"Arón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 124.

  • Crustáceo decápodo, da sección dos carídeos, pertencente aos xéneros Crangon, Palaemon e Palaemonetes. Caracterízase por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro, as terceiras patas non presentan pinzas e as branquias filobranquiadas. A súa carne é moi apreciada e, habitualmente, o seu prezo é elevado. A temporada na que se come vai do outono ao inverno. Consómese habitualmente cocido en fresco e aromatizado con follas de loureiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas orixinaria de Huesca pero que desenvolveu o seu labor en Sogorb. Nicolás Camaron (Huesca 1692 - Sogorb 1767) foi arquitecto e escultor e, en 1706, estableceuse en Sogorb onde realizou o cadeirado do coro da catedral. O seu fillo Josep Camaron i Bonanat (Sogorb 17.5.1731? - València 13.7.1803) dedicouse á pintura. Foi cofundador da Acadèmia de Santa Bàrbara, despois chamada de Sant Carles, en València, da que foi director entre 1795 e 1801. Formou parte tamén da Academia de San Fernando de Madrid. Na súas pinturas, de amaneirada graza rococó, abundan os temas relixiosos, as escenas galantes e as figuras femininas. Entre as súas obras destacan A coroación de espiñas e O tránsito de san Francisco de Asís, ambas as dúas expostas na catedral valenciana, A Virxe e san Xosé de Calasanz, os frescos da capela maior da igrexa de San Martín e Minerva recibindo a cidade de València, entre outras. Os seus fillos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Monge.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casca esfarelada do gran moído e separada da fariña.

    2. Parte da castaña que se pode comer.

    3. Corazón da pataca ou parte que queda despois de lle sacar os anacos con ollos para sementar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ó lado da persoa ou cousa que se expresa. OBS: Tamén se utiliza a expresión ó carón de.

    2. Tocando, ou case, a superficie que se expresa. OBS: Tamén se utiliza a expresión ó carón de.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tocando, ou case, a superficie de onde sae algunha cousa.

    2. No chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de expresión plástica, formado por pintores como Xoti de Luís e Alberto Álvarez Carpo e poetas como Ánxeles Penas, xunto con algúns fotógrafos. Nacido na Coruña, na década dos setenta, intentou mostrar o momento sociopolítico que se vivía no país. A súa primeira manifestación foi unha exposición colectiva de pinturas na librería-sala Lume, para máis tarde realizar un happening na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, no que a pintura feita cara ao público tentaba provocar nos espectadores a actividade espontánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante francés. Entre 1540 e 1560 traballou co grupo manierista de Fointainebleau, e entre 1573 e 1581 en París. No campo do debuxo destacan os seus 28 cartóns da tapicería de Ártemis (1562) e os 28 debuxos do compendio para a historia de Francia. Entre as súas pinturas sobresaen: As matanzas dos triunviros. Augusto e a Sibila do Tibur (1580?), O triunfo do inverno (1569?) e O triunfo da primavera (1569?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Formouse en danza e música e actuou no ballet dos Campos Elíseos. Descuberta por Gene Kelly, debutou en An American in Paris (Un americano en París, 1951), de V. Minnelli, co que tamén traballou en Gigi (1958). Interpretou tamén os filmes: Guns of Darkness (Ó final da noite, 1962), L’homme qui aimait les femmes (O home que amaba as mulleres, 1976), Damage (Ferida, 1992) e Let it be me (Deixa que sexa eu, 1996). Conseguiu unha nominación ao Oscar polo seu papel no filme Lili (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘arcebispo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Venezuela, afluente do Orinoco pola marxe dereita (925 km). Nace nos contrafortes occidentais do monte Roraima, na serra Pacaraima, e desemboca en Puerto Ordaz. Nos últimos 150 km o seu caudal e desnivel aumentan e forman os chamados Saltos do Caroní. Este río non é navegable na maior parte do seu percorrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Trinidad e Tobago (495 km2; 120.508 h [1990]). A súa capital é Chaguanas (56.601 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘camiño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na mitoloxía grega e romana, barqueiro encargado de levar a alma do defunto (se os restos mortais foran debidamente honrados) na súa barca á outra beira do río Aqueronte, no mundo subterráneo dos Infernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Plutón de 2000 km de diámetro. Descuberto por W. Christy en 1978, móvese a 20.000 km de distancia do planeta seguindo unha traxectoria case circular e cun período de revolución de 6,39 días, que é o mesmo tempo que tarda Plutón en dar unha volta sobre o seu propio eixe. Isto implica que os dous corpos se moven solidariamente, movemento que non se produce en ningún outro caso no sistema solar, aínda que é a situación límite á que tenden outros planetas e satélites. Ten un diámetro de 2.000 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. erniz moi lustroso que se adhire perfectamente ao material sobre o que se aplica, particularmente ao coiro.

    2. Coiro ao que se lle aplicou este verniz. Ex: Levaba saia longa e zapatos de charón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos da orde dos neogasterópodos que reciben o nome de bucinas, bucios, buguinas ou cornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido tamén como Charton ou Quarton, estableceuse en Aix-en-Provence, Arles e Aviñón entre 1444 e 1466. Só se conservan dúas obras documentadas: a táboa da Virxe da Misericordia (1452) e o Triunfo da Virxe (1454). Ademais, atribúeselle a Piedade de Villeneuve-lès-Avignon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luz intensa e instantánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colar polo que se suxeita o cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO