"Caio" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 48.
-
PERSOEIRO
Cónsul romano. Foi cuestor baixo Marco Antonio (40 a C), gobernador de Siria e Cilicia (38 a C), e conquistou Xerusalén (37 a C) para Herodes. Xa cónsul (32 a C), loitou contra Octavio en Accium, onde foi aprisionado. Recuperada a liberdade, reconstruíu o templo de Apolo preto do teatro Marcelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e escritor. Protexido de Plinio o Mozo, foi secretario do Emperador Adriano. Escribiu De viris illustribus, biografías de homes de letras latinos e, cando redactaba De vita Caesorum, as biografías dos césares desde Xulio César ata Domiciano, caeu en desgraza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro emperador romano da Galia (268-273). Era senador e praeses de Aquitania, cando en 268 o escolleron para suceder a Vitorio. Soberano pacífico, non puido dominar as tropas. En 273 Aureliano apresouno nos Campos Cataláunicos. Foille restituída a dignidade de senador e nomeárono coreitor de Lucania.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (251-253). Gobernador da Mesia inferior, foi salvado dos godos polo Emperador Decio (250). Nomeado emperador polos soldados, pactou unha paz pouco honrosa cos godos e co fillo de Decio. Morreu a mans dos seus soldados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xeneral romano. Foi tribuno (55 a C) e propuxo a lex Trebonia, que asignaba durante cinco anos a provincia de Hispania a Pompeio e a de Siria a Craso Dives. Legado de César na Galia e na Britania, durante a guerra civil conquistou e dirixiu as tropas en Hispania (48 a C). Nomeado cónsul sufecto (45 a C), uniuse á conxura contra César (44 a C). Foi asasinado por C. Dolabella.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Autor de As Argonáuticas, refundición da obra de Apolonio de Rodas, aínda que baixo un modelo virxiliano e con versificación ovidiana. Está considerado o maior epígono do Virxilio épico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador romano. De orixe gala, foi propretor da Galia (67). Rebelouse contra Nerón (68) e recoñeceu a Servio Sulpicio Galba. Perseguido por Virxinio Rufo, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor latino e teólogo. Filósofo neoplatónico, foi mestre de retórica, comentarista de Cicerón e tradutor do Órganon, de Aristóteles, e de obras neoplatónicas. Das súas obras destacan De definitionibus, Ars grammatica, Adversus Arium, De generatione divini Verbi e os comentarios ás epístolas de san Paulo.
VER O DETALLE DO TERMO