"Galicia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 405.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista gratuíta aparecida en xaneiro de 1988 e subtitulada “Revista técnico informativa de los municipios gallegos”. Foi editada e dirixida por Xosé R. Pampín Bermúdez e por Mª Teresa Castro Corgo. Tratábase dunha publicación dirixida aos funcionarios municipais con información sobre festas locais, homenaxes, nomeamentos, orzamentos e outros datos. Cada exemplar soía ser monográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico conservador de Viveiro e Mondoñedo. Apareceu o 27 de febreiro de 1893. Dirixía a publicación Alfredo García Dóriga e entre os seus colaboradores figuraban nomes como Antonio Noriega Varela e Xosé Mª Riguera Montero. Saía á rúa bisemanalmente, os luns e os xoves nun principio, e despois os mércores e sábados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Montevideo o 25 de xullo de 1956 por un grupo de galegos residentes en Uruguai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con domicilio social en Vigo fundada no ano 1973. A súa orixe remóntase a 1918, data na que se creou a sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. No ano 1920 adoptou o nome de Banco Viñas Aranda, S A e no 1953 o de Banco de Vigo - Viñas de Aranda, S A, antes de denominarse Banco de Vigo no 1957. Este último, promoveu a absorción do Banco de Lugo, que sucedía ao Banco de Soto (1964) de Chantada, en 1971. Pertence ao Grupo Banco Popular dende o ano 1969.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Montevideo, o seu primeiro número saíu o 1 de marzo de 1956. De periodicidade irregular, cesou no número 10 en xullo de 1966. Tiña como subtítulo “Boletín para toda España y América”. Foi publicada case exclusivamente en castelán aínda que acolleu algún texto literario galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Bos Aires o 6 de novembro de 1905 por un grupo de financeiros galegos entre os que cómpre salientar a Manuel Casas e Juan G. Molina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O artigo 6 do Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en 1981, sinala que a bandeira de Galicia é branca cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito. A Lei de Símbolos de Galicia, promulgada en 1984, establece a disposición, cor e símbolos da bandeira de Galicia. Segundo esta lei, a bandeira ten tres módulos de longo por dous de ancho e a banda é de cor azul celeste subido ou cobalto claro. Así mesmo, obriga a que conteña o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma; a disposición do escudo ten que ser centrada e a súa altura debe ser igual á metade do ancho da bandeira. A orixe da bandeira galega remóntase o s XVII, momento no que era de cor branca cun copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas. Unha bandeira destas características foi empregada polo Batallón Literario durante a Guerra de Independencia. A orixe da faixa de cor azul, que a incorporou o movemento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada na cidade da Coruña. Apareceu en 1855 e cesou ao ano e medio. Entre os seus redactores figuraban Abelardo Carballo, Antonio de San Martín e N. Rúa Figueroa. O seu impresor era Timoteo Pombo. Destacaba no seu formato a marca dobre holandesa con gravados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principios nos que se centraron os obxectivos do rexionalismo galego. Foron elaboradas por Alfredo Brañas en 1892 coa axuda de Pereiro Romero, Cabeza de León e Álvarez Ínsua, conforme ao patrón das Bases de Manresa.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña entre os anos 1907 e 1916 de perioricidade mensual. Trátase dunha revista que informaba sobre cuestións relacionadas coa agricultura e a gandería das dúas comunidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que apareceu a finais de 1920 na Coruña. Estaba ao servizo da “Asociación Regional Hispanoamericana”. Era unha publicación orientada ao comercio entre España e América, e nun principio non tiña un contido literario. No ano 1921 foi substituída por América Galicia. A evolución desta publicación ata que se fixa o nome de Alfar foi a seguinte: Boletín de Casa América-Galicia (1920), América Galicia (1921), Revista de Casa América-Galicia (1922), Alfar (1923), Alfar (Montevideo, 1929) e Alfar (edición facsímil, 1983).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que apareceu na Coruña no ano 1927.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter oficial editada na Coruña na primeira década do século XX. Tiña periodicidade mensual. As súas informacións daban conta do estado xeral dos campos e das colleitas en Galicia e Asturias. Incluía tamén datos de producións, feiras e mercados. É significativa a sección relativa a prezos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín bisemanal que se publicou en Porriño (Pontevedra) dende febreiro de 1927 ata xuño ou xullo de 1928 (número 14). O seu director foi Xosé Mosquera Nocelo e a publicación, de carácter técnico, servía de voceiro de MARUCOGA. A tiraxe difundíase probablemente entre os núcleos abastecedores de gando, que eran os sindicatos católicos de gran parte de Galicia, especialmente da zona norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publicación aparecida na década dos anos 70 do s XX en Santiago, editada pola Comisión de Cultura do propio Colegio. No seu número correspondente a 1975 inclúense artigos e comentarios sobre estudios realizados por Anatole Kopp, Gordon Cullen, Mario Bussagli, Carlos Flores, Xavier Sust. Amais acompañábanse de esquemas e deseños arquitectónicos de diferentes construcións. Entre as seccións figuran: “Traduciones”, “Noticias de libros”, “Revistas recibidas en la Biblioteca del COAG” e “Adquisiciones de la Biblioteca”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en maio de 1983 na Coruña, baixo a dirección técnica de Manuel Hernández Sánchez. Os catro colexios médicos galegos comezaron a editar esta publicación co fin de agrupar o colectivo de aproximadamente seis mil profesionais que exercen en toda Galicia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu editada pola Xunta de Galicia en 1986, en concreto pola Consellería de Sanidade e Seguridade Social. O último número que se consultou tiña data de 1991. Tratábase dun boletín informativo que se baseaba nas enfermidades de declaración obrigatoria como a hepatite, a tuberculose ou a sida. Coa mesma, tocaba outros temas como o medio ambiente, o tabaquismo ou a drogodependencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apareceu en Santiago de Compostela ao redor de 1988. Era unha publicación da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Economía e Facenda en colaboración co Instituto Galego de Estatística. O último número que se editou data de 1991. Este boletín redactouse en galego e contou con seccións dedicadas ao “Movemento natural da poboación”, “Emprego e paro”, “Gandería e pesca”, “Transportes e comunicacións”, “Turismo, consumo e prezos”, “Finanzas” e “Bibliografía”.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña o 5.8.1856 e que cesou entre os anos 1866 e 1867. Aínda que nun principio saía semanalmente, pouco a pouco editouse de forma máis irregular. Foi impreso no Hospicio, por Puga e por Cascante. Foron os seus directores Benito Plá y Cancela, Laureano Lago, Félix Álvarez Villamil e Alonso Rey. Entre os seus redactores figuran Manuel Rúa Figueroa, Salustio Alvarado, Antonio Batanero e Justo Pelayo Cuesta, entre outros. Como colaboradores aparecían Castro Bolaño e Eduardo Trillo. Tiña as seccións tituladas “Sección Doctrinal”, “Jurisprudencia Civil”, “Jurisprudencia Administrativa”, “Crónica”, “Noticias Generales” e “Variedades”. Incluía artigos científicos sobre lexislación e xurisprudencia, e información sobre causas e cuestións da Audiencia, do Tribunal Supremo de Xustiza e do Consello de Estado. Ademais, introducía bibliografía, referencias a arquivos, datos estatísticos e curiosidades.
VER O DETALLE DO TERMO