"OCR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 295.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político español de centro creado en 1982 por Adolfo Suárez tras abandonar UCD. Nas eleccións xerais de 1982 obtivo dous escanos no Congreso dos Deputados; nas de 1986, dezanove; nas de 1989, catorce; e nas de 1993, non obtivo ningún escano, feito que provocou a disolución do partido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade do ciclismo.
-
-
Heteroproteido presente en todos os organismos aerobios, que posúe un grupo prostético porfirínico con ferro e que é susceptible de intervir en sistemas redox mediante as variacións reversibles do estado de oxidación deste ión metálico. Actúa fisioloxicamente en procesos de oxidación-redución que teñen lugar no interior da célula. A concentración de citocromo nas células, onde se acumulan basicamente nas mitocondrias, está relacionada coa súa actividade respiratoria. Hai tres tipos de citocromos: o citocromo a, o citocromo b e o citocromo c, que se diferencian polos substituíntes do grupo hemo. Serven para o transporte de electróns nas cadeas respiratorias e a súa enerxía emprégase para a síntese de compostos de elevada enerxía de enlace, como o ATP.
-
Enzima hemoproteínico que, no último elo da cadea respiratoria, fai de ponte na transferencia de electróns dende os citocromos c ata o osíxeno molecular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento respiratorio verde do sangue de certos anélidos poliquetos. É unha proteína conxugada cun composto do grupo hemo. A súa estrutura e capacidade de transporte do osíxeno son similares ás da hemoglobina, pero se transporta de forma libre no plasma sanguíneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto electoral de ámbito estatal establecido para as eleccións lexislativas de 1979, entre Alianza Popular, de Manuel Fraga, Acción Liberal Ciudadana, de José María de Areilza, e o Partido Democrático Progresista, de Alfonso Osorio. Conseguiu nestas eleccións un total de nove escanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cranio de tipo cartilaxinoso que aparece en todos os vertebrados en estado embrionario e que persiste no estado adulto nos agnatos e condritios.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África ecuatorial, que limita ao N coa República Centroafricana, ao NL con Sudán, ao L con Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania, ao S con Zambia e Angola, ao SO con Cabinda e ao O cunha estreita franxa do Océano Atlántico e a República do Congo (2.344.858 km2; 43.139.000 h [estim 1999]). Esténdese entre os 5°N-13°S de latitude e os 12°-31° de lonxitude L. A capital é Kinshasa.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O territorio ocupa a maior parte da depresión tectónica da Cubeta do Congo. O centro está constituído por unha chaira de máis de 700.000 km2, cuberta de capas sedimentarias antigas e recentes; estas últimas localízanse sobre todo ao longo dos ríos. A altitude media da chaira é de 600 m, e o punto máis baixo é o lago Tumba (350 m). Circundan a depresión unha serie de altiplanos e dorsais periféricas formadas por rochas cristalinas e xistosas do antigo zócolo, cubertas de arxilas nas zonas dos altiplanos,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido de extrema esquerda, presente no Parlamento de Burkina Fasso. Fundouse en febreiro de 1996 como resultado da fusión de nove partidos de esquerda. Os seus postulados socialdemócratas refírense á aceleración do proceso de desenvolvemento económico e social de Burkina Fasso e á participación na loita pola emancipación en África. O seu secretario nacional é Roch Marc Christian Kabure.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político catalán. Naceu tras unha xuntanza clandestina en Montserrat o 17 de novembro de 1974, na que participaron diferentes representantes do nacionalismo catalán procedentes, entre outros, dos sectores sindicais, profesionais, culturais e universitarios. O comunicado final recolleu catro puntos básicos: democracia, sentido social, nacionalismo e europeísmo. O 3 de decembro de 1976 converteuse en partido político e Jordi Pujol i Soley foi nomeado secretario xeral. O 23 de febreiro de 1977 incribiuse no rexistro de asociacións políticas e en xuño do mesmo ano participou nas primeiras eleccións xerais da democracia na candidatura do Pacte Democràtic per Catalunya. En 1978 integrouse en CDC o partido Esquerra Democràtica per Catalunya, e Ramón Trias i Fargas converteuse no presidente da CDC, cargo que ocupou ata 1989. O 19 de setembro de 1978 formou, xunto con Unió Democràtica de Catalunya (UDC), a coalición electoral Convergència i Unió (CiU), vencedora nas eleccións autonómicas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político nado en marzo de 1976 tralo acordo de fusión das dúas forzas principais de esquerdas, a Plataforma Nacional de Convergencia Democrática e a Junta Democrática de España. O seu obxectivo foi constituírse en oposición á continuación do franquismo. A presentación pública do novo partido, que se coñeceu co nome de Platajunta, tiña previsto realizarse en Madrid o 29 de marzo de 1976, pero a conferencia de prensa foi prohibida pola autoridade gobernativa e os principais dirixentes da organización foron detidos. O partido rexeitaba a fórmula reformista que propuñan o presidente Adolfo Suárez e a oposición moderada ao franquismo, e defendía a chamada ruptura democrática, é dicir, o procedemento constituínte que, a través dun goberno provisional e dunhas eleccións xerais, puxese as bases dun novo sistema político. Como paso previo, reclamaba a liberación dos presos políticos e o retorno a España das persoas exiliadas, así como o restablecemento das liberdades políticas e...
-
REPUBLICAS
Ou Corea do Norte Estado de Asia Oriental que ocupa a parte setentrional da península de Corea e un sector continental. Limita ao N cos ríos Yalu (Amnok) e Tumen (Tuman), que a separan de China e Rusia, e ao S, pola liña de demarcación establecida ao redor do paralelo 38°, coa República de Corea (122.762 km2; 23.348.000 h [1998]). Esténdese entre os 43°-38° de latitude N e os 124° e 131° de lonxitude L. A capital é Pyeongyang.
Xeografía físicaRelevo, hidrografía e climatoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo de Corea do Norte caracterízase por ser moi accidentado, con profundos e estreitos vales. O sistema montañoso ten unha dirección NO-SL, no que destaca a aliñación de Nangnim-sanmaek. O cumio máis importante é o monte Paektu (a 2.744 m de altitude), na fronteira con China. As chairas ocupan unha quinta parte do país e localízanse, sobre todo, na costa occidental. Case todos os ríos discorren en dirección O, cara ao Mar Amarelo.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á textura e á estrutura dun agregado cristalino integrado por unidades equidimensionais e de gran tan extremadamente fino que non se pode recoñecer nin co microscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de cobre e cromo, este último nunha porcentaxe dun 1% a un 10%. Cando a proporción de cobre é inferior a un 1%, a aliaxe ten a mesma condutividade eléctrica que o cobre e unha resistencia mecánica moito máis alta. Emprégase como electrodo en soldadura eléctrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte e ciencia da xestión dos montes, especialmente para aumentar a súa produtividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á dasocracia.
-
PERSOEIRO
Arquitecto grego. Atribúeselle a construción, en colaboración con Paeonius, do templo de Ártemis en Éfeso (356? a C) e a realización do plano urbanístico de Alexandría.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Doutrina política que defende a intervención do pobo no goberno e na elección dos gobernantes. O termo democracia xurdiu na Grecia antiga no s V a C como un sistema político no que o poder do goberno ou kratia era detentado e exercido polo pobo, en contraposición a outras formas exclusivas de goberno como a aristocracia, a plutocracia ou a oligarquía. En Roma, a forma de goberno democrática consolidouse varios séculos, pero foi subsituída pola proclamación do Imperio, aínda que a civilización romana achegou unha tradición republicana baseada na soberanía popular sobre os asuntos públicos, que se expresaría no medievo no Dixesto. As bases da democracia moderna establecéronse en Inglaterra no s XVII. A promulgación da Bill of Rights (1688) e as formulacións teóricas de Locke ou Hobbes, debuxaron un estado derivado dunha convención entre os homes libres que acordaron entre si a formación dunha entidade capaz de garantir os seus dereitos. Montesquieu, Rousseau e outros pensadores...
-
democracia cristiá
Conxunto de movementos, partidos políticos e sindicatos que poñen ao servizo da democracia a doutrina dos Evanxeos. Xurdiu como un intento de reconciliar o cristianismo co novo mundo xurdido da Revolución Francesa e liberar a Igrexa do seu compromiso co Antigo Réxime. Definiu unha ideoloxía que combinaba a concepción católica de xustiza social coas ideas liberais sobre a democracia política. As raíces atópanse en dous movementos paralelos, pero distintos, de mediados do s XIX: o catolicismo liberal e o catolicismo social. Trala oposición de diversos pontífices, Pío IX, León XIII e Pío X, á creación dun partido democratacristián, desde o papado de Benedic22to XV xurdiron os primeiros partidos: Luigi Sturzo fundou o Partito Popolare Italiano (1918), antecedente da democracia cristiá actual (Partito Democrazia Cristiana). Máis tarde apareceron o Parti Démocrate Populaire (1924) (Mouvement Républicain Populaire), a Unió Democràtica de Catalunya (UDC, 1931) e a Falange Nacional Chilena...
-
democracia directa
Sistema político no que o pobo exerce a soberanía sen a intervención dun organismo representativo. O pobo intervén directamente, non só na elección dos cargos, senón tamén en tarefas lexislativas e executivas a través de asembleas, como sucedeu nas polis gregas, logo recuperadas por Rousseau. As características económicas, sociais, territoriais e demográficas do moderno estado-nación fan imposible o desenvolvemento da democracia directa, aínda que se deseñan determinadas fórmulas para a participación dos cidadáns na toma de decisións, como son as asembleas directas, onde o corpo electoral discute e adopta decisións, como os Landsgemeinden (“asembleas comunais”) suízos, ou nas asembleas de veciños, como o réxime de concello aberto en España, para municipios cunha poboación inferior a cen habitantes.
-
democracia orgánica
Sistema político no que a expresión da vontade popular se canaliza por medio de agrupacións naturais das persoas nos seus ámbitos de relación básicos: a familia (marco primario de desenvolvemento social), o municipio (espacio fundamental de convivencia) e o sindicato (entendido como asociación de produtores). Foi o réxime político vixente en España dende a aprobación do Fuero de los Españoles (17.7.1945) ata a promulgación da Ley de Reforma Política (4.1.1976).
-
democracia política
Conxunto lexislativo e constitucional que asegure o libre exercicio das liberdades políticas, entre outras, as de asociación, de expresión e de reunión.
-
democracia popular
Réxime político establecido ao final da Segunda Guerra Mundial en diversos estados do leste e do surleste de Europa. Creouse baixo a dirección dos partidos comunistas como unha forma estatal no período de transición do capitalismo ao socialismo e como unha modalidade da ditadura do proletariado. Caracterízase pola socialización dos medios de produción, a planificación social e económica centralizada e o monopolio do poder en mans dunha elite do partido comunista.
-
democracia representativa
Sistema político no que o pobo exerce a soberanía mediante a elección periódica polo corpo electoral dos órganos representativos. O pobo elixe os seus gobernantes a través das eleccións políticas e estes represéntano nas tarefas gobernativas. O sistema impera, trala Segunda Guerra Mundial e a descolonización, na maioría de estados democráticos dos cinco continentes.
-
-
País cun sistema de goberno democrático.
-
Sistema de participación de todos os membros dunha organización na toma de decisións.
-
...
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida o 21 de marzo de 1936 en Ourense subtitulada “Órgano de Unión Republicana”. Cesou probablemente en xullo do mesmo ano. Contou coa colaboración de Rafael Romero Gracia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade trisemanal aparecida o 20 de outubro de 1868 en Pontevedra. Fusionouse con outros periódicos e pasou a titularse La Democracia, La República Federal e La Democracia Republicana. Levaba por subtítulo “Periódico defensor de las ideas democráticas” e imprimíase nos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal e Cía. No seu equipo de redacción figuraba Nicanor Rey. Entre os seus obxectivos destacaba facer públicas todas as cuestións que non fosen acordes con respecto aos principios da revolución da Gloriosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en 1996, liderada por Enrique Marfany. De orientación centrista e autonomista, presentou a súa candidatura en todos os procesos electorais celebrados a partir de 1997. Trala celebración das eleccións municipais de 1999 os seus candidatos accederon ás alcaldías dos concellos de Ordes, Touro e Xinzo de Limia. Concorreu ás eleccións autonómicas de 2001 formando parte da federación Democracia Progresista Galega.