"Gil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 160.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao N de Nerja, ao pé da serra de La Almijara (2.149 h [1996]). A economía está baseada na agricultura (cereais, oliveiras, viñas, patacas e cana de azucre). Tamén posúe industrias derivadas. Do seu patrimonio cultural destacan a necrópole paleopúnica do Cerrillo de las Sombras, o barrio mourisco mudéxar de Barribato e a casa dos Manrique de Lara (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos frinxílidos, ao que pertencen os pimpíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cardeal. Coñecido como El Santo Gallego, pertenceu á orde dos dominicanos. Foi bispo de Badajoz (1853) e de Zaragoza (1858). Participou no Concilio Vaticano I e redactou a bula que definiu a infalibilidade do papa. O Papa Pío IX nomeouno cardeal da Orde dos Presbíteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi profesor na Universitat de València (1985-1991) e desde 1991 é profesor de historia antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Participou como investigador principal no proxecto Sociedade e Cultura Material na Protohistoria do Noroeste Peninsular (1999-2000). Especializouse nas relacións entre pensamento e sociedade, e na historia da Hispania Antiga e os seus paralelos europeos. É membro dos consellos de redacción de Gallaecia (1996) e Cuadernos de Estudios Galegos (2002). Escribiu A vida cotiá na Galicia Castrexa (1998), El Rey melancólico: antropología de los fragmentos de Heráclito (1992), Las Religiones en la historia de Galicia (1996), Mitología y mitos de la Hispania prerromana III (1999) e Mitos hispánicos: la Edad antigua (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Traballou no Comisariado de Enerxía Atómica, nas universidades de París e de Orsay, e no 1971 ingresou no Colexio de Francia. Especialista en física da materia condensada, realizou contribucións en campos moi diversos: magnetismo, supercondutividade, hidrodinámica e outros. É membro da Royal Society de Londres e das Academias de Ciencias de Francia, Holanda e EE UU. Das súas obras destaca A física dos cristais líquidos (1973). No ano 1991 recibiu o Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre os cristais líquidos e os polímeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e dramaturgo. Foi un dos fundadores do Teatro de Cámara de València e traballou como profesor do Instituto de Arte Dramática de València, cidade na que desenvolveu un importante labor cultural. Autor de máis de trinta obras, moitas delas estreadas, a súa escrita presenta diversos rexistros que van da farsa, cunha dimensión social, a textos máis simbólicos ou experimentais. Entre elas destacan El sueño es vida (1952), El tótem en la arena (1960), Muy alto, muy rubio, muy muerto (1964), El cubil (1969), La erotísima Doña Inés (1976) ou El petrolio (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1898) e doutorouse en Madrid. Catedrático de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde desta cidade en 1930-1931 e deputado pola CEDA pola Coruña en 1933-1936. Ocupou o cargo de reitor da Universidade compostelá en 1936-1939 e cando faleceu era maxistrado do Tribunal Supremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1893) e doutorado pola de Madrid (1894), foi senador pola universidade compostelá en 1921-1922. Reelixido en 1922, non puido tomar posesión do cargo como consecuencia do golpe de estado de J. A. Primo de Rivera. Foi membro das Irmandades da Fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Investigador no campo da etnografía, coordinou o suplemento cultural Cataventos de El Ideal Gallego e colaborou en La Voz de Galicia. Dirixiu a Guía de la artesanía de Galicia (1984) e publicou Galicia artesana (1988) e O liño (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Licenciouse en Dereito pola Universitat de Barcelona. A súa obra insírese na nomeada poesía social, posteriormente evolucionou cara a un escepticismo nihilista e recibiu a influencia da poesía anglosaxona. Da súa produción destaca Compañeros de viaje (1959), Cántico: el mundo y la poesía de Jorge Guillén (1960), En favor de Venus (1965), Moralidades (1966), Poemas póstumos (1968), Diario del artista seriamente enfermo (1974), Las personas del verbo (1975) e El pie de la letra (1980). Postumamente, publicouse Retrato del artista en 1956 (1991), diario do autor en tres partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como El mulato Gil, formouse na cidade de Trujillo, onde era capitán de milicias, e na Escuela Pública de Pintura de Lima con J. del Pozo. Realizou retratos da aristocracia e dos grandes políticos e militares da independencia de America Latina cun estilo neoclásico. Entre outros destaca o Retrato de don Bernardo O’Higgins. Foi pintor de cámara do goberno peruano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos casteláns do s XVI. Juan Gil de Hontañón (? Cantabria 1480? Salamanca 1531?) formouse con Simón de Colonia e instalouse en Salamanca, onde interveu na catedral nova (1512). En 1513 nomeárono mestre maior da catedral de Sevilla con Alfonso Rodríguez. En 1521 trasladouse a Granada onde colaborou con Enrique Egas na catedral e en 1525 iniciou a catedral de Segovia. O seu fillo Rodrigo Gil de Hontañón (Rasines? Cantabria 1500-Segovia 1577) combinou a estética gótica coas novas tendencias renacentistas. Sucedeu a seu pai na obra da catedral de Segovia e traballou nas de Salamanca, Plasencia, onde foi mestre maior dende 1544, Astorga e Ciudad Rodrigo. En 1538 sucedeu a Juan de Álava como mestre maior da catedral de Santiago de Compostela, onde fixo a fachada do Tesouro e o claustro e interveu na fachada S. Atribúeselle unha casa situada na rúa de Tras de Salomé da que se conserva só o primeiro corpo organizado por catro arcos con medallóns....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora e escultora. Profesora na facultade de Belas Artes da Univesidade de Vigo. Licenciada en Escultura pola facultade de Belas Artes de San Fernando de Madrid, foi profesora na Escola de Canteiros de Poio e nas escolas de artes e oficios da Coruña e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e político. Gobernador do asentamento español nas Malvinas (1174-1779), foi vicerrei de Nova Granada (1788-1792) e do Perú (1792-1796). De ideas ilustradas, potenciou a creación dos xornais Mercurio Peruano (1791) e da Gaceta de Lima (1793), o desenvolvemento da Sociedad Cultural Amantes del País e da Tertulia Poética (1791), e a fundación, entre outras, dunha cátedra de Anatomía (1792) e da Academia de Naútica (1794). De volta a España foi elixido membro do Consejo Supremo de Guerra, director xeral da Armada (1799) e ministro de Mariña (1866). Trala chegada ao trono de Fernando VII, formou parte da Junta de Goberno que se desprazou a Baiona, que abandonou trala subida ao poder de Xosé Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e político. Estudiou ciencias exactas e literatura. Foi nomeado oficial do ministerio do Interior (11.4.1835), oficial da secretaría de Gobernación (1843) e de aí pasou a director xeral de Instrución Pública e subsecretario do ministerio de Gobernación. Coa revolución de 1854 cesou dos seus cargos e en 1856 volveu exercer na Instrución Pública. Foi o responsable intelectual do Plan Pidal de educación secundaria que poñía en marcha os institutos de bacharelato, cunha ordenación que substancialmente despois recolleu a Lei Moyano (1857), e avogaba pola necesidade de secularizar o ensino (De la Instrución Pública en España, 3 vols, 1855). A súa obra literaria inclúe dramas (El entrometido, 1825; Cuidado con las novias, 1826; Un año después de la boda, 1826; Carlos II el Hechizado, 1837; Rosamunda, 1839; Guillermo Tell, 1843), comedias (Matilde, 1841; Un amigo en el candelero, 1842; Cecilia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e cineasta. Está considerado como un dos pioneiros do cine en Galicia e tamén como o máis destacado dos cineastas galegos ata comezos da década dos trinta. Comezou a súa actividade como fotógrafo en Ourense. A partir de 1904, logo de montar un pequeno estudo en Ponteareas, instalouse en Vigo, onde acadou un enorme prestixio como fotógrafo e traballou para o ABC de Madrid e para a revista Vida Gallega. A súa experiencia neste campo vai facilitar a súa conversión en cineasta tan só tres anos despois. En 1907 coñeceu o exhibidor ourensán Isidro Pinacho, que se instalou en Vigo co negocio do “Palacio de la Ilusión”, e co que colaborará. O primeiro encárgase da parte financeira e Gil, malia posuír outros negocios, como a representación da casa de automóbiles Ford en Galicia, ocuparase do apartado creativo. En 1910, ano no que tamén inaugura unha nova galería fotográfica na rúa do Príncipe, Xosé Gil comezou a filmar en Vigo e arredores as súas primeiras películas documentais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Licenciouse en Filosofía e Letras. Codirector da revista Nós, é membro do consello de redacción da revista Agália. Escribiu Sobre o acordo ortográfico desde a Galiza (1987) e Luzes e espirito (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1954 formou parte do Salón de los Once de Eugeni d’Ors. A súa pintura participa do expresionismo, a abstracción e o neofigurativismo. Fundou o Grupo Parpalló e cultivou o gravado e a cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Membro dende 1944 do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, foi director dos Centros Provinciais de Arquivos e Bibliotecas de Lugo. Creou a Biblioteca Pública Provincial Unificada, o Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas (1948) e o Arquivo Histórico Provincial de Lugo (1951). Dirixiu o arquivo da Delegación de Facenda e o Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Entre as súas obras destacan Archivo Histórico del Reino de Galicia: guía del investigador (1968) e La vida y obra de don José Cornide Saavedra: breve biografía (1992). Membro da Real Academia Galega dende 1975, do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO