"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe de tose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo galego procedente do hipocorístico feminino de Alexandra, que posteriormente creou a forma masculina Xandre.
-
-
Disposición das flores na que presentan o xineceo e o androceo soldados a unha soa peza.
-
Trastorno que produce na muller un crecemento excesivo do clítoris e un pechamento dos labios maiores.
-
masculinismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á flor que presenta xinandria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pseudohermafroditismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Roda en que se colocan foguetes e que xira a gran velocidade cando se acenden.
-
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1385-1433), fillo de Fernando I. Inaugurou a dinastía de Avís. Dirixiu a revolución anticastelá protagonizada polos nobres portugueses e foi proclamado rei de Portugal por unha asemblea reunida en Coimbra. Enfrontouse con Xoán I de Castela, que se consideraba con dereitos ao trono portugués polo seu matrimonio con Beatriz, única filla lexítima de Pedro I. Venceuno na Batalla de Aljubarrota (1385) e impulsou as conquistas portuguesas en África.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás xuglandáceas.
-
Planta da familia das xuglandáceas.
-
Familia de árbores dicotiledóneas, da orde das xuglandais, con follas alternas, imparipinnadas, de flores masculinas reunidas en amentos e flores femininas epíxinas, solitarias ou en espigas, e froito en drupa que ao madurar abre deixando saír a noz. Son propias das zonas temperadas boreais.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás xuglandais.
-
Planta da orde das xuglandais.
-
Orde de dicotiledóneas monoclamídeas que inclúe as familias das xuglandáceas e a familia das roipteleáceas, esta última cunha soa especie Rhoiptelea chiliantha.
-
-
PERSOEIRO
Emperador bizantino (527-565), sobriño e sucesor de Xustino I. De nome Petrus Sabbatius, tivo por muller a Teodora, asociada ao trono como conselleira principal. Estivo dominado pola idea da reconstrución do Imperio Romano, e en Occidente, en longas campañas, levadas a termo sobre todo por Belisario, conquistou Numidia aos vándalos (533-548), a rexión do SL da Península Ibérica aos visigodos (550), dominou toda Italia e tomou Ravenna (535-554). Sostivo duras batallas contra os eslavos e os hunos, e puido estender o reino por Tracia e Iliria, ata o Danubio. Acadou unha importancia pola súa obra xurídica, recollida no Corpus Iuris Civilis, que marcou toda a lexislación medieval ata os tempos modernos. No eido da arte destacaron as obras construídas durante o seu mandato, como Santa Sofía de Constantinopla ou as igrexas de San Vitale e Sant’ Apollinaire in Classe en Ravenna.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla naval librada entre as escuadras británica e alemá os días 31 de maio e 1 de xuño de 1916, en augas situadas no oeste do paso de Skagerrak. Foi o combate naval máis importante da Primeira Guerra Mundial. A escuadra alemá tivo que volver aos seus portos, onde permaneceu bloqueada ata o final da guerra.
-
CIDADES
Cidade e oasis do Turkestán chinés, ao S do zizhiqu de Xinjiang (3.210 km2; 311.000 h [1958]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bacteriólogo suízo. Ingresou no Institut Pasteur de París onde colaborou con Roux nos seus traballos sobre a toxina diftérica. En 1894 descubriu en Hong Kong o bacilo causante da peste (Yersinia pestis).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación nacionalista irlandesa que criticou a actitude legalista de D. O’Connell e do movemento pola abolición da unión con Inglaterra. Tiña como voceiro The Nation (fundado en 1842).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre de gregos fanariotas emparentada coa dinastía imperial dos Comnenos de Trebisonda despois da conquista latina de Constantinopla (1204). Destacaron Alexandros Ypsilantis (Constantinopla 1726-1805), gospodar de Valaquia (1774-1782 e 1796-1797) e de Moldavia (1786-1788); Alexandros Ypsilantis ( Kiev 1792 -Viena 1828) que dirixiu en 1820 o grupo Heteria, sociedade política xurdida con vista á liberación nacional grega, e ocupou Ia Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ i e Bucarest, coa intención de facer sublevar aos cristiáns romaneses; e Dimitros Ypsilantis (Kiev 1793-Nauplia 1832) quen en 1822 foi elixido presidente da primeira asemblea lexislativa da Grecia libre e en 1832 formou parte do goberno provisional.
-
PERSOEIRO
Político. Xefe do goberno (1897-1899 e 1901-1902), alto comisario de Creta (1906-1911) e novamente xefe do goberno durante a Primeira Guerra Mundial, non conseguiu unir todos os partidos e poñelos ao lado da Entente. Presidiu un goberno de unión nacional (1926-1928) e foi presidente da república (1929-1935), pero dimitiu ante a decisión de restaurar a monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos zande ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo zande.
-
Pobo sudanés, de lingua ubanguiana, que habita na República do Sudán, entre os ríos Bomu e Uele.
-
Lingua da rama atlántico occidental do phylum níxer-congo que fala o pobo zande.
-
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Formado con Mascagni, destacou pronto como operista con Conchita (1911) e Francesca da Rimini (1914), vinculadas ao movemento verista. Apartouse gradualmente do verismo con Giulietta e Romeo (1922) e I cavalieri di Ekebù (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Presidente do Partido Popular na Comunitat Valenciana desde 1983, foi deputado no Parlamento autonómico (1991-2002) e presidiu a Comunitat Valenciana (1995-2002). Senador (2002-2004), foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2002-2004) e portavoz do goberno (2003-2004).
VER O DETALLE DO TERMO