"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escultor. Atribúeselle o retablo maior de Santa Mariña de Xestosa, realizado en 1787, e o de San Martiño de Tameiga, de 1773.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominico. Foi lector de Filosofía (1601) e ensinante de Teoloxía en San Pablo de Burgos e Alcalá de Henares, e catedrático de Teoloxía na Universidade de Salamanca. Toda a súa obra xira arredor da súa dedicación á Teoloxía e recolle títulos como: Comentarios a la Suma Teológica del Doctor Angélico (1636), Variae et selectae decisiones morales ad statum ecclesiasticum et civilem partinens (1664), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, licenciado en Xurisprudencia e Teoloxía en Salamanca. Foi consultor da Inquisición. Publicou dúas obras relacionadas co mundo eclesiástico: Defensa de la inmunidad y libertad eclesiástica contra los herejes modernos e Sobre el abuso de la potestad eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar guatemalteco. Presidente da República (1950) polo Partido de Acción Revolucionaria, emprendeu unha reforma agraria (lei agraria de xuño de 1952) que se contrapuxo cos intereses da empresa norteamericana United Fruit, o que foi aproveitado polo seu rival político, Castillo Armas, para obrigar a Arbenz a se exiliar (1954) coa axuda militar e financeira dos EE UU. Tras retirarse por un tempo a Suíza, faleceu en México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Responsable da adopción do sistema métrico decimal na República Francesa, foi antecesor de Cauchy, Boole, Hamilton e Grassmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e activista político. Estudiou Medicina en Santiago de Compostela, especializouse en Alemaña e chegou a ser un coñecido tocólogo, publicando neste eido Problemas fundamentales de la gestación (1929). Sensible ás ideas republicanas, participou na campaña antiforista. En 1913 publicou o artigo de axitación “Arranca Ferro” en El Tea, no que se mostra como un declarado partidario das iniciativas de Acción Gallega, organización política liderada por Basilio Álvarez. No 1916 comeza a súa transición cara ao socialismo propiciada pola dinámica xeral socialista, que se estaba abrindo cara ao agrarismo da bisbarra de Vigo nos anos previos á folga de 1917 nun intento de estruturar unha ampla conxunción republicano-socialista-agraria. Retomou o activismo político nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), cando asumiu a vicepresidencia do PSOE de Vigo. A súa actuación foi decisiva na elaboración das listaxes que concorreron ás eleccións municipais do 12 de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Parapsicólogo e director de cine. Está especializado en fenómenos paranormais e ocultismo en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento construtivo característico da arquitectura gótica que transmite o impulso da bóveda da nave central aos contrafortes laterais. Tamén conduce a auga da chuvia fóra do recinto do edificio.

    2. Soporte de aceiro, en forma de V, soldado na parte exterior da cavidade, que ten exclusivamente a misión de soster a parte final da árbore da hélice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor maneirista. As súas primeiras obras coñecidas relaciónano con Gaspar Becerra no retablo maior da Catedral de Astorga. A mediados do s XVI traballou e residiu en La Rioja, onde deixou interesantes exemplos do Maneirismo máis clasicista nos retablos de Briones, San Asensio e Desojo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa profesional. Inicialmente traballou para revistas de moda. No 1946 estudiou con Lisette Model. A súa obra evolucionou logo cara a unha maior penetración psicolóxica das persoas retratadas, sobre todo personaxes estraños e marxinados socialmente (xigantes, ananos, feos, anormais, etc), aos que comprendía e apoiaba. No 1964 realizou no MOMA de Nova York a mostra New Documents. En 1970 impartiu clases na Rhode Island School of Design e, un ano despois, suicidouse cando contaba con corenta e oito anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo sardo en lingua castelá, seguidor de Lope de Vega. É o autor da comedia El saco imaginado (1658).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián de Mauritania. Tivo que agocharse para fuxir da persecución do Emperador Valeriano pero, ao se enterar de que pola súa causa prenderan un parente seu, decidiu presentarse perante o tribunal. Como castigo recibiu tormento con garfos e fóronlle amputandos todos os membros. A súa festividade celébrase o 12 de xaneiro, o 4 de marzo e o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Especializouse nas películas de gángsters e na situación dos franceses en Alxeria trala independencia deste país. Entre outras, destacan as películas Le coup de Sirocco (O golpe de Siroco, 1978), Le grand carnaval (O gran entroido, 1983), L´Union Sacrée (A unión sagrada, 1989) e Dis-moi oui... (Dime que si..., 1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frase ou estilo que presenta trazos arcaicos; ou mesmo dun autor afectado polo uso de arcaísmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador cinematográfico canadense. Tanto a través dos seus documentais como dos propios filmes de fición, este director amosa, moitas veces dende unha posición pesimista, unha visión da realidade política e social ligada ao mundo francófono do seu país. Foi autor de películas como Rejeanne Padovani (1973), Gina (1974), Jesus de Montreal (1989) e Love and human remains (Amor e restos humanos, 1994), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de potasio, de fórmula K2SO4. Cristaliza no sistema rómbico e os cristais son de cor branca. Ten peso específico 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do que está oculto.

    2. Misterio ou segredo do que non se facilita coñecemento. OBS: Utilízase en plural xeralmente.

      1. Suposto gran segredo da natureza que a alquimia tentaba descubrir.

      2. Remedio secreto e poderoso.

    3. Nalgunhas relixións, parte da doutrina ou do culto que se mantén secreta para os non iniciados. Nos primeiros séculos do Cristianismo obsérvase unha práctica semellante sobre certos elementos doutrinais ou culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos arcanxos.

    2. Da natureza dun arcanxo.

    3. Semellante a un arcanxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na relixión cristiá, espírito benaventurado superior aos anxos. Pertence ao oitavo coro dos espíritos celestiais. Os arcanxos definidos pola tradición cristiá son Miguel, Rafael, Gabriel e Uriel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e deseñador gráfico. Cursou estudios de serigrafía en Lisboa e deseño gráfico na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Participou en exposicións colectivas na Coruña, Ourense, Madrid, Berlín e Lisboa; as súas exposicións individuais desenvolvéronse nas galerías 4 Montras (Lisboa, 1991 e 1995), A Droguería (Lisboa, 1992), Le Ki (Madrid, 1993) e Museo da Electricidade (Lisboa, 1996). Dedícase preferentemente á técnica do trampantollo (trompe l’oeil). Foi decorador da TVG en colaboración con Suso Montero nos programas: “Imos Aló” (1990), “Aprendiz de Meigo” (1990), “T.V. Pirata” (1990-1991), “Supermartes” (1996) e “Salsa Verde” (1996). Traballa como dourador e restaurador de volumes do Teatro Rosalía de Castro da Coruña (1994-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO