"Apia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 111.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso terapeútico da electricidade. Son numerosos os efectos beneficiosos que pode ter a aplicación de correntes eléctricas de todo tipo, as correntes continuas permiten introducir ións no organismo (ionoterapia) e diminuír a excitabilidade nerviosa, as correntes de alta frecuencia e os ultrasóns producen efectos sedantes, os xeradores de alta frecuencia dan calor intratisular, a electrólise por galvanocauterio e a electrocoagulación teñen efectos destrutivos, e os electrochoques, a galvanización e a faradización teñen efectos excitocondutores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dalgunhas enfermidades mediante enzimas de orixe animal, como a pepsina, a pancreatina ou a tripsina; de orixe vexetal, como a bromelaína; ou fúnxica, como a celulase ou a lactase. Existen dous tipos de enzimoterapia, a de reforzo, que axuda á acción propia dos enzimas naturais dixestivos, e a supletoria, que suple unha carencia.
-
-
Tratamento de certos estados psiconeuróticos por medio de traballos manuais. Coñécese tamén co nome de terapia ocupacional.
-
Método de exercicios pasivos provocados pola electricidade no tratamento da obesidade e de certas cardiopatías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da farmacoloxía que estudia o mecanismo de acción das substancias medicinais para poder empregalas en terapeútica.
-
GALICIA
Empresario. Diplomado polo Instituto Internacional de Empresas da Universidad de Deusto, desempeñou a súa actividade no sector marítimo, conserveiro e turístico. Foi presidente de diversas entidades, entre outras, Asociación de Navieros Españoles (ANAVE) (1978-1985), Confederación Empresarial Independiente de Madrid (CEIM) (desde 1985); e desde 1986 vicepresidente da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE). Preside o grupo de empresas que encabeza Naviera F. Tapias, as empresas conserveiras Conservas Peña e Conservas Portonovo, así como Viajes Sandras, Maniber e Bureau Veritas España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Uso terapéutico do ferro e dos seus compostos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso terapéutico dos axentes físicos naturais ou artificiais, como poden ser a auga, o aire, a electricidade, as radiacións luminosas, os raios X, a radioactividade, o frío ou a calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que emprega as plantas con propiedades terapéuticas para curar determinadas afeccións. Desde a Antigüidade grega coñécense as propiedades de numerosas drogas vexetais. Non obstante , o período verdadeiramente científico foi o s XIX co illamento dos principios activos dos vexetais, como a morfina, a estricnina, a quinina, a cafeína e a cocaína, entre outros. O desenvolvemento da química fixo posible o nacemento da quimioterapia e da farmacoloxía a comezos do s XX. O descubrimento de alcaloides, como a reserpina, a ergocristina, a vincamina e a vinblastina amosou a riqueza de recursos, aínda inexplorados, do reino vexetal. Unha das novas correntes da fitoterapia consiste en extraer das plantas substancias fisioloxicamente pouco activas, que actúan como precursores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método terapéutico destinado a manter ou a restaurar por vía endovenosa o volume e a composición normal dos fluídos corporais. Ten como obxectivos principais a reposición das perdas de auga e de electrólitos, e a nutrición adecuada do organismo. A fluidoterapia realízase habitualmente mediante a perfusión endovenosa lenta (goteo) de solucións que conteñen os principios inmediatos necesarios en cada situación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dalgunhas enfermidades, como dermatoses, neuralxias, raquitismo e outras, pola acción de radiacións, naturais ou artificiais; especialmente mediante a diferente concentración dos raios luminosos ou pola distinta coloración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción terapéutica do frío aplicado ao corpo.
-
-
Reeducación da escritura en nenos e adultos.
-
Reeducación que, en psicoterapia, ten o obxectivo de modificar o funcionamento afectivo do individuo a través dunha modificación da súa escritura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento de diversas enfermidades mediante a exposición da totalidade, ou dunha parte do corpo, aos raios solares. Popularmente denomínase curas ou baños de sol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emprego do sangue ou dos seus derivados, como o plasma ou as fraccións globulínicas, con fins terapéuticos. A máis coñecida é a transfusión sanguínea, que data do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utilización da auga en diversas formas e estados con finalidade terapéutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento das enfermidades polo hipnotismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da terapéutica que trata da administración de hormonas con finalidades terapéuticas.
-
-
Tratamento preventivo de determinadas enfermidades mediante a aplicación de soros específicos que conteñen anticorpos.
-
Tratamento realizado co propósito de alterar o sistema inmunitario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento que utiliza o iodo ou os seus derivados.
-
-
Método terapéutico que consiste na introdución de ións de sales solubles nos tecidos orgánicos mediante corrente eléctrica.
-
Tratamento mediante raios ultravioletas.
-