"Rus" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 386.

  • REINOS

    Estado cristián fundado en Xerusalén despois da toma da cidade durante a Primeira Cruzada (1099). Godofredo de Boullion non aceptou a dignidade e, á súa morte ao ano seguinte, o seu irmán Balduíno I (1100-1118) fíxose coroar rei. Organizouse segundo os canons feudais europeos. Aínda que o rei era elixido polo consello feudal, exercía unha autoridade moi estendida a outros reinos latinos, e dirixía as forzas militares, exceptuando as ordes. O último rei foi Guido I (1186-1192). Durante o seu reinado, minado polas loitas entre os cruzados, a capital caeu en mans de Saladino en 1187 e en 1191 perdéronse as últimas posesións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Senado ou consello de anciáns en Esparta. Composto por vinte e oito xerontes e polos dous reis, constituía o órgano principal de goberno, especialmente en política exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes ciprinodontiformes, da familia dos poecílidos, que teñen o corpo de cor avermellada, cunha aleta caudal en forma de abano e os ollos grandes. Presentan fenómenos de inversión sexual de sexo feminino a masculino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1210-1212) e emperador latino de Constantinopla (1229-1237), fillo de Erardo III de Brienne. Participou na conquista de Nápoles. En 1235 enfrontouse aos ataques de Iván Asen de Bulgaria e Xoán III de Nicea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos escoftálmidos, ao que pertence a tapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Imán de Tāhert. De orixe persa, foi Gobernador de Qayrawān durante a ocupación dos bérberes (758). Expulsado polo exército califal, no 761 fundou a cidade de Tāhert, dende a que consolidou un reino independente de Bagdad.

    VER O DETALLE DO TERMO