"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa románica construída arredor do 1180 en Antas de Ulla. Nela destaca a decoración da portada principal, do arco triunfal e do exterior da ventá da ábsida: a rosca cúbrese con casetóns ou rectángulos tallados na pedra e con motivos ornamentais labrados en baixorrelevo no medio da composición, ornamentación típica nalgunhas portadas de templos da Galicia central. Cómpre tamén citar os tímpanos que exhiben cruces nas portadas occidental e meridional, o da primeira de lintel bilobulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo situado en Chantada, datado no primeiro cuarto do s XIII. As partes máis antigas que se conservan son de orixe románica, aínda que son escasos os elementos medievais desta construción chegados ata os nosos días. A interesante portada norte remata nun arco de medio punto con tendencia ao apuntamento, e arista en bocel seguida de escocias e medias canas; está sostido por dúas columnas rematadas en capiteis cubertos de follas moi estilizadas e rematadas en bólas. O tímpano é semicircular e está rodeado dun arco de descarga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco da circunferencia que ten para a tanxente un valor dado. A súa abreviatura é arctx.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Marín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. Figura destacada do movemento cooperativista de Euskadi, incorporouse ás xuventudes nacionalistas (ECI) no 1961, e ao EAJ-PNV no 1979. Alcalde de Arrasate (1979-1983) e deputado xeral de Gipuzkoa (1983), foi elixido lehendakari (presidente do goberno vasco) trala demisión de Carlos Garaicoetxea (1985), foi reelixido en 1987, 1990 e 1994. Retirouse da vida política en 1998 ao rexeitar presentarse á reelección nos comicios do 25 de outubro. Logo das eleccións de 1986 e ata a súa retirada, os gobernos que presidiu foron sempre en coalición co PSOE, con Euskadiko Eskerra e con Eusko Alkartasuna (escisión do PNV liderada por Carlos Garaicoetxea ata novembro de 1999). Durante os seus anos de goberno esforzouse en conseguir a paz no País Vasco. Froito dos seus esforzos nese eido foi o Pacto de Ajuria Enea (12.1.1988), que se converteu nun foro de debate de todos os partidos con representacións nas institucións vascas, agás Herri Batasuna. Tamén promoveu o Pacto de Lizarra, asinado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de gravados rupestres composto por catro grupos diferenciados, situado na aba occidental do monte Ardegán, parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña. No Grupo IV, o máis interesante, obsérvanse dous cervos totalmente contorneados, fundíndose nunha mesma liña as patas traseiras e dianteiras, o que suxire nas representacións a actitude do trote. Nos restantes grupos represéntanse unha serie illada de cervos, tanto en movemento como en posición estática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pintor e funcionario da corte de Filipe V. Entre outras obras, foi arquitecto nas catedrais de Granada e Toledo. Construíu o primeiro Palacio de la Granja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturista e estudoso das rochas e dos volcáns. Na súa obra Giornale de Criselini (1759) estableceu unha clasificación das rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral oriental da illa de Ons, situada entre a punta da Canteira ao N e a punta da Figueira Brava ao S na parroquia de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia ubicada nas Illas Ons cuxo conxunto conforman o Parque Nacional maritimo-terrestre das Illas Atlánticas, situada no Concello de bueu.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 200 metros ANCHURA MEDIA: 15 metros GRAO OCUPACIÓN: Medio GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Rochas / Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2.000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da parroquia de Valle situada ao SL da punta Merceira, no concello do Vicedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da parroquia de san Vicente do Grove situada ao N da península, entre a punta Burata, ao O, e a punta Barcela ao L, no concello do Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia situada no concello de A Guarda na provincia de Pontevedra nunha zona de costa moi rústica alonxada de núcleos urbáns e con acceso a minusválidos.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS
    LONXITUDE PRAIA: 100 metros, ANCHURA MEDIA: 5 metros, GRAO OCUPACIÓN: Alto, GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana, PASEO MARÍTIMO: Si

    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area, TIPO AREA: Dourada, CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa, ZONA DE FONDEO: Non, NUDISTA: Non

    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non, ZONA PROTEXIDA: Non, BANDEIRA AZUL: Non

    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non, SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non, POLICÍA LOCAL: Non, POSTO CRUZ VERMELLA: Non, EQUIPO SALVAMENTO: Non

    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial de Vilagarcía de Arousa. Realizada en estilo barroco, rematouse contra o ano 1667. No 1690 encargóuselle a Melchor de Velasco a construción da Capela do Rosario seguindo o modelo da Capela do Cristo de Burgos da catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico de arte, historiador, filósofo, poeta e profesor universitario. Colabora en diversas publicacións, na televisión e na radio sobre temas histórico-artísticos. Exerceu como director de diversas coleccións e monográficos de artes plásticas, suplementos culturais, dicionarios, etc. Entre as súas obras destacan: 30 años de arte español (1972), Prieto Nespereira (1973), La pintura en Buenos Aires (1981) e La pintura expresionista en España (1981). Como poeta ten obra publicada en galego e castelán. Dirixiu as Salas de Exposición do Ateneo de Madrid, foi xefe do Servicio Exterior da Dirección Xeral de Turismo, da Sección de Artes Plásticas e Audiovisuais, e da Acción Universitaria da Dirección Xeral de Información. Tamén exerceu como director do Museo Español de Arte Contemporáneo entre 1974 e 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore ou arbusto da superorde das arecanais.

    2. Superorde de árbores e arbustos da subclase das arécidas á que pertencen as ordes das arecais e das pandanais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político iraquí. Participou no golpe de estado de 1958, que derrocou a monarquía e rompeu a federación con Xordania. Mentres gobernou o seu irmán ‘Abd al-Salam Aref (dende 1963), a quen axudou a liberarse da oposición dos baasistas, foi xefe do Estado Maior (1964); logo da morte daquel (1966), sucedeuno na Presidencia e formou goberno con baasistas moderados e kurdos. En xuño do 1968, logo dun golpe de estado incruento, exiliouse en Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Iniciou a súa andaina política na Unión de Centro Democrático (UCD), para logo presidir Democracia Cristiana (DC) en Andalucía. En 1983 ingresou en Alianza Popular (AP) -Partido Popular (PP) dende 1989-. Ocupou escanos no concello de Sevilla (1983-1987), no Parlamento andaluz (1986-1989), no Congreso dos Deputados (1989-1993) e no Senado en representación de Andalucía. En xullo de 1993 pasou a ocupar a Presidencia do Partido Popular en Andalucía e en 1998 a secretaría xeral do Partido Popular. Foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (1996-1998) no primeiro goberno de José María Aznar, posto que abandonou para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Andalucía como candidato á Presidencia da Junta, desempeñando tralos comicios a xefatura da oposición nesa comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Ávila, Castela e León, no val do Tiétar (6.609 h [1996]). Castelo de Rodrigo López de Ávalos. Palacio do infante Luís e mosteiro de San Pedro de Alcántara.

    VER O DETALLE DO TERMO