"Eugene" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 53.
-
PERSOEIRO
Antropólogo suízo. Nas obras Les Races belligérantes (1916) e Les races et l’Histoire (1924) estudou a evolución de diferentes grupos raciais submisos á influencia do medio xeográfico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Estudou as series de funcións, a teoría das probabilidades, as integrais, a álxebra e a xeometría descritiva. Estableceu un teorema sobre os sistemas de ecuacións lineais que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Teórico e representante do Nouveau Roman, das súas obras destacan Le tricheur (1946), Le sacre du printemps (1954), Le vent (1957), La route des Flandres (1960), Histoire (1967), Leçon de choses (1975), Géorgiques (1981), La chevelure de Bérenice (1985), L’invitation (1988) ou Photographies (1992). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Mantivo un forte compromiso cos temas sociais e políticos. Traballou en Newsweek (1938), na axencia Black Stare e en Life (1939-1941 e 1947-1954), onde publicou as reportaxes (Spanish Village, 1950; Nurse Midwife, 1951). Correspondente na Segunda Guerra Mundial (1942-1944) e membro da axencia Magnum (1955-1958), traballou para Life e Hitachi Co, realizando ensaios fotográficos (Minamata, Japan, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensador e escritor francés. Teórico principal do sindicalismo revolucionario, formulou a teoría do mito histórico. Escribiu Reflexions sur la violence (1906) e Matériaux pour une théorie du proletariat (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e farmacéutico. Foi profesor en París e catedrático de Farmacoloxía da facultade de Medicina. Fixo numerosas investigacións sobre química farmacéutica, o que lle permitiu obter o cloroformo. Escribiu un Tratado de farmacia teórica e práctica (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marie-Joseph Sue.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e orientalista francés. Sacerdote (1907), ensinou linguas orientais no Apollinare de Roma (1908-1913) e foi conservador da Biblioteca Vaticana (1908), da que foi prefecto (1930). Cardeal (1936) e bispo de Ostia (1937), foi secretario da Congregazione per le Chiese Orientali (1936-1959) e desde 1951 decano do Collegio Cardinalizio. Das súas publicacións destaca a colección Specimina codicum orientalium (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico neerlandés. Naturalizado estadounidense, foi profesor en Utrecht e Michigan. Fixo investigacións en física nuclear, mecánica cuántica ou estrutura atómica. Creou, xunto con Goudsmit, a teoría do spin do electrón. Recibiu a medalla nacional de ciencia en 1977 e compartiu o premio Wolf en 1979.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Encadernador e sindicalista. Revolucionario, foi un dos dirixentes da Primeira Internacional. Membro do Comité Central da Comuna de París (1871), morreu fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Gore Vidal, na súa obra criticou a sociedade estadounidense, como nas novelas de contido político Washington D. C. (1966), Burr (1973) e 1876 (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e teórico. Reconstruíu edificios medievais, como a Madeleine de Vézelay (1841?), as catedrais de Amiens e de París, ambas as dúas en 1849, a cidadela de Carcassonne (1853), o castelo de Pierrefonds (1858), a abadía de Saint-Denis e a Sainte Chapelle de País e a catedral de Lausanne (1873). Propugnou a utilización do ferro na construción. Escribiu Entretiens sur l’architecture (1852-1872) e Ditionnaire raisonné de l’architecture française du XI au XVI siècle (10 vol, 1854-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático húngaro. Naturalizado estadounidense, estudou a física dos sólidos, os núcleos atómicos, as colisións atómicas, as simetrías e a cohesión metálica. Recibiu o Premio Nobel de Física, compartido con M. Goeppert-Mayer e J. H. D. Jensen (1963), polas súas contribucións á teoría dos núcleos atómicos e das partículas elementais, especialmente por medio do descubrimento e a aplicación de principios fundamentais de simetría.
VER O DETALLE DO TERMO