"Alberte" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 42.

  • GALICIA

    Político e xornalista. Foi membro da xestora que deu lugar ao BNG. Cofundador do Festival da Poesía no Condado e dos Encontros de Humoristas Galegos, foi colaborador das publicacións A Nosa Terra, A Peneira ou Páxina Un. Director da revista de humor Can sen dono (1983-1990), coordinou diversas edicións especiais de A Peneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e historiador. Militou nas Juventudes Republicanas. Tras a Guerra Civil Española dedicouse ao ensino e colaborou na revista Posío, onde elaborou a sección “Orensanos ilustres”. Despois de gañar en 1951 un concurso do Centro Galego de Bos Aires co traballo Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (1953), viviu en Bos Aires (1954-1982). Profesor de lingua e literatura galego-portuguesa na Universidad Nacional de La Plata, desempeñou a cátedra de Cultura Gallega no Centro Lucense de Bos Aires (1956-1959). Foi catedrático de historia medieval e moderna na Universidad Nacional del Nordeste, director do Instituto de Investigaciones Históricas e catedrático de Historia Medieval e Historia de España na Universidad Nacional del Sur. Participou nos programas radiofónicos Galicia Emigrante e presidiu a comisión de Cultura do Consello de Galicia. Publicou Los gallegos en la Argentina (1966). Obtivo o Premio Nacional de Historia (1936) cun estudo sobre o padre...

    VER O DETALLE DO TERMO