"Kara" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 54.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cordilleira, contraforte norocidental do Tian Shan, situada ao S de Kazakhstán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte marcial consistente en concentrar toda a forza do corpo nun punto determinado para golpear o adversario nalgunha parte vital do seu corpo. Naceu no s XVII nas illas Ryū kyū, pero a súa regulamentación deportiva desenvolveuna máis tarde Funakoshi (1869-1957); nela prohíbese a consumación dos golpes, e a puntuación outórgase calculando a súa boa dirección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica o karate ou está instruída nesta disciplina.
-
PERSOEIRO
Escritor e político búlgaro. Considerado un dos fundadores do realismo búlgaro, escribiu contos e novelas en búlgaro, serbio e ruso, como Stranicy iz knigi stradanij bolgarskogo plemeni (Páxinas de sufrimentos do pobo búlgaro, 1868) e Vinovata li sud’ba? (Ten a culpa o destino?, 1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
CORDILLEIRAS
Cordilleira alpina que forma o extremo oriental dos Alpes, entre Austria e Eslovenia, e constitúe unha prolongación dos Alpes Cárnicos. Separa os vales do Drava e do Sava. Atravésaa un túnel de 8 km, aberto en 1909, que une Austria con Ljubljana e Trieste por ferrocarril. Un segundo túnel, acabado en 1991, une por estrada Austria e Eslovenia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia autónoma de Acerbaixán (4.400 km2; 193.300 h [estim 1991]). A capital é Stepanakert (55.300 h [1996]).
-
CIDADES
Cidade da provincia de Punjab, Paquistán (200.901 h [1992]). É un centro industrial en expansión, con industria téxtil algodoeira, fariñeira e granxas estatais produtoras de leite e cría de ovellas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor indio. Considerado o principal escritor en lingua malaialam do s XX, escribiu máis de 40 novelas e 600 relatos, en que reflicte a sociedade do seu contorno e fai unha defensa especial das castes máis baixas. Destacou cunha colección de contos (1934) e coas novelas Thottiyude Makan (O fillo do basureiro, 1947) e Kayar (A corda, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ṣ aqqāra.
-
FILOSOFOS
Filósofo hindú. Os seus comentarios aos Brahma-sūtra de Bādarāyana, aos principais Upani ṣ ad e ao Bhagavad-Gītā fano o principal representante do Vedānta e da filosofía advaita.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Hyōgo situada na illa de Honshū, Xapón (205.993 h [1997]). Atravesada polo río Muko, é unha cidade balneario.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Lampung, situada na illa de Sumatra, Indonesia (284.275 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título dado aos vinte e catro patriarcas da tradición xainista, coñecidos tamén como jina, e que ten o significado de ‘alma perfecta’, ‘santo.’ Unicamente os tres últimos (Ari ṣṭ anemi, Pārśiva e Mahavira) semellan ter unha base histórica.
-
PERSOEIRO
Escritor e político. Considerado un dos novelistas máis notables da literatura turca contemporánea, escribiu Hüküm gecesi (A noite do xuízo, 1927) e Yaban (O estranxeiro, 1932).
VER O DETALLE DO TERMO