"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
PERSOEIRO
Escritor peruano. Profesor de etnoloxía e lingua quechua, na que escribiu parte da súa obra. É autor de contos e novelas como Los ríos profundos (1959) e Todas las sangres (1965). A súa narrativa ofrece unha visión da realidade social dos indios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Papas elaboradas cunha base de fariña de avea.
-
DINASTIAS
Dinastía orixinaria de Partia que subtituíu o Imperio Selxúcida no dominio de Irán e Armenia, onde a partir do 54 d C reinou unha rama colateral, destronada polos sasánidas. Considérase que o fundador desta dinastía foi Arsaces (250? a C); así mesmo, Artabán V conseguiu a expulsión dos romanos en tempos do Emperador Macrino (s III d C).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo da Unión Europea constituído en 1985 en Louvain-la-Neuve (Valonia, Bélxica). Foi creada por nove organizacións interrexionais europeas para reforzar a representación das rexións nas institucións comunitarias. Tivo un papel destacado na creación do Comité das Rexións e impulsou os traballos do Consello Consultivo das Colectividades Rexionais. Componse dunha asemblea xeral e de seis comités que traballan nos problemas específicos que afectan ás rexións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional que ten como obxectivos impulsar o progreso económico, social e cultural dos países do SL de Asia e constituír un foro onde se discuta sobre a paz e a estabilidade da rexión. Creada en Bangkok (8.8.1967), os seus membros fundadores son Brunei, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur e Tailandia. Vietnam ingresou no 1995 e, no 1997, fixérono Laos e Myanmar. Camboxa e Papúa-Nova Guinea asisten ás xuntanzas da organización en calidade de observadores e Corea do Sur posúe un estatuto especial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Naceu en Ourense no 1984, encargada de organizar na Escola Universitaria de EXB da cidade de Ourense a denominada “Escola Ibérica de Verão-Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal”. Trátase dun movemento de renovación pedagóxica reintegracionista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Rodas s I a C) Escultor grego. Autor, xunto con Axesandre e Polidoro, do grupo escultórico de Laocoonte e os seus fillos, exemplo salientable da estatuaria helenística, malia estar realizado con carácter de relevo, predominando a visión frontal, contraria aos esquemas helenísticos de aprehensión espacial da obra de arte (multiplicidade de puntos de vista, desenvolvemento helicoidal, visualización en perímetro circular completo, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guiarse polo tacto por mor da escuridade para recoñecer as cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa constituída o 16 de outubro de 1973 que pasou a ser pública o 20 de xaneiro de 1984. O seu único accionista é ENA (Empresa Nacional de Autopistas). O seu presidente é José Miguel Ortí Bordás e o director xeral Andrés Muntaner Pedrosa. En 1973 Autopistas del Atlántico, CESA (Audasa) conseguiu a concesión da construción, conservación e explotación da A-9, formando con outras sociedades concesionarias o Grupo ENA. O trazado desta autoestrada vai dende a localidade coruñesa de Fene ata a cidade de Vigo, sen interrupción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa de construcións aeronáuticas, constituída a raíz da fusión en 1971 dos Ateliers d’Aviation Louis Breguet (ou Breguet-Aviation) co grupo Marcel Dassault, que xa adquirira Breguet-Aviation no 1967. Fabrica avións civís (como o Mystère) e, sobre todo, avións militares Mirage, Jaguar, Alphajet e Super-Eténdard.
-
PERSOEIRO
Escultor grego. É o representante máis destacado da escola escultórica de Argos ao comezo do s V a C. Foi posiblemente mestre de Policleto, Mirón e Fidias.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía espartana que provén do semimítico Rei Axis (s XI a C) do que se aseguraba que descendía de Heracles (o Hércules latino). Os Áxidas dirixiron a primeira Guerra de Messenia e gobernaron coa familia dos euripóntidas, integrando a diarquía que reinou en Esparta dende mediados do s VI ata a segunda metade do s III a C. Os máis célebres foron Cleómenes I (520-490), Leónidas I (490-480), que personificou o heroísmo espartano polo valor que amosou nas Termópilas e Pausanias, vencedor dos persas en Platea (479 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elevación da parroquia de Fontaneira, no concello de Baleira, de 726 m de altitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupos que protagonizaron a revolta campesiña contra os grandes propietarios e o poder romano. Os inicios do movemento dos bagaudas sitúanse a finais do s II d C, pero tivo moita importancia durante a crise do s III e perdurou durante todo o Baixo Imperio Romano (ss IV e V). A documentación é escasa e non reflicte a importancia que tivo esta revolta. Os labregos arruinados polos impostos, prófugos, desertores ou escravos vivían en rebeldía fronte á administración romana, practicando a bandidaxe e o saqueo. Comezou na Galia e estendeuse durante o s IV á Tarraconense, onde Valentiniano III tivo que enviar un exército dirixido por dous xenerais ao alto val do Ebro, pero non resolveu a situación, xa que existen noticias de expedicións militares de castigo posteriores. Eran escravos, colonos agrícolas e campesiños pobres e libres. A revolta manifestouse sobre todo nas zonas de grandes propietarios. Ás veces téñense relacionado con movementos heréticos como o Priscilianismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Partovia, concello do Carballiño, é de orixe romana. Xa no Dicionario geográfico-estadístico-histórico de España (1845-1850) de Pascual Madoz hai referencias a estas augas. O actual edificio data de 1842.
-
RIOS
Río afluente pola dereita do Landro. Nace nas estribacións meridionais dos montes de Cabaleiros, da confluencia dos regos de Cordeiras e da Fraga, no límite das parroquias de Vilacampa (concello do Valadouro) e Miñotos (Ourol). Drena esta última parroquia e desemboca no Landro logo dun percorrido duns 6 km de dirección L-O.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
RIOS
Río afluente do Barbaña, tamén chamado dos Muíños. Nace na parroquia de Parderrubias, no concello da Merca. O seu curso adopta unha dirección S-N e penetra nos concellos de San Cibrao das Viñas, Barbadás e Ourense, cidade na que desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Ourense (42° 17’ de latitude N e 7° 53’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Ourense, ao L cos de Ourense e de San Cibrao das Viñas (Ourense), ao S co da Merca (Ada Terra de Celanova) e ao O co concello de Toén (Ourense). Abrangue unha superficie de 30,2 km2 cunha poboación de 8.685 h (2007) distribuídos nas parroquias de Barbadás, Bentraces, Loiro, Piñor, Sobrado do Bispo e A Valenzá. A capital do concello é Barbadás. Situado a 5 km da cidade de Ourense e a 116 km de Santiago de Compostela, está adscrito ao partido xudicial e a diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Climaticamente o concello está baixo o dominio oceánico-mediterráneo, que se caracteriza por unhas temperaturas altas no verán e suaves no inverno; a temperatura media anual é de 14°C, o mes máis frío é xaneiro, cunha media de 8,8°C, mentres que o máis cálido é agosto, cunha media que acada os 23°C. A oscilación térmica é de 14,6°C, unha forte...