"Nina" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 120.

  • Polímero de substancias semellantes aos carotenoides, que confire unha gran resistencia á parede dos grans de pole e das esporas de determinadas especies vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide do grupo do indol, cristalino, velenoso e incoloro, que se localiza, xuntamente coa brucina, nas sementes de Nux vomica, nas doutras especies do xénero Strychnos, e tamén nas doutras plantas. A súa acción principal é a de estimulante cardíaco e do sistema nervioso central. Con doses de 0,03 a 0,1 g aparece unha tetania que afecta a toda a musculatura esquelética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido esencial, imprescindible na alimentación humana, que se presenta na composición de numerosas proteínas. É o precursor bioquímico de hormonas como a tiroxina e a adrenalina. A alteración ou a ausencia xenética de determinados enzimas do seu metabolismo ten como resultado estados patolóxicos como a oligofrenia fenilpirúvica ou a fenilalaninuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ficobilina de cor azul que absorbe o máximo de luz entre os 625 e os 630 nm. Este pigmento é o responsable da coloración azul das bacterias que o conteñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto que descubriu e estudiou R. P. Linstead en 1933, de fórmula relacionada coa de pigmentos naturais tan importantes como a clorofila e a hemoglobina.

    2. Calquera dos derivados metálicos da ftalocianina (co ión metálico unido por enlace electrovalente ou por enlaces covalentes cos catro átomos de N pirrólico, formando complexos moi estables) ou dos seus derivados substituídos nos aneis bencénicos. Entre estes derivados existen pigmentos e colorantes excelentes, de cores de gran viveza, intensidade e estabilidade. O máis importante é a ftalocianina cúprica, que é un pigmento de cor azul brillante. Os derivados haloxenados son pigmentos verdes, tamén moi importantes. Algúns ácidos sulfónicos que derivan destas ftalocianinas empréganse tamén como colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -benzoico: C19H17ClN2O4]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína do grupo das glutelinas que se atopan especialmente no trigo, do que se obtén por extracción cun álcali diluído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de mulleres de ideoloxía anarquista que actuou na Coruña entre 1933-1935, e integrado na FAI. Entre as súas compoñentes destacan Sebastiana Vitales, retornada de EE UU, e a sindicalista Laura López. Na Fronte Popular, o grupo converteuse no xermolo da organización Mujeres Libres da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base púrica que contén un grupo guanidínico. É unha das catro bases nitroxenadas que entran na constitución dos nucleótidos que forman parte da estrutura dos ácidos nucleicos (ADN e ARN). Interveñen en reaccións metabólicas de transferencia de enerxía ou grupos fosfato. Nas secuencias nucleotídicas represéntase pola letra G.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se obtén de Inula helenium e que se emprega coma antiespasmódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento respiratorio que contén e actúa como transportador de osíxeno. É unha proteína equivalente á hemoglobina pero cun átomo de cobre. Está presente en certos crustáceos e moluscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglutinina que se produce no sangue dun animal por inxección de sangue doutro animal dunha especie diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Epiro, Grecia (4.990 km2; 158.193 h [1991]). A súa capital é Iōánnina (56.699 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anticorpo que aglutina os eritrocitos doutros individuos da mesma especie. Preséntase normalmente no sangue e provoca a incompatibilidade dalgunhas transfusións sanguíneas, como no caso dos grupos AB0, Rh ou outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido de configuración L, intermediario na biosíntese da cisteína, nos mamíferos a partir da metionina, vía homocisteína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide tóxico contido no opio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da cidade e da oblast’ de Khodzhent de 1936 a 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da cidade armenia de Kumayri de 1924 a 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anticorpo que pode aglutinar os leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO