"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Revolucionario francés. Participou nas revoltas de 1870 e dirixiu en 1871 a insurrección que proclamou a comuna de Marsella. Trala disolución da mesma, foi condenado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político portugués. Doutor en Química (1962) e profesor universitario. Foi ministro de Educación (1980-1982) e vicepresidente do Partido Social-Democrata (PSD). En 1982 foi candidato da Aliança Democrática ao cargo de primeiro ministro. Entre 1983 e 1985 foi embaixador de Portugal na UNESCO.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Empregou os pseudónimos El anfibio, El caricato habanero e El lindoro, entre outros, e publicou El látigo del anfibio (1836) e Sátiras (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político agrarista. Coñecido como Chinto Crespo, foi membro da Sociedade de Agricultura de Teis e do Directorio de Teis, organización da que foi secretario en 1908. Dirixiu a asemblea agrarista de Teis no 1907. Converteuse nun destacado orador -en lingua galega- nos mitins antiforais celebrados en Vigo, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. En 1909 presentouse como candidato á alcaldía de Lavadores, ao tempo que asinaba, xunto con outros agraristas, numerosos panfletos contra os caciques da bisbarra viguesa. Esta campaña anticaciquil provocou o seu exilio á Estrada e Lalín, cidade na que reorganizou o movemento agrarista. En 1913 volveu a Vigo e á súa actividade anticaciquil no ámbito provincial, feito que lle valeu un posto no concello de Lavadores. Da súa produción xornalística consérvase unha pequena parte dos seus traballos, a maioría ensaios escritos en castelán, nos que amosa o seu anticaciquismo e a necesidade da organización dos labregos en sociedades de oficio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1989), foi profesor da mesma. Traballou con Carlos Quintáns e Antonio Raya, con quen realizou, entre outras obras, a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993), a nave industrial de Eleko Galicia (A Coruña, 1999) e o Polideportivo de Guntín (1999). As súas obras caracterízanse pola economía de recursos, a austeridade dos volumes e a integración da construción no contorno. Entre os seus numerosos proxectos de vivendas unifamiliares destacan a casa Seoane (Mera, 1992), a casa Vázquez (Sada, 1999) e a casa de Oleiros (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Ocupou o cargo de arquitecto provincial de Ourense. A súa obra inscríbese no movemento ecléctico da segunda metade do s XIX. Entre as súas obras destacan a casa Fábrega (1881), a ferraxería Villanueva (1881-1891), a casa de Saco e Arce (1882) e o Instituto de Bacharelato Otero Pedrayo (1885-1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro republicano. Capitán de carabineiros da V Brigada, ocultouse pouco despois de comezar a Guerra Civil española. Coñécese unha das súas accións en Lalín no ano 1945 e suponse que puido actuar durante ese ano como enlace do Comité Central do PCE. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Foi un dos introdutores do simbolismo en Portugal. Da súa produción destacan, entre outras obras, Miniaturas (1871) e Nocturnos (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xacinto Crespo Figueras.
-
GALICIA
Galeguista e promotor cultural. En 1909 trasladouse a Uruguay, onde se relacionou cos representantes do galeguismo, entre outros con Manuel Meilán, Ramón Antelo e Francisco Rial, cos que participou nos parladoiros do café Tupí Nambá de Montevideo. Foi un dos fundadores da Irmandade Galega do Uruguay e de Galeuzca. Presidiu a comisión xestora dunha escola pública que levaba o nome de Galiza e o Centro Gallego. Cultivou o debuxo e a escultura. O Padroado da Cultura Galega galardoouno en 1973 coa Vieira de Prata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escolla de fragmentos literarios, especialmente para seren usados na aprendizaxe dunha lingua.
-
-
Admisión de algo como verdadeiro.
-
Consideración positiva da que goza alguén, normalmente polas súas boas calidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido feito con fíos grosos de algodón, fabricado seguindo o modelo da armadura da tea, que se destina xeralmente ao estampado.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico inglés. Os seus filmes máis destacados son de carácter humorístico. Deles, cómpre salientar The Lavender Hill Mob (1951), The Battle of Sexes (A batalla dos sexos, 1959), The Third Secret (O terceiro segredo, 1963) e A Fish Called Wanda (Un peixe chamado Wanda, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo inglés. Licenciouse en Ciencias no University College de Londres en 1937 e doutorouse en 1954 na Caius College de Cambridge. Traballou no Cavendish Laboratory en Cambridge, onde estudou a estrutura do ácido desoxirribonucleico por medio da técnica de difracción de raios X. Xunto con J. D. Watson, elaborou unha teoría sobre a mutación xenética baseada na ordenación dos pares de bases específicas dentro da cadea do ADN. En 1962 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con M. H. F. Wilkins e J. D. Watson polos seus descubrimentos sobre a estrutura molecular dos ácidos nucleicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura eutéctica dunha substancia con auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto que vive na neve e no xeo constituído por especies de algas microscópicas especialmente adaptadas, entre as que hai que destacar a clorofícea Chlamydomonas nivalis, que tingue a neve de cor rosa.
-
-
Que evita alteracións provocadas pola conxelación.
-
Substancia empregada nos procesos de conxelación para evitar que a materia conxelada resulte alterada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento empregado na crioxenia para realizar experimentos a temperaturas moi baixas. Consiste nun recipiente illado termicamente no que a fonte de frío é a vaporización dun gas licuado.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse na Accademia Brera de Milán. Participou das propostas do spatialismo e dende finais dos anos cincuenta realizou colaxes con diferentes materias de refugos, madeiras, xornais, etc. Das súas obras destacan Espirais (1953) e a serie Tótem. Participou na Biennale de Venezia (1948-1958), na Documenta de Kassel (1955) e na Bienal de São Paulo (1961).
VER O DETALLE DO TERMO