"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dobremente pinnatipartido, especialmente referido ás follas pinnatipartidas que, á súa vez, presentan divisións pinnatipartidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dobremente pinnatisecto, como ocorre coas follas pinnatisectas que, á súa vez, presentan divisións pinnatisectas.
-
PERSOEIRO
Arquitecta. A súa obra destaca pola posta en valor dos espacios ordenados e polo emprego do oco nos muros exteriores. Obras súas son a casa de Vilar das Tres, no Carballiño (1974), e a rehabilitación da Casa da Cultura de Carballiño (1980-1983), realizado xunto a Alfredo Freixedo Alemparte e Fernando Blanco Guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade irregular que edita desde o ano 1992 a asociación Blas Espín de Ponte do Porto, en Camariñas. Desde o número dous figura como director Rafael Lema e como redactores Andrés Figueiras e Eduardo Reimúndez. Ten un marcado carácter poético e recolle nas súas páxinas composicións de autores da bisbarra como Rafael Lema, director da publicación, Xosé Manuel Lema e Miro Villar, entre outros. Desde o número 2, de xuño de 1992 subtitúlase “Voceiro dos colectivos culturais da Costa da Morte. Reserva poética e cultural do Occidente”. Os tres primeiros números eran á man, da autoría de Eduardo Reimúndez, un dos redactores, pero o número 4 de 1993 xa foi editado en caracteres tipográficos. Desde xullo de 1997 consta de 24 follas, mantendo o mesmo contido poético.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia de Xunqueira de Ambía baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Denominado como Columbano, foi discípulo en París de Carolus Duran. Pertenceu ao Grupo do Leão, escola naturalista que reaccionaba contra a arte oficial. Na súa obra o empastamento domina sobre o debuxo. Abrangueu toda unha época da arte portuguesa. Dos seus retratos salientan os de Antero de Quental, Guerra Junqueiro e Eça de Queirós. Cultivou tamén a pintura de xénero e os grandes murais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador e caricaturista. Fundou numerosas publicacións e foi correspondente gráfico de The Illustrated London News nas guerras carlistas españolas. Foi autor tamén de caricaturas satíricas de factura policromada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ártico-alpino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de intelectuais, artistas e escritores galegos creado en Madrid no ano 1958. Estaba formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Alexandre Cribeiro, Bautista Álvarez, Ramón Lorenzo, Ben-Cho-Shey, Herminio Barreiro e César Arias. Reuníanse en cafés, tabernas ou no Centro Galego de Madrid. O nome foi proposto por Xosé Fernández Ferreiro, quen inventou a historia dun afiador chamado Brais Pinto, procedente de Nogueira de Ramuín que, tras percorrer todos os continentes, xa vello, decidiu instalarse na súa aldea, pero foi atropelado por un tranvía en Madrid, sen poder realizar o seu proxecto. O pulo inicial do grupo xurdiu dunha preocupación común por Galicia e polos seus problemas, aprazados pola ditadura franquista; en concreto, o atraso que observaban na pintura e na literatura, que discorrían á marxe das novas tendencias, e a inexistencia dunha actividade política nacionalista e democrática. Interesados polas propostas da actualidade...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores ou arbustos inermes e espiñentos, de follas caducas bipinnadas e flores vistosas de cor laranxa, vermella e amarela, dispostas en panículas ou acios. Propio da zona tropical e subtropical, algunhas especies teñen un interese económico ou ornamental, como o sapán e o pau de Brasil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas, glabras, con follas amplexicaules, de flores con catro pétalos brancos e froito en silícula. En Galicia están presentes as especies C. irregularis e C. microcarpa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario latino que realizou Calepino.
-
PERSOEIRO
Lexicógrafo agostiño italiano. Autor dun dicionario latín-italiano que se publicou en 1502 co título de cornucopiae, que posteriormente se ampliou coa correspondencia con outros idiomas como o francés, o alemán e o inglés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Identificado co chamado mestre de Flémalle, foi decano do gremio de pintores de Tournai (1423) e mestre de Rogier van der Weyden (1427). A súa única obra documentada é o fresco da Anunciación (1406) da igrexa de Saint Brice de Tournai. Das obras que se lle atribúen destacan o Descendemento da Cruz e o tríptico da Anunciación, anteriores a 1430, e a Madonna da Gloria, de época posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘leira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo extenso de cultivo, pouco accidentado, que non posúe árbores nin poboación.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter agrícola subtitulada “Órgano de las Hermandades de labradores y ganaderos”. Apareceu na Coruña no ano 1945 e cesou despois de 1948.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Paraíba, Brasil (351.606 h [1995]). Fundada en 1773 co nome de Princesa do Oeste, converteuse a mediados do s XIX nun dos principais centros produtores de café do Brasil. A partir do desenvolvemento económico logrado, consolidou unha industria que a sitúa como a maior cidade industrial do interior nordeste do Brasil. Posúe un centro de ensino superior, a Universidade Regional do Nordeste, fundada en 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Campiñense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Industria prehistórica que toma o seu nome do xacemento francés de Campigny, no val do Bresle (Normandía). Iniciouse durante o Neolítico e perdurou ata finais do Bronce. Os elementos característicos son os utensilios de sílex, tallados dunha forma especial, sobre todo o pico e o tranchet. Localizouse en diversas rexións de Europa occidental.