"Bade" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 105.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Martín e Santa Mariña de Rosende.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro, hoxe igrexa parroquial, situado en Sarria. No ano 976 o confeso Sunilano dooulle ao seu fillo Vermudo os lugares de San Martiño e Santiago de Barbadelo, para fundar alí un mosteiro de carácter familiar e dúplice. Incorporado ao mosteiro de Samos no ano 1009, foi priorado do mesmo ata 1835. O Códice Calixtino noméao como hospital de peregrinos. A igrexa, de fábrica románica, conserva a nave orixinaria pero perdeu a cabeceira primitiva e o arco que dá acceso á nave. No extremo noroeste da nave, érguese unha torre de planta cadrada dividida en tres seccións. Salientan os motivos ornamentais das portadas, dos capiteis e da pía bautismal. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1980 e o seu contorno en 1997.
-
PERSOEIRO
Preto de Sigmaringen. Fundada polos agostiños no 1077, foi secularizada no 1802 e restaurada polos beneditinos no 1863. O seu abade leva o título de arquiabade. Foi un dos centros da restauración gregoriana na Alemaña meridional. Alberga unha institución dedicada á edición crítica da Vetus Latina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia de Xunqueira de Ambía baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Salto que se realiza xirando o corpo no aire sobre a cabeza.
-
Acción de cruzar a perna diante doutra persoa para facela caer.
-
Acción malintencionada coa que se pretende dificultar a realización dalgunha cousa ou os actos dunha persoa.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Cambados ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cambados.
-
-
PERSOEIRO
Margrave (1738-1806) e gran duque (1806-1811) de Baden. Da liñaxe dos Baden-Durlach, reunificou o país cando se extinguiu a dos Baden-Baden no 1770. Gobernou segundo os principios do despotismo ilustrado, aboliu a servidume no 1783 e inspirouse nas ideas fisiocráticas do marqués de Mirabeau e Du Pont de Nemours para mellorar a agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e mariño. Herdeiro do señorío de Torés, marchou a Filipinas como alférez no ano 1589 e, en 1590, ascendeu a almirante de naos. En 1593 realizou unha viaxe a China en misión diplomática e, en 1595, viaxou a México, cidade na que residiu ata 1598, cando foi chamado a defender as illas Filipinas dunha invasión xaponesa. Realizou numerosas viaxes polo Pacífico polo que recibiu o título de cabaleiro da orde de Santiago (1601).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Saco de pequeno tamaño con comida, pendurado ao pescozo das bestas para que se poidan alimentar cando non o fan no lugar de costume.
-
Arca ou caixón onde se adoita gardar a cebada para o penso das cabalerías.
-
Cantidade de gran que se necesita para unha muiñada.
-
Cantidade de fariña necesaria para cocer o pan dunha vez.
-
Período de tempo necesario para a ceba dun animal.
-
Vela maior do bauprés do barco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar destinado especialmente para o engorde dos animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que cultiva ou vende cebada.
-
PERSOEIRO
Catedrático de Filosofía e poeta. Autor de abondosas obras, en Galicia presentáronse os espectáculos Érase que se era la margarita del campo (1971) e La puerta del paraíso (1993), creados a partir de textos homónimos da súa autoría e producidos pola compañía Teatro Keyzán de Vigo, con dirección de Maximino Keyzán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1955 e dirixida dende a súa presentación ata 1984 por Carlos Álvarez Fernández-Cid, ano no que colleu a batuta María del Carmen Rodríguez Cancelo. Conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, e pezas de zarzuelas, interpretadas por un conxunto de 50 voces mixtas. Apadriñou as corais de Viveiro e Sober e realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Asturias, Astorga, Donostia, Barcelona, Sabadell, Jaén e Lisboa). Gravou para RNE, Cadena COPE, Radio Galega, TVG, Telelugo e TVE, así como un directo no ano 1995 no que se recolleu o concerto conmemorativo do seu 40 aniversario.
-
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Pontevedra, situado no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Cerdedo (comarca de Tabeirós-Terra de Montes) e Campo Lameiro; ao L, con Cerdedo, Forcarei (Tabeirós-Terra de Montes) e A Lama; ao S, coa Lama e Pont Ccaldelas (os dous da comarca de Pontevedra); e ao O, con Pontevedra e Campo Lameiro (Pontevedra). Abrangue unha superficie de 134,7 km 2 cunha poboación distribuída nas parroquias de Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, Sacos, San Xurxo de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón. A capital do concello é o lugar da Chan, na parroquia de Carballedo, situada a 42° 28’ de latitude N e 8° 28’ de lonxitude O, 19 kms ao NL de Pontevedra e 78 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
No ano 2016 fusionouse co concello... -
PERSOEIRO
Trobador. Activo no derradeiro cuarto de s XIII, pertencía á liñaxe dos Soutomaior. Na década de 1280 foi privado do infante Sancho, futuro Sancho IV, e desde 1283 desenvolveu os cargos de abade de Valladolid e de notario do antigo Reino de León. Acadou gran relevancia política na corte de Sancho IV, quen lle concedeu a mitra de Mondoñedo (1286). Nesta corte mantivo relacións cos trobadores Gonçal’Eanes do Vinhal, Johan Vasquiz de Talaveira, Pai Gomez Charinho e Rodrigu’Eanes Redondo. Só se conservan dúas cantigas da súa autoría, unha de amor “A vossa mesura, senhor” e outra de amigo “Diz meu amigo que me serve bem”, recollidas nos cancioneiros B e V.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Especializouse na temática paisaxística e realizou mariñas de gran tamaño en grises. Da súa obra destaca Marina (1892). Obtivo a medalla de ouro na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1891.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe e chanceler alemán. Herdeiro do gran duque Federico II de Baden, seguiu a carreira militar. Foi nomeado chanceler por Guillerme II de Prusia en outubro de 1918 e encargouse de negociar o armisticio trala fin da Primeira Guerra Mundial. Os movementos revolucionarios obrigárono a dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo da costa atlántica que está situado entre as puntas do Seixo e Longa, na parroquia de Cariño, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Corrixidor de Cartagena, foi adiantado e capitán xeneral de Murcia. Como gobernador de Filipinas (1590-1593) asegurou a defensa do arquipélago, ao tempo que apoiou o seu desenvolvemento cultural, comercial e marítimo. Durante unha expedición ás illas Molucas, os tripulantes da galera onde viaxaba asasinárono. Débeselle a impresión das Doctrinas Cristianas, unha en tagalo e outra en chinés, primeiras mostras da imprenta filipina.
VER O DETALLE DO TERMO