"Eos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 123.

    1. Que ten unha grande afinidade pola eosina.

    2. ariedade de leucocito polinuclear que presenta granulacións citoplasmáticas grosas, que se tinguen con colorantes ácidos como a eosina. Entre as súas funcións destacan a regulación da resposta alérxica e a produción de enzimas capaces de destruír parasitos. Constitúen entre o 1 e o 4% dos leucocitos, aínda que este número pode aumentar en certos estados patolóxicos como a triquinose, a asma bronquial ou a leucemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deficiencia anormal de leucocitos eosinófilos no sangue periférico, que se produce cando a súa concentración é inferior a 35 por mm3.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos eosuquios.

    2. Réptil da orde dos eosuquios.

    3. Orde de réptiles, da subclase dos diápsidos, caracterizados por ser lagartos con dentes no padal. Existiron dende finais da Era Primaria ata o comezo da Secundaria. Pertence a esta orde o xénero Thadeosaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de principios que rexen a observación binocular.

    2. Visión de relevo mediante un estereoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estereoscopio.

    2. Que se pode observar co estereoscopio.

    3. Relativo ou pertencente á estereoscopía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento óptico que, por medio de dúas imaxes planas dun mesmo obxecto tomadas desde puntos de vista separados, produce a sensación de relevo cando se miran ao mesmo tempo cada unha cun ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto dramático publicado en 1934 por Antón Villar Ponte, que o presentou como un folk-drama, e que supuxo a concreción literaria de toda unha teoría sobre un teatro nacional. Partiu das achegas realizadas polos dramaturgos angloirlandeses John Millington Synge e William Butler Yeats e da pegada de Ramón María del Valle-Inclán. A peza mostra unha Galicia máxica de entreséculos. Trátase dun dos textos máis interesantes da creación dramática anterior á Guerra Civil, na que agroma con forza unha materia dramática rica e complexa, fortemente asentada na tradición popular galega e onde realismo, simbolismo e expresionismo se mesturan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor de cine, televisión e dobraxe. Iniciou a súa carreira teatral coa Escola Dramática Galega, para despois participar como actor en diversos traballos da Compañía Luís Seoane, como A noite dourada de Mimí da Cora (1983) ou Fausto (1984), con dirección de Manuel Lourenzo. Tamén traballou con Teatro do Atlántico en Liberdade Brenana (1989) e Historia de Neera (1991), con dirección de Xulio Lago. Director de dobraxe, cunha ampla e dilatada experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa encargada de manexar os freos do tren.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia autónoma de Rusia (36.000 km2; 201.100 h [estim 1999]). A súa capital é Birobidžan (83.667 h [1995]). As fragas cobren máis dun terzo do seu territorio. O clima é monzónico e o río máis importante é o Amur. Posúe minas de estaño e fabrica maquinaria agrícola e materiais para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Semellanza entre dúas estruturas orgánicas ou varias das súas partes.

    2. Asimilación dos produtos nutritivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia ao mantemento do equilibrio e da estabilidade internas nos diferentes sistemas biolóxicos, desde unha célula ou un organismo ata un ecosistema.

    2. Propiedade dun servosistema segundo a cal este funciona indepedentemente das condicións exteriores, manténdose en equilibrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á homeostase.

    2. Que presenta homeostase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que é capaz de funcionar nun estado de equilibrio predeterminado e, xa que logo, con propiedades de homeostase. Construído polo físico R. Ashby en 1948, permite estudar sistemas complexos e emprégase para investigar sobre teorías e hipóteses cibernéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación cirúrxica da última parte do intestino delgado coa parede abdominal, que crea un ano artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor checo. Perfeccionou os estudios musicais en Leipzig e en Viena. Recolleu, por unha parte, o folclore moravo e, pola outra, evolucionou cara ao expresionismo. Destacan as súas óperas Jenufa (1904), Kata Kabanová (1921), Příhody Lišky Bystroušky (A barraca astuta, 1924) e Z mrtvého domu (Da casa dos mortos, sobre a obra homónima de Dostojevskij, 1930). Deixou tamén obras corais, música de cámara, pezas orquestrais e obras didácticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dous libros do Antigo Testamento que forman parte do canon grego da Biblia. O primeiro libro narra as loitas de Matatías e dos seus fillos, Xudas, Ionatán e Simón, contra os reis helenistas de Siria, Antíoco IV e os seus sucesores (175-134 a C). Estas eran loitas armadas de resistencia relixiosa contra os partidarios de paganizar os xudeus e de lles impor os seus costumes helenísticos. O autor do libro foi un xudeu de Xerusalén que o escribiu cara ao ano 100 a C. O segundo libro incluíu só os feitos de Xudas Macabeo, modelo de historia patética relixiosa, que se centra no templo e na lei. O autor do libro debeu ser un xudeu alexandrino, instalado en Xerusalén que o escribiu arredor do ano 124 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO