"PCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 73.
-
GALICIA
Pintora. Formouse na Coruña, Madrid, Londres e París. As súas paisaxes, ao óleo ou á augaforte, caracterízanse pola mancha firme, o debuxo e un cromatismo baseados nos azuis intensos, brancos, vermellos, terras e ocres. Realizou exposicións en diversas cidades españolas, Lisboa e México D. F.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ineptitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festividade celebrada o 8 de decembro para conmemorar a crenza de que María, en virtude da graza preventiva de Xesús Cristo, fora preservada do pecado orixinal desde o instante en que foi concibida. Sen testemuño explícito na Biblia, esta doutrina foi aprobada por Sisto IV (1476) e definida como dogma de fe por Pío IX (8.12.1854) na bula Ineffabilis Deus, tras moitos séculos de discusións teolóxicas e despois dunha tradición piadosa popular ben asentada en España desde o s XVII. Non obstante , grandes teólogos, como san Bernaldo de Claraval, santo Alberte o Magno, san Boaventura, san Tomé de Aquino e, posteriormente, a escola dominicana, de acordo co principio da universalidade do pecado orixinal, opuxéronse a esta doutrina; os seus principais defensores foron os franciscanos. De raizame oriental, a celebración nace no s VIII en ambientes bizantinos e do Mediterráneo pasou a Irlanda; no arquivo da catedral compostelá xa se documenta en 1262. Daquela festexaba a concepción...
-
VER O DETALLE DO TERMO
interceptación.
-
-
Acción e efecto de interromper ou interromperse.
-
Suspensión da execución dunha secuencia que queda substituída automáticamente e obrigatoriamente por outra secuencia independente e fixa.
-
-
-
Sistema de crecemento que se consegue pola intercalación dun material, da mesma natureza ou non, sobre outro xa existente, como é o crecemento en grosor da membrana celular.
-
Acción de penetrar ou repregarse unha capa de células ou unha membrana dentro doutra.
-
-
-
Acción de irromper.
-
Invasión dunha masa de aire frío de orixe polar despois do paso dunha familia de ciclóns.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na baía de Algeciras, e que limita co territorio de Xibraltar (59.437 h [2001]). É un núcleo urbano de construción moderna, destaca como porto e centro comercial. A poboación activa moi influída polo territorio de Xibraltar dedícase principalmente á pesca e ás actividades industriais derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Exipto 345? - Palestina 421) Penitente. Convertida ao cristianismo despois de ter unha visión en Xerusalén, retirouse a vivir no deserto durante 47 anos. O seu sepulcro, en Palestina, foi moi visitado no s VI. A súa festividade celébrase o 2 de abril.
-
GALICIA
Pacifista. Coñecida como Conchita ou Connie, manifestouse desde 1981 na praza Lafayette, diante da Casa Branca, para que lle concedesen a patria potestade da súa filla e contra diversas causas como a actividade nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Coñecida como Conchita Martínez, é profesional desde 1988. Gañou o Torneo de Wimbledon (1994), cinco títulos da Copa Federación (1991, 1993, 1994, 1995 e 1998), catro títulos no Aberto de Roma (1993, 1994, 1995 e 1996), a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996), ambas as dúas con Arantxa Sánchez Vicario como parella de dobres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Amiga de F. García Lorca, Rafael Alberti e Luis Buñuel, casou en 1931 con Manuel Altolaguirre, con quen fixo de voceira da Xeración do 27. Da súa produción poética, na que aproveita as innovacións da súa época sen desapegarse da herdanza clásica e popular, destaca Inquietudes (1926), Surtidor, (1928), Canciones de mar y tierra (1930), El personaje presentido (1931), Vida a vida (1932), El carbón y la rosa (1935), Niño y sombras (1936), Lluvias enlazadas (1939), Sombras y sueños (1944) e Vida o río (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Propagandista e librepensadora. Xastra de profesión e de ideario próximo ao socialismo, participou en convocatorias públicas que se realizaron en Betanzos ou Santiago de Compostela, a prol da liberación dos anarquistas encadeados tras os sucesos de maio de 1901 na Coruña. A súa presenza en mitins políticos do século XX era motivo de escándalo no contorno da Igrexa Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en Sierra Morena e regado polo río Retortillo (1.874 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandaría, e compleméntase coas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á celebración do casamento.
-
Aplícase aos fenómenos asociados aos períodos de apareamento dos animais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número proporcional de matrimonios contraídos nun tempo e nun lugar determinado. Para coñecer a súa frecuencia, úsase a taxa bruta de nupcialidade, e para que o índice sexa preciso, considéranse as irregularidades na distribución por idades a causa da baixa da taxa de nacementos (guerras, epidemias) e as diversas formas de unión conxugal (monogamia, poligamia, unión libre).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Matrimonio entre dúas persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de ocultar ou falsear a verdade para obter algunha cousa. OBS: O grupo consonántico br é heterosilábico e as dúas consoantes b-r pronúncianse separadas.
-
-
Facultade de optar ou escoller.
-
Elección ou escolla que se fai entre dúas ou máis cousas.
-
Cada unha das posibilidades que hai para elixir entre varias cousas.
-
Posibilidade que se ten de conseguir algo, como un cargo ou un oficio.
-
Dereito de preferencia que nas sociedades anónimas se lles concede aos accionistas para adquirir participacións nas sucesivas ampliacións de capital.
-
Prioridade de que goza unha persoa física ou xurídica para adquirir ou vender un ben determinado, sexa moble ou inmoble.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode escoller libremente entre varias cousas.