"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Estrela á da constelación de Can Menor. É unha estrela da secuencia principal, ten unha magnitude aparente de 0,53 e está situada a unha distancia da Terra de 11 anos-luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos prociónidos.

    2. Mamífero da familia dos prociónidos.

    3. Familia de mamíferos da orde dos carnívoros, formada por animais de pequeno tamaño e hábitos omnívoros, que inclúe o mapache e o coatí.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declaración pública e solemne, dun suceso, dunha lei, dunhas eleccións, etc, por parte de quen ten autorización.

    2. Actos públicos ou cerimonias con que se celebra o inicio de algo, especialmente dun reinado.

    3. Recoñecemento polas xuntas electorais dunha determinada persoa como candidato, e nomeamento de representantes efectivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia dun suxeito a postergar a realización de algo, xeralmente debida a unha neurose obsesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de procrear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidado con que se trata ou manexa un negocio.

    2. Exacción que os prelados cobraban ás parroquias na Idade Media, como retribución polas visitas que lles facían.

    3. Poder que alguén dá lexitimamente a outra persoa para que obre no seu nome.

    4. Cargo ou oficio de procurador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de producir.

    2. Cousa ou conxunto de cousas que se producen.

      1. Conxunto de actividades humanas realizadas mediante a utilización de recursos naturais e medios de produción para obter bens que satisfagan as necesidades humanas. Estes procesos non inclúen exclusivamente a transformación da forma e a calidade dos bens, senón tamén todo o que aproxima os bens no tempo ou no espazo cara ao seu consumo. A produción efectúase mediante a combinación dos chamados medios ou factores produtivos ou inputs, clasificados en tres grandes grupos: o traballo, ou achega humana ao proceso produtivo, base deste proceso; a terra, ou conxunto de recursos naturais; e o capital, ou conxunto de medios de produción xa elaborados, pero que serven para producir novos bens. A escola marxista puxo énfase especial na acción do home. Así, a produción presenta dous aspectos: o das forzas produtivas ou conxunto de medios produtivos e dos homes que os utilizan; e o das relacións de produción, que caracterizan a relación dos homes entre eles no proceso de traballo. A interacción...

      2. teoría da produción

        Configuración dun marco analítico que permite explicar e prever o comportamento das unidades económicas produtivas. Este marco inclúe fundamentalmente tres aspectos: o estudo das restricións técnicas e económicas fundamentais da actividade das unidades de produción; a determinación dun procedemento que permita coñecer o resultado e a valoración da actividade produtiva; e a formulación dun modelo matemático que inclúa os dous primeiros aspectos.

      1. Conxunto de actividades económicas e financeiras encamiñadas á realización dunha película, programa ou dunha obra teatral ou musical.

      2. Financiamento dunha obra artística ou intelectual.

      3. Obra artística ou intelectual xa rematada.

    3. Biomasa producida por un organismo, unha poboación ou unha comunidade. Mediante a fotosíntese, as plantas verdes forman combinacións orgánicas a partir de CO 2 e H 2 O (produción primaria). Os organismos animais usan as plantas como alimento e transforman unha pequena parte en substancia animal (produción secundaria).

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada en 1994 por Miguel Borines Fernández e Eduardo A. Rodríguez Cunha. Representaron Macbett (1994), de E. Ionesco, Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995), espectáculo de marionetas, e Sempre Ubú (1996), de J. Jarry.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou feito polo que se anula o carácter sagrado dunha cousa ou persoa. Esta posibilidade baséase no feito de que, para as relixións, o sagrado e o profano se exclúen mutuamente. Son casos de profanación a entrada nun templo en espazos reservados aos sacerdotes ou a desacralización ritual con que se volve ao uso normal un obxecto ou un lugar sagrado.

    2. Acción ou feito que deshonra ou implica un uso indigno de algo respectable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos bens que o pai dá ao fillo para que os administre, peculio profecticio, ou aos bens que adquire o fillo co diñeiro do seu pai, bens profecticios. No dereito romano opúñanse aos bens adventicios e constituían o peculio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación inicialmente mensual editada a partir de 1999. Subtitulouse “Revista galega de información educativa”. Promovida pola secretaría de Imaxe de FETE-UGT-Galicia e coordinada por Juan Pais Andrade, inclúe informacións relacionadas co mundo do ensino, especialmente referidas ao sistema educativo galego, onde trata aspectos sindicais, profesionais, institucionais e lexislativos, ademais de artigos de opinión sobre actualidade docente. Tamén recolle numerosas experiencias pedagóxicas e didácticas de diversos centros educativos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de profesionalizar ou de profesionalizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crecemento lateral dun estrato ou dunha formación sedimentaria que tende a encher unha área máis deprimida, xa sexa fluvial, lacustre ou mariña, mentres que o vertical é nulo ou case nulo. O exemplo máis patente é o dos deltas e os conos de dexección fluviais. OBS: Oponse á retrogradación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa promovido polas Nacións Unidas desde 1965 para mellorar as condicións de vida do ser humano, tanto no relativo ao medio natural como ao medio humano. Desde 1990 publica anualmente o Informe sobre o Desenvolvemento Humano que clasifica os países segundo o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Ten a súa sede en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa das Nacións Unidas xurdido da Conferencia de Estocolmo (1972) e creado coa finalidade de velar polo equilibrio ecolóxico dos océanos, a prevención da erosión dos solos, a mellora das augas e a calidade da vida rural e urbana. Ten a súa sede en Nairobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de programar.

    2. Preparación e establecemento dun programa.

      1. Conxunto de programas que ocupan todo o tempo de emisión dunha canle de radio ou televisión.

      2. programación enlatada

        Programación e publicidade gravada con anterioridade á emisión.

    3. Ordenación operativa dun conxunto sistemático de contidos de aprendizaxe, obxectivos educativos e actividades didácticas.

    4. Realización dun programa informático.

    5. Conxunto de técnicas de racionalización da actividade económica que teñen por obxecto a determinación de medidas e periodificación que hai que aplicar en certos medios para a consecución dun obxectivo prefixado. Esta programación pode efectuala unha empresa privada ou un organismo estatal, dependendo do obxectivo e do alcance que vaian ter os seus resultados.

    6. Conxunto de procedementos matemáticos que se empregan para resolver problemas de óptimos condicionados, é dicir, aqueles que consisten en maximizar ou minimizar unha función numérica con diversas variables suxeitas a certas limitacións. Comprende a programación lineal, a cadrática e a dinámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de prohibir.

    2. Orde dada por alguén, sobre todo por un superior ou unha autoridade, prohibindo algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento para combater o alcoholismo mediante a implantación de leis que prohiban a produción e venda de bebidas alcohólicas. Aplicado en EE UU mediante a lei seca, apareceu de forma atenuada nalgúns países europeos como Noruega ou Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao prohibicionismo.

    2. Partidario do prohibicionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO