"Ernes" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 80.
-
GALICIA
Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1992), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Como investigador, a súa actividade está centrada no estudo do proceso de estandarización do galego moderno, con especial atención ao s XIX, e da historia da lexicografía galega. En 2002 colaborou na preparación do Dicionario de dicionarios do galego medieval en CD-ROM e dunha edición completa, en soporte electrónico, do Dicionario Galego-Castelán, de Eladio Rodríguez. É coautor do Dicionario normativo galego-castelán (1988) e do Léxico da administración castelán-galego (1991), e editor de Entre a vendima e a castañeira, de Otero Pedrayo e, en colaboración con Dolores Vilavedra, de Retrincos e Un ollo de vidro, de A. Rodríguez Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor valón. Estudiou en Roma, onde coñeceu a ópera italiana. Instalado en París desde 1767, combinou o estilo italiano co francés en óperas cómicas. Da súa produción destacan as óperas Le Huron (1768), Zémire et Azor (1771) e Richard Coeur-de-lion (1784). Compuxo ademais cuartetos, sinfonías e obras sacras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome francés da illa de Guernsey.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ernesto Pérez Guerra.
-
PERSOEIRO
Revolucionario arxentino. Coñecido como Che Guevara, doutorouse en Medicina en Bos Aires (1953). En Guatemala apoiou o goberno do presidente Jacobo Arbenz, e en 1956 estableceuse en México, onde contactou con Fidel Castro e cos revolucionarios cubanos, cos que participou na operación Granma, que iniciou a loita guerrilleira contra as forzas de F. Batista. Tralo triunfo da Revolución Cubana (1959), asumiu a carteira de Industria (1961-1965) e marcou o posterior signo da economía do país. Realizou tamén o labor de embaixador visitando a URSS e China, entre outros países, e interveu nas conferencias de Punta del Este (1961) e Alxer (1963), nas que fixo un chamamento á solidariedade dos pobos do Terceiro Mundo para combater as forzas imperialistas. Incorporado á guerrilla boliviana, foi capturado e executado. En 1997 descubríronse os seus restos na fosa común de Vallegrande, que foron trasladados ao mausoleo da Plaza Ernesto Che Guevara na cidade cubana de Santa Clara. Escribiu Guerra...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Integrado na “Xeración perdida”, baséase en experiencias persoais e usa a guerra como fondo dramático das súas obras, escritas nun estilo de conversa con frases curtas. Froito da Primeira Guerra Mundial, escribiu A Farewell to Arms (1929). Despois foi correspondente de prensa na Guerra Civil Española, da que, despois de reportaxes, xurdiu a novela For Whom the Bell Tolls (1940). Outras novelas súas son Death in the Afternoon (1932), The Fifth Column (1938), Across the River and into the Trees (1950) e a coñecida The Old Man and the Sea (1952), pola que lle foi concedido o premio Pulitzer. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da rexión de Highlands, Escocia, Reino Unido (45.000 h [estim 2000]), situada no fondo da Moray Firth, na ría que forma a desembocadura do río Ness, emisario do lago homónimo. É un importante porto pesqueiro e comercial, núcleo turístico, ademais de centro da industria eléctrica, mecánica e das destilerías de whisky.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. A súa contribución, próxima ao marxismo, é unha das máis influíntes na historiografía francesa do s XX. Centrouse nos aspectos económicos xerais do período revolucionario. Das súas publicacións destacan Esquisse du mouvemennt des prix et des revenus en France au XVIIIe siècle (1953) e La crise de l’economie française a la fin de l’Ancien Régime e au début de la Révolution (1944). Xunto con F. Braudel codirixiu a Histoire économique et sociale de la France (1970-1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Distinguiuse polos seus coñecementos de física nuclear, física biolóxica e física médica. Tivo un papel importante na fabricación da bomba atómica. Foi un dos inventores do ciclotrón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi animador do movemento da filosofía do espírito e un dos introdutores da caracteroloxía en Francia. Escribiu Obstacle et valeur (1934), Traité de morale générale (1942) e Traité de caractérologie (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Profesor nas universidades de Barcelona, Madrid e València, foi deputado polo Partit des Socialistes de Catalunya-PSOE (PSC-PSOE) en 1975, 1979 e 1982. Ministro de Sanidade e Consumo (1982-1986), posteriormente mantivo o seu posto de deputado. Rector da Universidad Internacional Menéndez Pelayo de Santander (1989-1995), morreu víctima dun atentado de ETA. Das súas publicacións destacan El pensament econòmic a Catalunya (1760-1840) (1973) e Economía crítica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo irlandés. Foi un dos primeiros expoñentes das teorías revolucionarias do neolamarckismo. Fixo importantes traballos sobre embrioloxía, especialmente dos invertebrados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista francés. Na súa obra Traité de cristallographie géométrique et physique formulou unha teoría orixinal para explicar as propiedades ópticas dos cristais. Recibiu a Légion d’Honneur (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. A súa obra representou a achega máis importante ao marxismo de tendencia trotskista. Escribiu, entre outras, Traité d’économie marxiste (1962) e Der Spätkapitalismus (O capitalismo tardío, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Fredric March, aproveitou a súa versatilidade para protagonizar papeis de galán e outros personaxes máis complexos. Participou nos filmes Dr Jekyll and Mr Hyde (1931, Oscar ao mellor actor 1932), Anna Karenina (1935), A Star is Born (1937) e The Best Years of Our Lives (1946, Oscar ao mellor actor 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador e escultor francés. Cultivou o tema histórico e de xénero, de factura minuciosa e de pequeno formato, que impuxo como moda. En 1834 deuse a coñecer coa obra Le visite chez le bourgmestre. Pintou a epopea napoleónica en Campagne de France, 1814 (1864) e destaca Le siège de Paris (1870). Foi o primeiro pintor galardoado coa Légion d’Honneur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo italiano. Foi investigador de filoloxía románica e publicou unha coidada edición diplomática dun dos dous códices mandados transcribir a comezos do s XVI por Angelo Colocci, Il Canzoniere portoghese della Biblioteca Vaticana (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. De personalidade controvertida, practicou un nacionalismo internacionalista mesturado cun propagandismo anticlerical profundamente relixioso. Aliado de Garibaldi nas súas ideas unitarias, editou Il secolo (1867-1895) e fundou o xornal La vita internazionale (1898). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Trasladouse a EE UU en 1911 e naturalizouse estadounidense. Achegou á filosofía da ciencia o estudo da explicación científica e dos problemas da redución de unha a outra teoría. Escribiu Logic without Metaphysics (1956) e The Struture of Science (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Inventor do aparato coñecido como radiómetro de Nichols, conseguiu, xunto con J. F. Hulls, evidenciar e medir a presión de radiación, efecto de especial utilidade en radioastronomía.
VER O DETALLE DO TERMO