"Elat" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 51.

  • Acción de relativizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fai referencia ou mantén algún tipo de relación con algo ou alguén.

    2. Que mantén unha relación de subordinación ou comparación respecto a algo ou alguén do que depende para acadar unha definición plena.

    3. Que é parcial ou non completo.

    4. Aplícase á relación que existe entre dous tons, un maior e outro menor, cuxas tónicas están situadas a unha distancia dunha terceira menor e que teñen a mesma armadura na clave.

    5. Aplícase ao elemento lingüístico que se caracteriza por ser nexo subordinante con capacidade anafórica e, ademais, cumprir unha función pronominal ou adverbial dentro da oración que introduce ou dentro dun dos seus constituíntes. Algúns relativos son invariables (que, quen, onde, cando, como) e outros presentan variación (canto, canta, cantos, cantas; cuxo, cuxa, cuxos, cuxas; o que, a que, os que, as que; o cal, a cal, os cales, as cales). Funcionalmente, na maior parte dos casos, son frases (núcleo de frases). Uns son núcelo de FN (relativos pronominais, substitutos ou autónomos) e outros de FAdv (relativos adverbiais). Ademais o cal, canto e cuxo tamén poden funcionar como determinantes. Na maior parte das súas construcións, o relativo precisa dun elemento contextual correferente con el, cos mesmos trazos semánticos, e que non ten necesariamente que cumprir a mesma función sintáctica. Este elemento denomínase antecedente...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de relatar algo.

    2. Relación ou narración de feitos reais ou imaxinarios, especialmente referido á obra narrativa en prosa, de extensión inferior á novela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen relata ou conta algunha cousa.

    2. Persoa que presenta un relatorio nun congreso ou nun parlamento.

    3. Maxistrado, funcionario ou membro dun colexio ou corporación, diferente do presidente, a quen lle corresponde facer a relación dun asunto, proporcionar un informe ou ditame e, a miúdo, redactar a resolución tomada conxuntamente.

    4. Letrado que tiña o cargo de facer a relación das actuacións ou os expedientes nos tribunais superiores. Actualmente chámase secretario xudicial ou oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de relator.

    2. Oficina do relator.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunicación ou proposta sobre un tema calquera que se somete a exame e resolución dunha asemblea, dun congreso ou dun parlamento.

    2. Exposición, oral ou escrita, que se fai con moito detalle.

    3. Informe ou ditame dado polo relator no seo dunha corporación ou colexio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á condición hipotética en que se pode atopar unha partícula ou un sistema material a unha velocidade v moi próxima á velocidade da luz c.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia sólida, branda e transparente, de natureza proteica, que se obtén ao cocer algunhas partes dos animais.

    2. Doce que se obtén ao solidificar o líquido que resulta da cocción da pel e da carne de froitas.

    3. Mestura de proteínas de alto peso molecular e solubles en auga. É un compoñente importante do coláxeno da pel e dos ósos dos mamíferos. Emprégase moito na industria alimentaria, na farmacéutica e na preparación de películas fotográficas.

    4. Aglutinante esencial da maioría das emulsións que actúa como soporte e coloide protector do cloruro de prata disperso para impedir que se separe do sal de prata.

    5. Dinamita de consistencia plástica cun contido dun 8% de nitrocelulosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter en xelatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén xelatina.

    2. Que é semellante á xelatina.

    VER O DETALLE DO TERMO