"ILS" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 58.

  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. Coñecido como lord Berners, a súa obra musical presenta unha mestura de sensibilidade poética e de ironía. Compuxo unha ópera cómica, cinco ballets, música sinfónica, música para piano e melodías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado pola IUPAC ao elemento de número atómico 107. Ten un peso molecular de 262 e unha vida media de 102 milisegundos. Foi sintetizado en 1981 no Laboratorio de Investigación en Iones Pesados de Darmstadt, Alemaña. Desde 1997 denomínase bohrio (Bh).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Curlandia, en Letonia (50.400 h [1992]). Situada na beira esquerda do Venta, a 2 km do mar Báltico, conta cun porto importante. Foi un antigo emporio teutónico (1242).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurofisiólogo sueco. Estudou con D. H. Hubel os mecanismos da análise da información na codia visual do cerebro, e as manipulacións precoces do sistema visual utilizadas como medio para descifrar as regras do seu desenvolvemento. Recibiu, xunto con R.W. Sperry, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Coñecido como Angus Wilson, destaca polo seu agudo sentido crítico e satírico. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Publicou Anglo-Saxon Attitudes (1956), The Old Men at the Zoo (1961) e As if by Magic (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB > lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB > cámara de néboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou os núcleos de condensación, os ións, a electricidade atmosférica, a radiación cósmica e os raios X e γ. Recibiu o Premio Nobel de Física (1927), compartido con A. H. Compton, polo seu método para facer visible o camiño das partículas cargadas electricamente mediante condensación de vapor, por medio da cámara que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de separación e converxencia das placas litosféricas establecido polo xeofísico canadense J. T. Wilson (1966). Parece que só se produciu un ciclo deste tipo en toda a historia da Terra, que rematou coa formación de Panxea a partir do desmembramento dun continente anterior. En diferentes lugares do mundo atópanse elementos de cada un dos seis estadios en que se divide este período, como a sutura Indus-Yarlung Zangbo na cordilleira do Himalaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria autosómica recesiva ocasionada pola falla de capacidade hepática na excreción do cobre cara á bile, polo que o metal se acumula en diversos órganos e provoca efectos tóxicos. OBS: ; Tamén se denomina dexeneración hepatolenticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e estadista. Emigrou a América, onde foi un dos asinantes da Declaración de Independencia de EE UU (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Converteuse en líder do Labour Party en 1963 e en primeiro ministro en 1964. Aplicou unha política de austeridade económica e impulsou un programa de descolonización. Dimitiu en 1970 pero volveu ao cargo en 1974 ata 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo canadense. Entre 1963 e 1966, xunto a F. J. Vine e D. H. Matthews, correlacionou as inversións de polaridade nas rochas de ambas as dúas bandas das dorsais centrooceánicas coas anomalías do campo magnético terrestre, e a partir de aí calculou a velocidade de expansión dos fondos oceánicos. Introduciu os conceptos de pluma do manto para explicar algunhas illas volcánicas. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Escribiu Physics and Geology (1959) e Continents Adrift and Continents Aground (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Recibiu o Premio Nobel de Física (1982) pola teoría sobre os fenómenos críticos das transicións de fase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora escocesa. Coñecida como Margaret Oliphant, a súa obra caracterizouse polo retrato dos personaxes e da vida en Escocia e Inglaterra. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Da súa extensa produción destacan Margaret Maitland (1850), Chronicles of Carlingford (1863-1876), The Minister’s Wife (1869) e The Makers of Modern Rome (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico situado en Mount Wilson (California). G. E. Hale comezou a súa construción en 1904. En 1908 foille instalado un telescopio reflector de 1,5 m de diámetro, e en 1918 un de 2,5 m, o máis grande do mundo. Desde 1948, xunto co observatorio Palomar, depende do Californian Institute of Technology, e desde 1970 ambos os dous son coñecidos como Observatorios Hale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Influído polo surrealismo, creou un teatro da imaxe en oposición ao teatro do texto. lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB >Escribiu A Letter for Queen Victoria: A Opera in Four Acts (1974) ou Woyzeck (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Traballou en radioastronomía e fixo diversas investigacións nos Bell Telephone Laboratories. Recibiu o Premio Nobel de Física (1978), compartido con A. Penzias e P. L. Kapitsa, polos seus estudos sobre as microondas cósmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Formou parte da á liberal do Democratic Party. Presidente de EE UU (1912-1921), impulsou unha política económica renovadora: creou o imposto persoal sobre a renda e fixo aprobar a Clayton Anti-Trust Act (1914). Durante a Primeira Guerra Mundial procurou manter o principio de non-intervención, pero declarou a guerra a Alemaña en abril de 1917. Ao ano seguinte propuxo os seus 14 puntos que debían asegurar a consecución dunha paz xusta. Foi un dos defensores da Sociedade de Nacións. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1919.

    VER O DETALLE DO TERMO