudar arquitectura en París, en 1935 foi discípulo de R. Bissière na Académie Ranson. Contribuíu a introducir a arte abstracta nos círculos eclesiásticos, e foi autor de vidrieiras e tapices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Inscrito na corrente seguidora de Cara- vaggio, imitou as súas escenas de xénero como Baco ou Bonaventura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador italiano. Coñecido como Nino Manfredi, como actor adaptouse tanto ao drama como á comedia. Participou nos filmes Adulterio all’italiana (1966), C’eravano tanto amati (1974), Nudo di donna (1980) ou La luz prodigiosa (2003), e como realizador destacaron L’amore difficile (1962) e Per grazia ricevuta (1971, Premio en Cannes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi discípulo de Torelli e compuxo Sinfonie da Chiesa e Concertini a due violini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia (1258-1266), fillo do Emperador Federico II. En pugna constante co papado, Urbano IV designou a Carlos de Anjou, rexente de Sicilia. Entrou en loita por este motivo e foi derrotado polo exército anxevino na batalla de Benevento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Foggia, Puglia, Italia (56.773 h [2001]). Está situada no golfo de Manfredonia, na costa adriática, ao pé do monte Gargano. É un porto pesqueiro. Fundada por Manfredo I de Sicilia preto da antiga Siponto, destacan o castelo (s XIII) e a igrexa de San Domenico (s XIV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para reducir a presión dun gas e regular o fluxo, especialmente o de saída do gas comprimido nun cilindro ou depósito. Acostuma ser unha válvula reguladora de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO