"Gard" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 88.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dun equipo deportivo que ocupa no terreo de xogo a posición máis próxima á meta propia e que está facultado pola regulamentación a intervir no xogo de xeito distinto aos demais participantes, especialmente cando se atopa no interior dunha área delimitada contigua á súa meta (área de portería).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Local destinado a gardar mobles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada de coidar e vixiar os montes.
-
-
Peza de roupa ampla e exterior, en forma de túnica con mangas, que se pon sobre a roupa para evitar que se manche.
-
Calquera cousa coa que se cobre algo para evitar que se encha de po.
-
Peza de madeira que remata e sobresae dunha construción, especialmente dun retablo, para protexela do po.
-
-
-
-
Coidar algo ou a alguén para que non lle ocorra ningún dano ou prexuízo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Con perigo se garda o que a moitos agrada. Mal se garda o que a moitos agrada.”
-
Preservar a alguén de algo ou alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “Deus nos queira gardar do que non nos sabemos librar. Deus te garde do can atado e do home arroutado. Gárdate Deus dalgunha xente coma dun can doente.”
-
-
Poñer algo nun lugar seguro para que estea protexido ou no sitio onde lle corresponda.
-
Manter algo ou impedir que se perda.
-
Ter alguén ao seu cargo cousas doutra persoa.
-
Ocultar algo. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Garda o segredo no teu seo, non o metas no alleo.”
-
-
Ter presente un sentimento ou actitude.
-
Conservar certos recordos con propósito de vinganza.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada de vixiar nos ríos a pesca ou outras actividades fluviais.
-
-
Cuarto destinado nun local público para deixar as pezas de abrigo, o paraugas, o sombreiro e obxectos similares.
-
Armario no que se garda a roupa.
-
Conxunto de pezas de vestir dunha persoa ou institución.
-
Persoa encargada do gardarroupa.
-
abrótano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficial da chancelería que custodiaba os selos reais.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, deseñador e interiorista. Evitou o esquematismo formal do racionalismo e as arbitrariedades da arquitectura orgánica. Das súas obras destacan a Padiglione d’arte contemporanea (PAC) en Milán (1944-1947), a Mensa Olivetti en Ivrea (1953-1959) e a reforma do Teatro Carlo Felice en Xénova (1981-1990) con Aldo Rossi. Foi membro do CIAM.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, ao L de Long Beach (143.050 h [1990]). Forma parte da área metropolitana de Los Angeles, da que se converteu nun centro residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Bengala Occidental, India, ao SO da área metropolitana de Calcuta (191.389 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto perennifolio de 30 a 60 cm de altura, de follas opostas, lanceoladas e brillantes con flores solitarias, brancas e moi olorosas. Procede de China e é moi apreciada en xardinería e floricultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento dedicado a coidar e atender, normalmente durante o día, nenos en idade non escolar.
-
PERSOEIRO
Romanista francés. Foi profesor (1941-1961) e reitor (1945-1963) da Université Catholique de Lyon. Investigou, sobre todo, o francoprovenzal (Geographie phonétique du Forez, 1941, e Atlas linguistique et etnographique du Lyonnais, 1950-1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen ten como función vixiar, gardar ou coidar algo ou a alguén.
-
Superior dun convento da orde franciscana. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Cando o gardián xoga aos naipes, que farán os frades?”.
-
-
PERSOEIRO
Exiptólogo e teórico da lingua británico. Aprendeu exipcio antigo na Sorbonne con G. Maspéro e revolucionou a transcrición e elucidación dos textos literarios do antigo exipcio. Editou o The Journal of Egyptian Archaeology (1916-1921, 1934 e 1941-1946). Escribiu, entre outras obras, Egyptian Grammar (1927), un traballo que trata o exipcio medio e unha nova e particular mirada sobre as fontes dos xeroglíficos, The Theory of Speech and Language (1932), The Theory of Proper Names (1940) e Ancient Egyptian Onomastica (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra inglés. En 1964 fundou o Monteverdi Choir e, dedicado á música dos ss XVII e XVIII, levou a cabo numerosas edicións e interpretacións de J. Ph. Rameau e Ch. W. Gluck. Así mesmo, dirixiu a Orquestra da Radio de Vancouver e a Ópera de Lyon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prelado e político inglés. Iniciou a súa carreira política como secretario de T. Wolsey, a quen acompañou na súa viaxe a Roma (1528) para obter a anulación papal do matrimonio entre Enrique VIII e Catarina de Aragón. Nomeado secretario de Estado e bispo de Winchester en 1531, xustificou a supremacía do poder real sobre os asuntos eclesiásticos, aínda que permaneceu fiel á Igrexa Católica e foi abandeirado da oposición ao protestantismo. Durante o reinado de Eduardo VI, prendérono (1548) e depuxérono da dignidade episcopal (1551), pero trala chegada ao poder de María I de Inglaterra, foi restablecido na sede de Winchester e nomeado gran chanceler do Reino (1553). Das súas obras destacan De vera obedientia (1535) e Palinodia (1554).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo que no mundo visigodo formaba parte da comitiva do rei, vinculado a el por unhas ligazóns especiais de fidelidade. Xeralmente tratábase de mozos das grandes familias da nobreza que realizaban a súa formación militar ao servizo do monarca. Acostumaban recibir terras en propiedade, formaban parte da aula rexia e gozaban de privilexios de inmunidade. Son comparables aos antrustións francos.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Iniciou o seu traballo no mundo gráfico no periódico Sentinel de Glasgow, onde foi director. En 1856 trasladouse a Nova York para colaborar con Matthew Brady. Posteriormente, reuníronse con outros fotógrafos para obter imaxes da Guerra de Secesión norteamericana. Ao remate foi nomeado fotógrafo oficial da Armada do Potomac e a partir de 1867 traballou na compañía do ferrocarril da Union Pacific. As imaxes que obtivo expúxoas na súa galería de Washington dende 1873. Publicou Gardner’s Photographic Sketch Book of the War (1866).
VER O DETALLE DO TERMO