"Félix" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 68.

  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Especializouse na metodoloxía das ciencias sociais, na combinación dos métodos cualitativo e estatístico da análise e na definición da estrutura latente da poboación. Escribiu The People’s Choice: How the Voter Makes up his Mind in a Presidential Campaing (1944) e Qualitative Analysis and Critical Essays (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Félix Lope de Vega y Carpio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e avogado. Cronista oficial da vila de Sarria, foi autor de diversos traballos de investigación histórica sobre a Terra de Sarria. Da súa produción destacan O trasno da cervela e Santa María Madalena de Sarria (1996). Recibiu o Pedrón de Ouro no IV Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (1978) polo relato curto As augas toldas (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. De nome Hans Felix Sigismund Baumann, foi director de produción da sección de informes gráficos da axencia Dephot, do servizo alemán de fotografía (1929) e reporteiro gráfico das revistas Berliner Illustrierte Zeitung e Münchner Illustrierter Presse. En Londres traballou no Picture Post (1943) e en Life. Destacan os seus retratos de Mussolini, Stravinsky ou Lieberman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e director escolar. En Madrid entrou en contacto coa Institución Libre de Enseñanza (ILE). Visitou diversas cidades europeas para recoller os métodos máis innovadores en materia de ensino, o que reflectiu no seu libro Por las escuelas de Europa (1904). Exerceu en València, Barcelona e Cartagena, onde puxo en práctica a fórmula das escolas graduadas, nas que se formaban grupos de escolares dependendo da súa intelixencia e madurez. Publicou os libros El trabajo manual en la escuela (1914), Como se enseña el idioma (1933), Ensayo del método de proyectos (1934) e Las escuelas rurales (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Coñecido como Victor Massé, escribiu tres coleccións de romanzas, operetas de salón e as óperas Galathée (1852), Les noces de Jeannette (1853) e Paul et Virginie (1876). Recibiu o Prix de Rome (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Foi discípulo do pianista L. Berger e do compositor K. F. Zelter, e estudou estética con Hegel en Berlín. En 1829 dirixiu Wir setzen uns nit Tränen nieder (A Paixón segundo San Mateo), de J. S. Bach, por quen amosou interese desde entón. En 1843 fundou o Conservatorio de Leipzig. Das súas obras destacan Trío con piano (1820), Variations sérieuses (1841), cuartetos de corda (1827, 1838, 1847), quinteto de corda (1845), un sexteto con piano (1824), Ein Sommernachtstraum (O soño dunha noite de verán, 1843), os oratorios Paulus (1836) e Elias (1846), trece sinfonías para orquestra de corda (1821-1825) e cinco para grande orquestra (1824-1842), dous concertos para piano (1831, 1837), un para violín e orquestra (1844), outro para violín e corda e 48 Lieder ohne Worte (Cancións sen palabras, 1830-1845) para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Converteuse ao cristianismo e defendeuno sen facer mención da Biblia nin doutras fontes cristiás na súa obra Octavius, un diálogo que escribiu á maneira de Cicerón. A súa intención era ensinar a racionalidade desta fe cunha apoloxía monoteísta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e compositor austríaco. Destacou como director no primeiro festival de Bayreuth (1876), interpretando pezas de R. Wagner. Dirixiu a Ópera de Karlsruhe e a de Múnic, para a que compuxo música para ballet e varios lieder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi profesor das universidades de Estrasburgo e Grenoble e director do Centro de Estudios Nucleares e do Instituto Politécnico de Grenoble. Recibiu o Premio Nobel de Física (1970), compartido con H. O. G. Alfvén, polas súas teorías sobre o antiferromagnetismo e o comportamento das sustancias ferrimagnéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Da súa produción destaca Palestra farmacéutica chímica-galénica (1706), que foi un intento de renovación da farmacia hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. En 1975 ingresou na Federació Socialista Balear do PSOE. Foi deputado no Congreso (1977-1982 e 1986-1996) e ministro de Administración Territorial (1985-1986). Presidiu o Congreso dos Deputados (1986-1995) e a Federación Socialista Balear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Espiritualista e claro precedente de Henri Bergson, foi autor de valiosos estudos históricos e de ensaios. Da súa produción destaca De l’habitude (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista. Parente de Simón Bolívar, foi un dos fundadores da Junta de Caracas (1810), que proclamou a independencia de Venezuela (1811). Colaborou na destitución de Simón Bolívar e de Antonio Nariño, e foi derrotado por José Tomás Rodríguez Boves na Batalla de Urica (1814) no estado federal de Anzoátegui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Conselleiro de estado (1875) e deputado republicano (1878-1885 e 1887-1809), foi xefe do Parti Républicain Modéré. Ministro de Asuntos Exteriores (1890-1893), ocupou outros ministerios e foi xefe de goberno varias veces (1892-1893, 1895, 1914 e 1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Estudou medicina e odontoloxía pero axiña pasou a colaborar co Servicio Nacional de Pesca y Caza. Foi colaborador do CSIC. Fíxose moi popular grazas á realización de películas como Alas y garras e El maravilloso mundo de los pájaros, e programas documentais para a televisión, como El hombre y la tierra (1979), sobre a vida dos animais. Participou na creación de tres enciclopedias e publicou o libro Mis Amigos los Animales (1971). Na súa memoria a súa familia creou a Fundación Félix Rodríguez de la Fuente en 2005.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fiel á corrente didáctica do neoclasicismo e seguidor dos enciclopedistas franceses, cultivou o xénero da fábula, para o que seguiu os modelos dos clásicos, Esopo e Fedro, e dos máis modernos, como La Fontaine. Escribiu Fabulas morales (1781) e o opúsculo contra Iriarte Observaciones sobre las fábulas literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director e guionista. Pasou os seus primeiros anos de vida en Galicia, pero coa morte do seu pai e o inicio da Guerra Civil marchou a Uruguay, onde, aos dezasete anos, ingresou no Conservatorio de Arte Dramático. Debutou da man de Margarita Xirgú e o seu primeiro papel en España foi coa compañía de José Tamayo. Ten unha extensa traxectoria como actor en cine e teatro, aínda que o seu papel máis popular foi o protagonizado na serie de TVE Curro Jiménez. Das numerosas longametraxes en que traballou destacan Montoyas y Tarantos (1989), Cachito (1996), La Comunidad (2000), El oro de Moscú (2002) e 800 balas (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudou a audición e fixo notables investigacións en acústica. Estudou, xunto con Biot, os efectos dinámicos da corrente eléctrica, e o movemento dos fluídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como André Suarès, cultivou sobre todo o ensaio. Das súas obras destacan Présences (1925) e Pages (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO