"Chas" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 66.
-
PERSOEIRO
Historiador e literato flamengo. Serviu como militar ao duque de Borgoña e no 1455 nomeárono cronista da casa ducal. Vangardista dunha escola literaria borgoñona, cultivou a poesía e escribiu, entre outras obras, Chronique des Ducs de Bourgogne (Crónica dos duques de Borgoña, 1419-1474).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. Coñecido como Vaillant, recibiu a influencia de Alain Chartier. É autor dos poemas Mon temps perdu (O meu tempo perdido), Mon temps recouvré (O meu tempo recuperado) e Cornerie des anges, poema burlesco sobre o Xuízo Final.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do extremo sudoriental da Illa de Arousa (na parroquia e concello homónimos), situada ao O da punta Arnelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade infecciosa causada por un paramixovirus que se caracteriza pola inflamación das glándulas salivais, aínda que tamén pode afectar ao cerebro, aos testículos e ao páncreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección na boca propia dos nenos.
-
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme-Porto, no concello de Ponteceso, situada entre as puntas de Chans, ao O, e da Granxa, ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Encoro sobre o río Limia, provocado pola presa das Conchas, situado no límite entre as parroquias de Parada de Ventosa (concello de Muíños) e San Martiño de Grou (concello de Lobeira). Asolaga 645 ha das parroquias de Barxés, Cados, Muíños e Parada da Ventosa (concello de Muíños), Os Baños e Nigueiroá (concello de Bande), Santa Comba (concellos de Bande e Lobeira) e Santa Cruz de Grou e San Martiño de Grou (concello de Lobeira). Propiedade de FENOSA, inaugurouse en 1948. Á súa beira está o xacemento arqueolóxico do campamento romano de Bande.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política creada en Madrid a comezos de marzo de 1933 que agrupou o partido de Acción Popular, de Gil Robles, a Derecha Regional Valenciana, dirixida por Luis Lucía e outros grupos monárquicos, mauristas e democristiáns. Nas eleccións de novembro de 1933 foi o partido que conseguiu máis deputados (115), pero non os suficientes para gobernar en solitario. Alcalá Zamora, presidente da República, encargou a formación de goberno ao Partido Radical liderado por Lerroux, que gobernou en solitario ata outubro de 1934. Nese ano constituíuse un goberno radical-cedista que outorgou tres carteiras a membros da CEDA, feito que desencadeou a Revolución de Outubro de 1934. Centraron a súa acción de goberno en frear o reformismo republicano e convertéronse en instrumento dos grandes propietarios agrarios e industriais. O 6 de marzo de 1935 entraron novamente cinco cedistas no goberno, con Gil Robles no ministerio de Guerra. Nas eleccións de febreiro de 1936, a CEDA perdeu o 20% dos seus postos...
-
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Vilarmel (concello de Quiroga) e Cemego (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.243 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abū-l- Ḥ asan al-Muhtar ibn Bu ṭ lan.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Sourga ou Ourille en Celanova. Trátase dunha ponte do s XVII con arco de medio punto e tallamares arredondados. Pertenceu á antiga estrada de Celanova a Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘secretario’.
-
GALICIA
Deportista. Participou nos Xogos Olímpicos de México 1968, Múnic 1972, Montreal 1976 e Moscova 1980 na disciplina de tiro olímpico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequenas manchas abrancazadas, localizadas nas mucosas da cavidade bucal que aparecen na fase prodrómica do sarampelo e desaparecen unha vez que sae a erupción cutánea característica da enfermidade.
-
GALICIA
Realizador e editor de vídeo. Desenvolveu parte do seu traballo videográfico para o Concello de Santiago de Compostela, a Dirección General del Patrimonio Artístico e as consellerías de Pesca e Obras Públicas. Ademais, elaborou diversos documentais para Video-Voz, que foron emitidos pola TVG. Publicou Color y Arquitectura e Correa Corredoira, pintor. Gañou o primeiro premio no Concurso de Guións do Concello de Fene (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do changwat homónimo, Tailandia, situada en Sangkampeng (204.391 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (20.494 km2; 2.550.204 h [2000]). A súa capital é Nakhon Ratchasima, antes Korat.
-
PUNTA
Punta do litoral cantábrico, situada entre as puntas de Regodola e Merceira, na parroquia de San Román de Vale (O Vicedo).
VER O DETALLE DO TERMO -