"Ourense" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 43.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución relixiosa situada en Ourense. Desde a súa fundación en 1804 polo bispo Pedro Quevedo Quintana e baixo a advocación de San Fernando, a súa sede estableceuse no antigo colexio da Mercé, entre o colexio da Compañía de Xesús e a igrexa de Santa Eufemia do Centro. Ao concibirse cunha finalidade pedagóxica, implantáronse nel as cátedras de Filosofía, Lugares Teolóxicos, Teoloxía Escolástica, Concilios, Sagrada Escritura e Teoloxía Moral, que conseguiron a súa incorporación á Universidade de Santiago de Compostela baixo o bispado de Dámaso Iglesias Lago (1818-1840). Durante os bispados de Blanco Nájera (1946-1952) e Temiño Sáiz (1952-1987) construíronse nas aforas da cidade dous novos edificios aos que se trasladou definitivamente a institución: o Seminario Maior Divino Maestro e o Seminario Menor A Inmaculada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable editado en Ourense ou en Salamanca por Juan Gherlinc en 1503. Os continuos movementos deste impresor itinerante, que tivo obradoiros en Monterrei, Braga, Salamanca e Ourense, fan moi difícil establecer o lugar exacto de edición desta obra elaborada en folla voante a catro columnas e con tipos góticos. Consérvanse tres exemplares no Arquivo Capitular de Ourense.
-
PERSOEIRO
Virxe e mártir. Avogosa das mulleres estériles, a súa festividade celébrase o 16 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO