"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

    1. Deixar colocado transitoriamente un vehículo nun lugar destinado a este fin.

    2. Deixar algo de lado ou apartado para ocuparse del noutro momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Home de negocios, funcionario real e xeógrafo. Serviu a Carlos II (1688-1700) como axudante do tesoureiro e ocupouse da organización e abastecemento do exército. Foi cuarto conselleiro de Barcelona (1699), serviu logo á causa da dinastía borbónica e interveu no donativo das Cortes ao Principado (1701 e 1706). Propugnou a mellora da organización financeira de Catalunya, a creación dun porto franco en Barcelona e a industrialización do país catalán. Tras viaxar por toda Catalunya elaborou un mapa que dedicou a Filipe V (1720) no que se describían xa as fronteiras dos correxementos sobre as demarcacións das veguerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrimar terra ao talo das plantas.

    2. Enterrar unha póla dunha árbore coa intención de que bote raíces e conforme unha nova planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa de madeira rectangular con tapadeira, onde se garda a roupa, o gran dos cereais ou calquera produto de consumo doméstico.

    2. Lugar onde se gardan os cartos.

    3. Parte do corpo delimitada polo costeleiro. OBS: Tamén se chama “arca do peito”.

    4. anta.

    5. Nos antigos fornos de vidro, designación xenérica dos fornos accesorios que rodeaban o forno de fusión e que se quentaban coa calor perdida por estes. Conservouse o termo para designar os fornos de recocer, substituídos por túneles nas fabricacións continuas.

      1. arca de Noé

        Segundo a Biblia (libro da Xénese), navío que construíu Noé por mandato divino para poder salvarse do Diluvio Universal coa súa familia e cunha parella (macho e femia) de animais de cada especie.

      2. arca marmórica

        Nome do lugar no que o Breviarium apostolorum (s VI) sitúa o enterramento do Apóstolo Santiago; sen embargo, a Concordia de Antealtares (1077), na que se reconstrúe a descuberta do sepulcro (ocorrida no 820 ou no 830), non fai referencia a ese topónimo. Algúns autores formularon unha posible relación entre Arca Marmarica e Amaia Tamarica, preto de Compostela. Non obstante , outros estudiosos defenden que o topónimo locus arcis marmoricis, que alude a un lugar con arcadas marmóreas (o edículo onde foi descuberto o Apóstolo), é a propia Compostela.

      3. arca da alianza

        Cofre de madeira de acacia revestido de ouro, destinado a conter as Táboas da Lei cos mandamentos de Deus ao pobo de Israel, considerado como a proba da presenza de Deus entre o seu pobo. Segundo a Biblia, foi construída por Moisés ao pé do monte Sinaí e logo colocouse no sancta sanctorum do templo de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Monte, no concello de Toques, de 733 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada no litoral da parroquia e concello de Burela, situada entre o Portiño das Pombas ao L e a punta de Ancares ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira, situada entre a de Covasa ao O e a praia de Celeiráns ao L, na marxe N da ría de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pino baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos lamelibranquios da familia dos árcidos. Na fase adulta viven fixados ás rochas mediante un biso en augas mariñas, especialmente tropicais. Coñécense fósiles deste xénero dende o Silúrico inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, escritor e director do museo estradense Manuel Reimóndez Portela. Escribiu as pezas teatrais Os reis de Panchito (1973), Pedriño (1992), O entroido no Ulla (1995), Waldo Álvarez Ínsua (1997), Canteiros de Cuntis (1998) e Emigrantes sobranceiros (1998), entre outros títulos. Recibiu diversos premios de teatro escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo sardo en lingua castelá, seguidor de Lope de Vega. É o autor da comedia El saco imaginado (1658).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Carnota, no concello do mesmo nome, de 457 m de altitude. Forma parte do Monte do Pindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Arca, no concello da Estrada, de 624 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado armado con arcabuz. Nun principio pertencía á infantería, pero no s XV apareceron xa arcabuceiros a cabalo. Substituíu progresivamente ao piqueiro.

    2. Fabricante de arcabuces e outras armas de fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tropa armada de arcabuces.

    2. Fábrica de arcabuces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga arma de fogo portátil, constituída por un canón de ferro liso montado sobre unha armadura de madeira prolongada pola culata. O seu uso, con diferentes variantes, xeneralizouse a partir de finais do s XVI, e perduran uns dous séculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tiro de arcabuz.

    2. Ferida feita cun arcabuz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou fileira de arcos.

    2. Abertura pechada con arco, xeralmente de grandes dimensións, que adoita servir de paso.

    3. Arco de gran tamaño sobre un van.

    4. Biombo ou protección provisional de madeira que se coloca en sentido lonxitudinal nas adegas dos barcos que teñen que transportar gran sen embalaxe.

    5. Golpe de arco.

    6. Contorno da fiada de dentes.

    7. Serie de arcos que a comunican coa nave lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contracción das vías dixestivas altas, que se acompaña de náuseas e precede a miúdo aos vómitos.

    VER O DETALLE DO TERMO