"Luca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 69.

  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e cronista. Bispo de Tui (1239-1249), combateu a herexía albixense en De altera vita fideique controversiis adversus albigensium errores libri tres (1612). Escribiu Vita Sancti Isidori e Chronicon mundi (1236), que constitúe un intento de historia xeral da Penínula Ibérica ata 1236. É unha obra acrítica, pero relevante para o estudo da épica castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente da Junta de Castilla y León polo Partido Popular (1991-2001), ministro da Presidencia (2001-2002) e presidente do Senado en (2002-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. O seu estilo é o resultado da unión das influencias italianas recibidas a través do seu mestre C. Engebrechtszoon, con elementos fantásticos que teñen orixe na pintura de H. Bosch. O seu naturalismo anuncia a pintura holandesa do s XVII. Entre as súas obras destaca Lot e as súas fillas, o tríptico do Xuízo Final (1526) e os gravados Ecce Homo e Camiño do Calvario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1841 expuxo na Academia de San Fernando e, en 1850, colaborou na decoración do Teatro Real de Madrid. Foi tenente da Milicia Nacional en 1856. Romántico, foi un bo retratista e destacou polas súas escenas populares, nas que se aprecia o influxo de Goya. O seu fillo Eugenio Lucas Villaamil (Madrid 1858-1918) tamén foi pintor. Continuou a obra do seu pai, cun estilo moi semellante pero de menor calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Método de identificación de alcois primarios, secundarios ou terciarios, que se fundamenta na medida da velocidade de reacción dos distintos alcois ao producirse a reacción con HCI en presenza de ZnCl2:

    FORMULA

         

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Dirixiu THX 1138 (1971), American Grafitti (1973) e a saga espacial Star Wars (1977-2005). Tamén coproduciu e creou as películas sobre o personaxe de Indiana Jones (1981-2006), dirixida por Spielberg. En 1971 creou a compañía Lucasfilm Ltd (1971), que evolucionou a Lucas Digital Ltd, onde se inclúe Industrial Light & Magic (ILM) que se dedica aos efectos especiais e que foi galardoada cun Oscar por Forrest Gump (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Estudiou e foi profesor da Universidade de Chicago. Foi o principal representante da denominada Macroeconomía Clásica. Recibiu o Premio Nobel en Ciencias Económicas (1995) por desenvolver e aplicar a hipótese das expectativas racionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xudeu helenizado. Evanxelista, foi discípulo de san Paulo. Considérase un dos autores tradicionais dos Evanxeos (o terceiro) e do Libro dos Feitos dos Apóstolos. Acompañou a san Paulo a partir da súa segunda viaxe por Grecia e Italia. Segundo a tradición foi célibe e morreu aos 84 anos; outras narracións considérano membro do grupo de discípulos de Xesús Cristo, pintor e mártir. Patrón dos médicos e dos artistas, na iconografía viste a túnica e palio dos apóstolos e leva como atributos un boi ou touro alado ou sen ás, símbolo de evanxelista, instrumentos de medicina e cirurxía, unha táboa ou icona coa imaxe da Virxe ou un pincel na man. É titular de tres parroquias e patrón dos concellos de Chantada, Mondoñedo e Pastoriza. A súa festividade celébrase o 18 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Foi membro da comisión do mapa xeolóxico de España. Escribiu Sinopsis de las especies fósiles que se han encontrado en España (1875-1892), Los males de la patria y la revolución española (1890) e Explicación del mapa geológico de España (1895-1911). Foi membro da Real Academia de Ciencias (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Residiu na Corte dos Medici, en Florencia, onde estivo en contacto coa Camerata Fiorentina. É autor de madrigais vinculados á escola veneciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Coñecido como Lucio Marineo Siculo, foi o historiador oficial de Fernando II de Aragón (1500). Escribiu De laudibus Hispaniae (1495) e De genealogia regum Aragonum (1509), obras que incluíu en De rebus Hispanae memorabilibus opus (1530), onde representa unha síntese da interpretación humanística e providencial do reinado dos Reis Católicos. Tamén publicou un Epistolarum familiarum libri XVII (1514).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Foi rexedor da súa vila natal ao tempo que compoñía versos en castelán e latín. En 1697 presentouse ás Festas Minervais de Santiago de Compostela, onde gañou cun soneto. Escribiu o texto manuscrito Teatro de los prelados de la Iglesia de Mondoñedo (1730).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago de Indonesia que está situado no Océano Pacífico, entre as illas Célebes ao O, Nova Guinea ao L e Timor ao SO (74.505 km2; 1.205.539 h [2000]). Forman unha provincia, con capital en Ambon. Está constituído no N polas pequenas illas volcánicas de Morotai, Bacan, Obi e a illa Halmahera, a máis grande; no centro, polas illas de Buru e Seram; e en dirección SL polo grupo das illas Tanimbar. O clima é cálido, afectado pola influencia do monzón. A vexetación é de bosque e sabana. Durante moito tempo foron as principais produtoras mundiais de noz moscada e de cravo, e tamén tiñan produción de cocos e cultivos de arroz e copra na costa. Islamizadas no s XV, foron disputadas por portugueses e casteláns e repartidas polo Tratado de Tordesillas (1494). En 1529 Carlos V cedeu os seus dereitos sobre as illas a Portugal. En 1641 os neerlandeses anexionaron o arquipélago ás súas colonias indonesias, ata que no s XVIII, a baixada do prezo das especias e a resistencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar de Indonesia situado entre a illa Halmahera, a máis setentrional do arquipélago das Molucas, e as illas Célebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas unicelulares, da división das dinófitas, que presenta figura arredondada, abondosas no plancto mariño. Moitas delas son bioluminiscentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Coñecido como Luca di Borgo, ingresou na orde franciscana. Profesor en numerosas cidades italianas, foi autor do primeiro tratado xeral de aritmética e álxebra impreso. Publicou tamén Divina proportione, con debuxos de Leonardo da Vinci, e traduciu ao latín os Elementos de Euclides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.687 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias téxtiles, alimentarias e da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui (1771-1774). Pertenceu á orde franciscana, da que foi provincial e doutorouse na Universidad de Sevilla. Foi bispo auxiliar de Cartagena (1761), bispo titular de Tunes (1761), bispo de Chiapa (Guatemala, 1769) e arcebispo de Santa Fe (Bogotá, 1769), sé a que renunciou para ser prelado de Tui, conservando o título de arcebispo-bispo. Foi un dos creadores da biblioteca episcopal. Publicou Defensa de la Doctrina de Santo Tomás (1773).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento que derrubou o réxime salazarista en Portugal en 1974, restableceu as liberdades democráticas e promoveu transformacións sociais no país. A decadencia económica e o desgaste orixinado pola guerra colonial provocaron o descontento nas Forzas Armadas e na poboación, mentres que a ausencia de liberdade e os abusos da policía política favoreceron a aparición dun movemento contra a ditadura. A revolución iniciouse o 25 de abril de 1974, cando empezou a soar nunha emisora de radio o tema “Grândola, Vila Morena” de Zeca Afonso. Marcelo José das Neves Caetano foi deposto polos militares e o xeneral António Sebastião Ribeiro de Spínola, xefe-adxunto do Estado Maior das Forzas Armadas, asumiu a presidencia. Legalizáronse os partidos políticos, incluíndo o Partido Comunista Português (PCP) e o Partido Socialista (PS). Portugal entrou nun período de grande axitación revolucionaria e Spínola renunciou ao goberno en setembro, que pasou a ser exercido polo Movimento das Forças Armadas (MFA),...

    VER O DETALLE DO TERMO