"África" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 64.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, fillo de Publio Cornelio Escipión. Elixido por votación popular xefe do exército romano en Hispania, tralo desembarco en Tarraco (210 a C) estableceu alianzas cos indíxenas e aproveitouse da dispersión dos cartaxineses para conquistar Cartago Nova (209 a C). Derrotou a Asdrúbal en Bécula (208 a C) e conseguiu a vitoria en Ilipa (206 a C), feito que permitiu a captura de Gades e a fin do dominio cartaxinés en Hispania. Nomeado cónsul (205 a C), trasladouse a Sicilia para continuar a guerra contra os cartaxineses en África. Nomeado procónsul ao ano seguinte, aliouse co Rei Massinisa e puxo fin á Segunda Guerra Púnica trala derrota de Aníbal na Batalla de Zama (202 a C). Participou como legado na campaña contra Antíoco III de Siria e concertou un tratado de paz (190 a C) que o enfrontou cun sector do Senado. Pola súa vitoria concedéronlle o título de Africano (201 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, fillo adoptivo de Publio Cornelio Escipión Africano. Abandonou o partido dos Escipións para unirse ao dos patricios. Participou na Terceira Guerra Púnica como tribuno militar e, tralo seu nomeamento como cónsul, dirixiu o ataque definitivo contra Cartago para destruíla (146 a C). Organizou a provincia romana do Norte de África. Elixido de novo cónsul (134 a C), foi enviado a Hispania trala desfeita do cónsul Caio Hostilio Mancino no cerco de Numancia. Cercou a cidade (134 a C-133 a C) e, despois de rendela pola fame, arrasouna e pacificou a Meseta. Á súa volta a Roma, enfrontouse cos membros do partido popular pola lei agraria e foi asasinado. Formou ao seu redor un grupo, no que se incluían Polibio e Terencio, que difundiu a cultura grega en Roma. Recibiu os apelativos de Segundo Africano, trala vitoria sobre Cartago, e Numantino, pola súa vitoria en Hispania (132 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s IV) Apóstolo de Girona. Prendérono mentres facía proselitismo en Empúries e sometérono a varios tormentos: azoutárono, arrastrárono, botárono á auga cunha roda de muíño atada ao pescozo, ata que finalmente foi esnaquizado con garfos ata morrer desangrado. En Santiago de Compostela hai algunhas reliquias dos dous irmáns conseguidas polo bispo Diego Xelmírez. É dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII). A súa festividade celébrase o 1 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de lagos de África oriental, de orixe tectónica. Ocupan o Rift Valley occidental (lagos Nyasa, Tangañika, Kivu, Edward e Albert), o Rift Valley oriental (extremo setentrional do lago Rudolf e extremo meridional do lago Nyasa) e a metade setentrional da rexión comprendida entre os Rifts Valleys (lagos Victoria e Kyoga).
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi martirizado durante a persecución dos vándalos. A súa festivida de celébrase o 3 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. De nome al- Palatino; Ḥ asan ibn Mu Palatino;mso-fareast- ES-TRAD;mso-fareast-language:ḥ ammad al-Wazzān al-Zayyātī, estableceuse en Italia, entrou no círculo científico do Papa León X, converteuse ao cristianismo e tomou o nome de Giovanni Leone. Escribiu en Italia unha descrición de África do Norte (1562), froito das súas numerosas viaxes anteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á raza melanoafricana ou aos seus representantes.
-
Individuo da raza melanoafricana.
-
Raza do grupo melanodermo, amplamente representada no continente africano, a excepción do Sáhara, e, en menor medida, no continente americano. Subdivídese normalmente nas subrazas sudanesa, guineana, congolesa, nilótica e surafricana.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao N de África ou ao seus habitantes.
-
Natural ou habitante do N de África.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo fundado en 1963 para promover a loita contra o colonialismo e a cooperación, e para garantir a defensa da independencia dos estados africanos sobre a base dunha posición de non-aliñamento. O 8 de xullo de 2002 foi substituída pola Unión Africana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido nacionalista negro da República Sudafricana que se formou en 1959 ao escindirse do Congreso Nacional Africano. Defensor do exclusivismo africano, foi ilegalizado en 1960. A partir de 1961 iniciou unha descontinua actividade armada contra o réxime branco desde as súas bases en Zambia e Tanzania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política que intentaba acadar a unidade dos pobos africanos. O movemento reclamou para os pobos africanos os principios de Thomas Woodrow Wilson, que denunciaba a explotación e a división de África, propoñía a promoción da cultura negra, precisaba a noción de negritude e afirmaba a capacidade dos pobos africanos para a autodeterminación. A Organización da Unidade Africana (1963) favoreceu a loita contra os últimos redutos coloniais.
-
-
Relativo ou pertencente ao panafricanismo.
-
Partidario do panafricanismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que concerne ou atinxe a todo o pobo africano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político africano fundado en 1946 por Félix Houphouët-Boingy, Daniel Quezzin Coulibaly e Sekou Touré. O seu obxectivo era conseguir a independencia dos territorios baixo a administración francesa do norte do golfo de Guinea. Ao acceder os estados africanos á independencia dividiuse en diversos partidos independentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político sudafricano. Foi creado polo xeneral L. Botha, coa fusión de diversos partidos bóers e ingleses de tendencia moderada. A partir da derrota das eleccións en 1924 desfíxose, e orixinou o United Party.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política e guerrilleira namibia de liberación, fundada en 1959 por Herman Toivo ja Toivo. Xurdida dun grupo político ovambo, chegou a ser multirracial e de ideoloxía marxista. Desde 1966 atentou contra obxectivos sudafricanos en Namibia. A partir de 1990, coa independencia de Namibia, participou nas eleccións lexislativas e resultou o grupo maioritario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suráfrica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
surafricano.