"Lara" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

  • Documento elaborado pola Sociedade das Nacións en 1924 e aprobado polas Nacións Unidas en 1959 co obxectivo de garantir e defender os dereitos da infancia en todo o mundo. Do seu contido destaca o sostemento da necesidade dunha protección especial da infancia, a garantía do seu completo desenvolvemento físico, mental, moral e social, a defensa do neno sen ningún tipo de discriminación, a esixencia da prestación universal dun ensino gratuíto e obrigatorio, e a prohibición de calquera tipo de explotación infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas, trala terceira reunión sobre os dereitos do animal celebrada en Londres do 21 ao 23 de septembro de 1977. A declaración proclamada o 15 de octubro de 1978 pola Liga Internacional, as Ligas Nacionais e as persoas físicas asociadas a elas, foi aprobada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura (UNESCO), e posteriormente pola Organización das Nacións Unidas (ONU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de declarar.

      1. Que se mostra abertamente e non de forma encuberta.

      2. Aplícase á persoa que declara abertamente que posúe unha calidade ou actitude determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen declara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen declara, particularmente, o que o fai perante un xuíz ou unha autoridade competente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Manifestar alguén publicamente algunha cousa.

      2. Dar a coñecer algo que se mantiña oculto ou que pertencía á intimidade dunha persoa.

      3. Dicir alguén, perante a autoridade competente, todo o que sabe sobre os feitos que se xulgan ou se investigan.

      4. Comunicar pública e oficialmente o inicio dunha acción hostil.

      1. Comunicar á autoridade competente, especialmente nunha alfándega ou nunha situación semellante, os produtos que se transportan para efectuar o pagamento correspondente do seu imposto.

      2. Manifestar a unha autoridade administrativa a natureza e a cantidade da base impoñible e os datos esixidos para o pagamento dun tributo.

    1. Dar a coñecer, pública ou oficialmente, alguén que ten autoridade para facelo, a súa consideración sobre o estado ou a condición de algo ou de alguén.

    2. Expresar alguén o seu estado ou condición.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que declara ou explica unha cousa que de por si non está clara.

    2. Aplícase ao xuízo que ten como finalidade obter do xuíz a declaración da existencia dun dereito anterior.

    3. oración enunciativa.

    4. erbo que expresa a enunciación pura e simple dunha aserción, como dicir, contar, declarar ou anunciar, por oposición aos verbos de opinión, que implican que non se asume a aserción que introducen (crer) ou que esta se presenta como unha opinión (pensar).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que explica ou declara algo que estaba dubidoso.

    2. Aplícase ao pronunciamento xudicial que proclama a existencia ou non dunha calidade ou dun dereito, sen conter un mandamento executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de Xúpiter, descuberto en 1905 por C. D. Perrine, que ten un diámetro duns 76 km e un período de revolución arredor de Xúpiter duns 260 días.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manchar algo, especialmente a cara, as mans ou a roupa.

    2. Poñerse sucio alguén, especialmente a cara, as mans ou a roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e profesora. Formouse con Blas Lourés e realizou estudios de esmalte e talla na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago. Especializouse na pintura ao óleo. As súas obras caracterízanse polo debuxo e a cor. Realizou exposicións nas principais cidades galegas, en León e Madrid, e participou, entre outras mostras colectivas, nas mostras Imaxes a carón da aula (1989-1992) e na Exposição Internacional de Artes Plásticas de Vendas Novas (Portugal, 2001). A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Universidade de Santiago de Compostela e na Deputación de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fillos ou anovos dunha planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico. Editor de Cuadernos Hispanoamericanos, publicou, entre outras obras, Las piedras (Premio Adonais 1963), Música amenazada (1966), Las rubáiyátas de Horacio Martín (Premio Nacional de Literatura 1978), Memoria del flamenco (Premio Nacional de Flamencología e Premio Hidalgo 1980), Biografía. Poesía completa (1958-1984) (1986), Sobre el amor y la separación (1996) e Té con pastas (2000). É membro da cátedra de Flamencología y Estudios Folklóricos andaluces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce hilaridade.

    2. Óxido nitroso que se emprega como anestésico e que se caracteriza polo feito de provocar hilaridade antes de insensibilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode declarar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberana dos Países Baixos (Isabel I; 1598-1633), filla de Filipe II e de Isabel de Valois. Xunto co seu futuro marido, o arquiduque Alberto de Austria, foille concedida a soberanía dos Países Baixos, cunha independencia nominal; morto Alberto, a soberanía foille confirmada pola coroa ao final da Tregua dos Doce Anos (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Río da Península Escandinava. Nace en Noruega, onde recibe o nome de Trysilev e penetra en Suecia, onde desemboca no lago Vänern, despois dun percorrido de 347 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NO de Venezuela (19.800 km2; 1.581.121 h [estim 2001]). A capital é Barquisimeto. Limita ao N con Falcón, ao L con Yaracuy, ao SL con Cojedes, ao S con Portuguesa e Trujillo, e ao O con Zulia. O relevo é montañoso. Ao N sitúase o sistema montañoso do Caribe e no S os contrafortes andinos de Sierra Nevada de Mérida. O clima é tropical. O río principal é o Tocuyo. O contorno da capital concentra máis dun 50% do total do estado. É o primeiro estado produtor de millo do país. Ten minas de mercurio en San Jacinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede da mitoloxía romana. Levaba o nome de Lara ou Lala (‘a larapetas, a lingoreteira’) unha ninfa do Lacio que descubriu o plan que Xúpiter tiña para capturar a Iuturna, de quen estaba namorado. Na tradición oriental existe unha santa Lara (s IV), mártir grega baixo a persecución de Domiciano que non figura no santoral.

    VER O DETALLE DO TERMO