"Māra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • Boletín editado na cidade de Pontevedra a partir do ano 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual en castelán aparecida no ano 1933 en Santiago, editada pola Cámara de la Propiedad Urbana de Santiago, sita na rúa do Vilar, 1. O sumario do seu número nove (Ano XII-Xullo de 1945) inclúe as seguinte seccións: “Reaparición”, “Labor de la Cámara”, “Actuación general de la Cámara en defensa de la Propiedad Urbana”, “Legislación”, “Jurisprudencia” e “Avisos”. Nel aparecen artigos sobre o funcionamento orgánico da Cámara, leis e servicios que ofrece aos seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu en Vigo en 1933, tendo como antecesor un boletín que apareceu no ano 1922 na mesma cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu na Coruña no ano 1927.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada no último cuarto do século XX en Vilagarcía de Arousa. Estaba subtitulado como “Boletín mensual de la Cámara oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vilagarcía”. De carácter informativo, en especial sobre aspectos da economía e da industria, servía como voceiro da devandita institución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Lugo en 1913. Tiña periodicidade mensual e constaba de oito follas xunto a unha cuberta. Non tiña prezo nin pé de imprenta. Da súa administración e redacción encargábase a propia Cámara de Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Vilagarcía de Arousa no ano 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liñaxe galega, oriúnda de Portugal, que se estendeu a Santander, Burgos, Araba, Guadalajara, Soria, Murcia, Logroño e Valladolid. A esta caste pertenceu a heroína coruñesa Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita. Os de Galicia e Castela levan como armas: en campo de ouro, un corazón de goles atravesado por unha frecha de prata e cantonado de catro ventás de azul, cargadas con cadansúa flor de lis de ouro. Algúns recollen, en campo de sable, un castelo de prata cunha soa torre e dous lobos de ouro empinados aos seus muros. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de prata, catro faixas de azul; segunda partición, en campo de prata, cun león rampante da súa cor.

      1. Compartimento ou estancia principal dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Sala ou conxunto de salas dunha residencia reservada ao soberano, aos seus familiares ou á corte, accesible só a determinados oficiais e servidores, aos embaixadores e persoas de rango elevado.

      3. Departamento dun navío destinado ao aloxamento e á estadía dos pasaxeiros, do capitán e dos oficiais. En moitos casos localízase na parte central do barco e constitúe o compartimento principal, e con frecuencia, o único.

      4. Cada un dos departamentos do casco dun navío separados por tabiques ou pranchas, como a cámara de máquinas, a cámara de caldeiras ou a cámara de aloxamento.

      5. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. cámara acoirazada

        Local revestido de pranchas de aceiro e provista de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte cando a súa capacidade é insuficiente.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Compartimento ou estancia principal dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Sala ou conxunto de salas dunha residencia reservada ao soberano, aos seus familiares ou á corte, accesible só a determinados oficiais e servidores, aos embaixadores e persoas de rango elevado.

      3. Departamento dun navío destinado ao aloxamento e á estadía dos pasaxeiros, do capitán e dos oficiais. En moitos casos localízase na parte central do barco e constitúe o compartimento principal, e con frecuencia, o único.

      4. Cada un dos departamentos do casco dun navío separados por tabiques ou pranchas, como a cámara de máquinas, a cámara de caldeiras ou a cámara de aloxamento.

      5. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. cámara acoirazada

        Local revestido de pranchas de aceiro e provista de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte cando a súa capacidade é insuficiente.

      3. cámara de aire

        Espacio oco no interior dos muros que serve de illamento.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe galega, oriúnda de Portugal, que se estendeu a Santander, Burgos, Araba, Guadalajara, Soria, Murcia, Logroño e Valladolid. A esta caste pertenceu a heroína coruñesa Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita. Os de Galicia e Castela levan como armas: en campo de ouro, un corazón de goles atravesado por unha frecha de prata e cantonado de catro ventás de azul, cargadas con cadansúa flor de lis de ouro. Algúns recollen, en campo de sable, un castelo de prata cunha soa torre e dous lobos de ouro empinados aos seus muros. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de prata, catro faixas de azul; segunda partición, en campo de prata, cun león rampante da súa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superintendencia de finanzas da Igrexa Romana presidida por un cardeal camarlengo. Apareceu no s XI como financeira da curia e dos bens temporais da Igrexa, e nos ss XIII-XIV absorbeu algunhas funcións en materia penal e civil. Actualmente lle corresponde a defensa do patrimonio temporal da Igrexa, e o camarlengo goza de facultades extraordinarias en caso de desocupación da sé pontificia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta restritiva do Consello de Aragón que resolvía cuestións de tipo particular, tanto persoais coma locais. Estaba integrada xeralmente por representantes do país ou da rexión afectada. Ao ser suprimido o Consello de Aragón en 1707, a Cámara quedou adscrita ao Consello de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano da administración central da coroa de Castela, derivado do Consello de Castela, que actuaba como consello privado dos reis. Formado por Carlos I en 1518, ampliou as súas funcións cos monarcas Filipe II e Filipe III para a provisión de determinados cargos, concesión de títulos nobiliarios, indultos, etc. Suprimiuse ao comezo do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista profesional aparecida en outubro de 1986 en Lugo e subtitulada “Publicación de la Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Lugo”. Dirixida por Manuel López Castro, tiña como seccións: “Editorial”, “Opinión”, “Reportaje”, “Entrevista”, “Cámara”, “Cuadernos”, “Provincia”, “Galicia”, “España”, “Panorama” e “Humor”. Contén diversa información de carácter económico e comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal composto por ministros do Consello de Indias que exercía, nos dominios de ultramar, as mesmas funcións que a Cámara de Castela na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cámara baixa do Congreso dos EE UU. Consta de 435 membros, denominados congresistas, elixidos cada dous anos en proporción ao número de habitantes de cada estado. O Senado e a Cámara de Representantes están en condición de igualdade lexislativa, agás no caso do impeachment, e en materia de impostos, aspectos nos que unicamente a Cámara de Representantes posúe a iniciativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cámara baixa do Parlamento británico. Creada no s XIII, ao longo dos ss XIX e XX unha serie de reformas ampliaron progresivamente as súas atribucións e a súa representatividade. Os seus 651 membros elíxense por un período máximo de 5 anos; cada circunscrición electoral escolle un único membro da cámara mediante sufraxio universal directo e non poden ser elixidos os sacerdotes, os funcionarios e os pares se non renuncian aos títulos nobiliarios. Preside a cámara o speaker ou presidente, que dirixe os debates. Desde o inicio do s XX, o primeiro ministro elíxese entre os representantes dos comúns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cámara alta do Parlamento británico. Está constituída por tres pares de sangue real, 794 pares hereditarios, 375 pares vitalicios (19 lores de apelación e 338 pares vitalicios) e 26 pares espirituais (2 arcebispos e 24 bispos). Desde a fin do s XVIII perdeu a maior parte do seu poder en favor da Cámara dos Comúns. As súas facultades redúcense á posibilidade de exercer o dereito de veto por dous anos sobre as leis aprobadas pola cámara baixa. Con todo, os nove lores de apelación (Law Lords) exercen a función dun tribunal superior de apelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consello privado do rei de Inglaterra que recibiu o nome da cámara do pazo de Westminster onde se reunía. Fundada en 1487, inicialmente se encargaba de xulgar os delitos contra a Coroa, posteriormente ampliou as súas funcións para converterse en tribunal de primeira instancia. Aboliuna o Parlamento en 1641.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora. Licenciada en Belas Artes na facultade de San Fernando e profesora de debuxo, participou en varias exposicións colectivas e individuais como a II Mostra de Pintura (1989), a II Bienal de Artistas Galegas (1990) ou Galicia Solidariedade (1994). Das súas ilustracións destacan, entre outros, os títulos: A perla (1990), A lúa non está á venda (1990), Paulina ao piano (1991), Endrina e o segredo do peregrino (1992) e O príncipe feliz (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO