"Dinamarca" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 49.
-
PERSOEIRO
Raíña de Dinamarca e Noruega (1387-1396) e de Suecia (1389-1396), filla de Valdemar IV de Dinamarca. Casada en 1363 con Haakon VI de Noruega, foi rexente durante a minoría de idade do seu fillo Olavo II de Dinamarca e derrotou a Alberte I de Suecia, país do que se fixo proclamar raíña. Impuxo a Unión de Kalmar (1397) aos reinos de Noruega, Suecia e Dinamarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Dinamarca desde 1972, filla de Federico IX de Dinamarca e Noruega. De nome Margrette Alexandrine Thorhildur Ingrid, puido ser elixida como herdeira en 1953 pola abolición da lei sálica. Casou en 1967 co aristócrata francés Henri de Laborde de Monpezat, de quen tivo dous fillos, Federico, príncipe herdeiro, e Xoaquín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1376-1387) e de Noruega (1380-1387), fillo de Haakon VI de Noruega e de Margarida I de Dinamarca. Sucedeu o seu avó Valdemar IV Atterdag no trono de Dinamarca e o seu pai no trono de Noruega, pero foi a súa nai quen gobernou no seu nome como rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (987-1014), Noruega (1000-1014) e Wessex (1013-1014), fillo e sucesor de Harald II de Dinamarca. En 1003 dirixiu unha expedición a Inglaterra, pero foi derrotado en 1004, e ao ano seguinte retornou a Dinamarca. Noutra expedición a Inglaterra (1013), derrotou o Rei Etelredo II de Wessex.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(1020-1074) Rei de Dinamarca (1043-1074), fillo do conde danés Ulf e da princesa Astrid, irmá de Canuto II de Dinamarca. Feito conde e vicerrei de Dinamarca polo Rei Magno I de Noruega, acabou sendo proclamado rei. Distinguiuse pola reorganización da Igrexa e pola cuñaxe de moeda.
-
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1157-1182), bisneto do Rei Sven II. Loitou contra os vendes, ocupou a illa de Rügen e cristianizounos pola forza. Vasalo do Emperador Federico I, liberouse da fidelidade e instituíu unha monarquía autocrática e hereditaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1202-1241), fillo de Valdemar I. Sucedeu ao seu irmán Canuto VI. Como duque de Slesvig (desde 1188) defendeu a fronteira contra a agresión do emperador e conquistou Holstein e Hamburgo (1200-1201). Aliado co Emperador Federico II contra o Emperador Odón IV, en 1214 adquiriu Schwerin, e Federico II renunciou a favor del ás terras dos vendes e a todo o territorio xermánico ao N do Elba e do Ende. Os señores feudais de Alemaña do N aliáronse contra el e derrotárono en Bornhöved en 1227.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1340-1375) e duque de Schleswig (1325-1375), fillo do Rei Cristóforo II. Unificou e consolidou o seu reino e vendeu Estonia aos cabaleiros teutónicos (1346). En 1361 invadiu a illa de Gotland e Scania, pero perdeu o ducado de Slesvig, a mans da Liga Hanseática.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (1481-1513), de Noruega (Xoán I; 1481-1513) e de Suecia (Xoán II; 1497-1501), fillo e sucesor de Cristián I. Apoderouse do ducado de Holstein, que compartiu co seu irmán Federico. En 1497 sucedeu a Sten I no trono de Suecia, pero unha revolta expulsouno do país en 1501.
VER O DETALLE DO TERMO