"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • Separar aquilo que estaba englobado nun elemento máis amplo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros, da familia dos escarabeidos, que na fase de eiruga supón unha praga para os cultivos de cereal ao afectarlles á raíz e reducir os rendementos de produción da semente, ou mesmo matar as plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de tenias ao que pertence a especie D. latum, que para completar o seu ciclo vital ten como hospedeiros: primeiro os copépodos, logo os peixes e, por último, os depredadores destes, entre os que está o home -ó que lle afecta cando inxire os peixes crus, mal cociñados ou afumados-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie que completa o seu ciclo por medio de dous individuos, as máis das veces de aparencia distinta, como é o caso dos fentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • diblástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incluír unha cousa dentro de si outra.

    2. Reunir diversas cousas nun todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular das herbáceas do xénero Epilobium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das onagráceas, perennes, de follas simples enteiras e opostas ás inferiores, flores hermafroditas tetrámeras e actinomorfas de pétalos de cor rosa ou branca e cos 8 estames insertos nun hipanto. As sementes presentan un penacho de pelos, feito que lles permite a dispersión anemócora. Das 200 especies que comprende o xénero, en Galicia están presentes as E. angustifolium e E. collinum na metade leste, en matogueiras e bosques; E. duriaei, na metade leste, en ambientes húmidos da montaña; E. hirsutum, E. lanceolatum, E. parviflorum e E. palustre, en ribeiras e beiras de lagoas e regatos; E. montanum, en bosques e sebes da metade leste e E. obscurum e E. tetragonum en prados e lugares húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na marxe esquerda do río Llobregat (46.810 h [1996]). A partir dos anos cincuenta, a recuperación da actividade industrial e a inmigración convertérono nun municipio catalán cun alto grao de industrialización; traballa neste sector o 42% da poboación. Os principais sectores son o téxtil, as artes gráficas e os produtos químicos, farmacéuticos e plásticos. Tamén tivo un gran desenvolvemento o sector servicios, mentres que a agricultura apenas ten relevancia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa Magdalena, medieval, e reconstruída no s XVI, o convento de Montsió (s XIV e XV) e a Torre Lleóns, casa do s XVI construída sobre unha vila romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Base sobre a que descansa unha columnata.

    2. Cada unha das lousas que compoñen a base sobre o que se erixe unha columna.

    3. Plano de apoio das columnas dunha columnata.

    4. Chanzo superior da escalinata dun templo sobre o que descansan as columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo mariño que necesita que haxa unha elevada concentración de sal no medio no que habita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático alemán. Fundador da lóxica matemática moderna, foi un dos pensadores que máis contribuíu a conformar a filosofía do s XX, ao crear importantes conceptos no eido da filosofía da linguaxe, que denominou ideografías. Profundizou, ao longo da súa vida, no problema da natureza dos números naturais e na fundamentación da aritmética. O seu obxectivo final, denominado programa loxicista, consistía en reducir a artitmética á lóxica, para o que definiu as nocións aritméticas a partir de nocións puramente lóxicas e deduciu os axiomas aritméticos a partir de principios lóxicos. Non obstante , ante as limitacións da lóxica tradicional, elaborou unha nova lóxica máis precisa e potente que permitía desenvolver a matemática a partir dela. Entre as súas obras destacan Begriffsschrift, eine der arithmetischen nachgebildete Formelsprache des reinen Denkens (Ideografía: unha linguaxe formalizada do pensamento puro a base da linguaxe aritmética, 1879) e Grundgesetze der Arithmetik (Leis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das proteínas globulares presentes no sangue que comprenden as inmunoglobulinas (Ig) responsables da resposta inmune. Teñen unha estrutura complexa e un metabolismo particular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está considerado en conxunto ou na súa totalidade.

    2. Relativo ou pertencente ao globo terráqueo.

    3. Método empregado para o ensino da lectura e da escritura, que comeza fixándose na palabra ou frase completa, para chegar, nun segundo momento, á descomposición en sílabas e letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de globalizar.

    2. Proceso cognoscitivo, propio da psicoloxía infantil, que consiste en percibir, dunha maneira complexa e xenérica, un conxunto e pasar, na seguinte fase, á análise dos compoñentes particulares. Emprégase o método global para o ensino da lectura e da escritura.

    3. Intensificación da internacionalización da produción e dos intercambios, coa constitución dun mercado global. Esta tendencia á uniformización estivo facilitada polo progreso técnico, a internacionalización dos servicios e a homoxeneización das regulacións. A caída do Muro de Berlín desencadeou unha crecente mundialización dos enfoques políticos e incluso un desexo de internacionalización da xustiza. Paralelamente, xurdiu un movemento antiglobalización, de rexeitamento ao capitalismo e ao modelo neoliberal, que acusa o sistema de inxusto e amoral, e leva a cabo numerosas campañas e accións de protesta paralelas ás grandes reunións económicas e políticas internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se dá de xeito global.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Considerar algo en conxunto ou de xeito global.

    2. Estenderse algo por todo o mundo, ou por unha zona moi ampla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos odontocetos, da familia dos delfínidos, ao que pertence o calderón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos, da orde dos foraminíferos, de forma globosa, que conta cunha cuberta calcaria constituída por lóculos esféricos distribuídos en espiral irregular. As cubertas destes protozoos constitúen unha parte importante da lama abisal.

    VER O DETALLE DO TERMO