"FORTA" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 44.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sarria. Construída arredor do s XIII por orde dos señores de Sarria e Lemos, despois do ataque irmandiño de 1467 Pedro Osorio reconstruíuna. Tiña catro torres e diversas dependencias que foron derrubadas a mediados do s XIX. Consérvase unha torre de granito e lousa rematada en ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Tomé de Lourenzá (Lourenzá). Construída por Antonio Tovar e a súa dona en 1530, ten un corpo principal de planta rectangular, rematado en cada extremo por unha torre, con dous corpos pegados. As torres posúen ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Esperante (Taboada). Realizouse no s XVI con muros de cantaría e cachotaría de granito. Ten planta case rectangular con dous pisos. A porta principal é de arco de medio punto e sobre ela sitúase unha ventá arquitrabada flanqueada por dous escudos. Conserva un pombal circular e unha capela rectangular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xobre (A Pobra do Caramiñal). Construíuse en cantaría no s XV, pero ampliouse e mellorouse durante os ss XVI e XVII, polo que presenta algunhas características do estilo gótico e renacentista. Ten dúas alturas e planta rectangular que se organiza arredor dun patio central, cadrado. A fachada principal, do s XVI, remata na esquina dereita cunha torre de catro alturas. A porta conforma un arco de medio punto e sobre ela colocouse un escudo. Ademais da familia Xunqueiras, foron os seus propietarios os Ribadeneira e os Gasset. Foi declarado BIC en 1981.