"Andes" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 55.

  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na Batalla de Alhucemas (1925) onde resultou ferido. Foi recruta polo bando franquista durante a Guerra Civil Española, dirixiu a IV Brigada Navarra e foi nomeado xeneral. Ao remate do conflito foi nomeado ministro Secretario Xeral de FET e das JONS (1939-1940), xeneral en xefe da División Azul (1941-1942) e ministro do Exército (1951-1957). En 1957 ascendeu a capitán xeneral e ocupou a vicepresidencia do goberno desde 1962 ata 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Países Baixos e a Holanda (desde 1814), aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante dos Países Baixos ou de Holanda (desde 1814).

    3. Lingua xermánica do subgrupo occidental do phylum indoeuropeo que procede do baixo francés. Fálase nos Países Baixos na parte setentrional de Bélxica e no NO de Francia (Flandres francés). As diferenzas dialectais están máis acentuadas en Bélxica ca nos Países Baixos, onde a expansión do neerlandés cara ao L e cara ao N se sobrepuxo ao resto de dialectos saxóns e influíu no frisón. A parte setentrional de Bélxica mostra diferenzas máis marcadas entre os dialectos flamengos falados en Flandres Occidental, Limburgo e Brabante. Na República Sudafricana implantouse unha forma de neerlandés, procedente da colonización dos holandeses e dos bóers, o afrikaans.

    4. Arte que se desenvolveu no territorio dos Países Baixos. Os primeiros edificios de interese foron os construídos polos monxes beneditinos, como a abadía de Egmont (889). No románico, a arquitectura caracterizouse pola sobriedade e o emprego do ladrillo como material básico de construción, como nas igrexas de San Xervasio e Santa María de Maastricht. En pintura destacou o Evanxeliario de Egmont (s IX). Despois da etapa cisterciense, da que destacan as igrexas de Roermond e Rolduc, introduciuse o estilo gótico baixo a influencia francesa. A simplificación de estruturas e de elementos decorativos deu lugar ás igrexas de planta basilical con deambulatorio en Amsterdam, Delft, Deventer, Dordrecht, Hulst e Nimega. No s XV foi a miúdo substituído polo tipo de templo hallenkirche e edificáronse igrexas con cuberta de madeira e altas torres como a de Edam, Hoorn e Haarlem. En arquitectura civil construíronse palacios municipais en Gouda e Middelburg, así como recintos amurallados...

    5. Arte cinematográfica que se desenvolveu nos Países Baixos. A produción holandesa destacou principalmente no documental, co que G. Rutten foi premiado en Venecia con Dood water (1934) e Bert Haanstra destacou con Spiegel van Holland (1950). W. Staud adaptou unha obra holandesa en Ciske de rat (1955), filme premiado en Venecia. Destacaron os directores Jean Van de Velde, Bert Haanstra, Robert Jan Westdijk, Fons Rademakers, que recibiu en 1987 o Oscar á mellor película estranxeira por De aansiag, e Paul Verhoeven (Soldiers of Orange), a figura máis internacional, que en pouco tempo chegou a Hollywood. Os eventos cinematográficos que cobraron moita forza a finais do s XX foron o Rotterdam Film Festival, inaugurado en 1971, e que lanzou á fama a actores de renome como Jim Jarmusch, Wim Wenders e Hal Hartley; o Nederlands Film Festival, que se celebra en Utrecht, e que outorga o máximo galardón do cine neerlandés; e por último o Holland Festival, que...

    6. Gran parte da literatura neerlandesa medieval produciuse nas provincias flamengas e brabanzoas, polo que, despois da Guerra dos Países Baixos (1568-1648), as provincias holandesas herdaron o corpo económico e cultural brabanzón. Os poetas da xeración de 1650 escribiron unha poesía experimental revoltosa e provocadora, seguidora de P. van Ostayen e dos modelos flamengos de entreguerras (Lucebert, H. Andreus, S. Vinkenoog, R. Campert, G. Kouwenaar, P. Rodenko e S. Polet). Os prosistas, como W. F. Hermans, H. Mulisch, G. K. van het Reve e J. Wolkers, reflectiron os movementos libertarios nos Países Baixos mentres que o teatro non achegou grandes novidades, ata que experimentou no campo social con grupos colectivos, dos que destacaron Dimitri Frenkel Frank e L. de Bóer. Na poesía, a década de 1660 declararou unha tendencia máis realista e comprometida con H. Verhagen e Hvan de Waarsenburg, e despois de 1660 o clasicismo converteuse en academicismo formal, e o romanticismo penetrou no ambiente...

    7. Música que se desenvolveu en Holanda. O seu período de esplendor coincidiu coa unión política e cultural con Flandres, parte dos Países Baixos, xunto con Valonia e o N de Francia, que tivo un papel predominante na vida musical dos ss XV e XVI. Holanda tivo dúas grandes figuras musicais: Jacob Obrecht e Jan Pieter Sweelinck. Con motivo da independencia apareceu unha música nacional con Alphons Diepenbrock (1862-1921) e Johan Wagenaar (1862-1941). O músico máis importante do s XX foi Willem Pijper (1894-1947), aínda que tamén destacaron Kees van Baaren (1906-1970) e Lex van Delden (1919). Destacaron as orquestras do Concertgebouw de Amsterdam (1888) e da Residentie da Haia, os directores Edo de Warts e B. Haitink e a formación do Nederlandse Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neozelandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nova Zelanda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Irlanda do Norte ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Irlanda do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra do Faro, situado no límite das parroquias de Furco (Carballedo) e Arnego (Rodeiro). O seu cumio acada os 1.106 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Mañón, no concello homónimo. O seu cumio acada os 509 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Teixeiro (Lugo). O seu cumio acada os 560 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Reigosa e Saldanxe (A Pastoriza). O seu cumio acada os 581 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. Estivo ao servizo da Coroa de Castela e participou na expedición de Álvaro de Mendaña ás illas Salomón e Filipinas (1595). En 1605, con tres barcos que lle proporcionou o vicerrei de Perú, navegou cara ao O, cara á mítica terra australiana. Obrigado a virar pola súa tripulación, descubriu a illa de Espíritu Santo (Novas Hébridas).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Rwanda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rwanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Tailandia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Tailandia.

    3. Arte desenvolvida en Tailandia. Nun primeiro momento floreceron estilos moi diversificados de temas iconográficos e tipos arquitectónicos propios de India, sobre todo budistas. Consérvanse exemplos das culturas khmer (ss VII-XII) e dvaravati (Mahadhatvatija de Lamphun, s XII). O período tai (s XIII) destacou no eido urbanístico (cidades de Sukhothai e Chiang Mai, mosteiro do Xardín Florido). A escultura desenvolveuse, sobre todo, na cidade de Lop Buri (ata o s XV) e caracterizouse polas innovacións achegadas á iconografía de Buda. Outro período importante foi o de Ayuthia (ss XIV-XVIII), caracterizado polos templos en forma de montaña: destacaron o de Rajapurana (1424) e o de Brahrama (1639). En 1767, co traslado da capital a Bangkok, penetraron as influencias chinesas e europeas e prosperou un novo estilo arquitectónico ecléctico caracterizado por torres en forma de furna funeraria asentadas sobre pedestais de diversos chanzos, como o palacio real e o mosteiro de Jetavanarma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Uganda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Uganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciado en Dereito, foi maxistrado na Audiencia Provincial de Pontevedra e presidente da Audiencia Provincial de Salamanca (1985-1990). Presidiu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1999) e foi maxistrado emérito do Tribunal Supremo (2001-2002). En 2002 converteuse en valedor do pobo de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zelanda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO