"RCH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 203.

  • Depósito documental creado en 1866 en Madrid, coa xuntanza de diversos arquivos do estado español e doutras procedencias, civís e eclesiásticas, cando xa existía o Archivo General de Simancas. En 1850, os documentos dos mosteiros e conventos desafectados e os das propiedades do estado foron recollidos na Real Academia de la Historia, de Madrid; pouco despois organizouse un arquivo xeral en Alcalá de Henares. O Archivo Histórico Nacional axuntou todos estes fondos -agás os da parte administrativa que permaneceron en Alcalá-, que foron destruídos durante a Guerra Civil (1936-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Santiago en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada en novembro de 1935 e que cesou en xullo de 1944, no número sete. Editada pola cátedra de Anatomía Descritiva e Topográfica da Facultade de Medicina de Santiago, foi dirixida por Ángel J. Echeverri e nela publicáronse traballos de especialistas galegos, españois e portugueses, xunto cunha extensa bibliografía de anatomía, ao final de cada un dos tomos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual aparecida na Coruña en 1949 dedicada á medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada na cidade da Coruña en abril de 1951. Formaban o consello de redacción os doutores P. Carda Aparici, X. García Bengoa e X. Mª. Santiago Luque. Colaboraron D. Carballeira, C. Sánchez Botija, X. Rof, L. Escribano e E. Gallego. Editouse por medio de fascículos ordenados alfabeticamente e a súa temática está relacionada coa veterinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Iniciou a súa andaina coa peza Eugénie (1767) logo de ter escrito varios xoguetes cómicos que serían representados no castelo da familia dos Pompadour. Procesado por falsificación, escribiu as catro Mémoires (Memorias 1773-1774), modelos de panfleto e de sátira social. En 1775 o Teatro da Comedia Francesa presentou un espectáculo baseado na súa peza La précaution inutile ou Le Barbier de Séville (A precaución inútil ou O barbeiro de Sevilla) que, despois dalgúns arranxos, se converteu nun éxito de público e crítica. Nesta peza presenta a Fígaro, un criado intelixente e buscavidas que será o personaxe central de La folle journée ou Le mariage de Figaro (A xornada tola ou As vodas de Fígaro), estreada con notable éxito na Comedia Francesa en 1784, logo de ser censurada en 1781 por constituír unha aceda sátira política da sociedade da Francia prerrevolucionaria. Esta última peza sería o pretexto para un espectáculo homónimo estreado pola compañía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento iniciado durante o período nazi por un grupo de cristiáns da igrexa evanxélica alemana, que se opuña á política de intromisión eclesiástica do goberno e á igrexa estatal representada polos Deutsche Christen (Cristiáns Alemáns). Fronte a eles definiu a fe e a misión da Igrexa (sínodo de Barmen, 1934) e instituíu unha administración provisional con autoridade canónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Fillo e discípulo do pintor de naturezas mortas Pieter Claesz. Despois dunha estadía en Italia (1642-1645) volveu ao seu país e pintou sobre todo escenas pastorís con motivos italianos. Exerceu unha enorme influencia na paisaxe inglesa e francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico. O seu opúsculo Lettera semiseria di Grisostomo (Carta semiseria de Grisostomo, 1816) está considerada como o manifesto do romanticismo italiano. Foron famosos os poemas I profughi di Parga (Os prófugos de Parga, 1821) e Fantasie (Fantasías, 1829). Intentou a creación dunha linguaxe popular desligada da tradición literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Baviera, Alemaña, nos contrafortes dos Alpes de Salzburgo (8.169 h [1980]). En 1933 Adolf Hitler fixo construír alí unha residencia de descanso que adquiriu sona mundial ao acoller as negociacións de 1938 con Halifax, Schuschnigg e Neville Chamberlain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Conde de Berchtold. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 1912 e 1915, dende onde promoveu a intervención austríaca nos Balcáns e o acordo co Imperio Alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Especializouse na Arqueoloxía exipcia e foi un destacado orientalista. En 1861 foi nomeado conservador do British Museum e en 1870 fundou a Society of Biblical Archaeology.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación do observatorio da Universidade de Bonn (1859-1863) baixo a dirección de Friedrich Wilhelm Argelander. Consta dun catálogo que indica a magnitude de máis de 324.000 estrelas do hemisferio norte e dun atlas de 40 láminas coa posición das estrelas. O Cordoba Durchmusterung, que se ocupa do hemisferio sur, completa o BD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. É autor do drama Draussen vor der Tür (Na entrada, 1947), onde reflectiu a traxedia da guerra no seu país. O conxunto da súa produción publicouse postumamente en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito inglés, tamén coñecido por lord Berners. Estivo ao servizo de Enrique VIII. Traduciu as Chroniques de Jean Froissart (1523) e o Libro áureo do emperador Marco Aurelio, de Antonio de Guevara (1535), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Real Academia Galega e da de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, así como correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Instituto Português de Arqueologia, História e Etnografia. En 1954 foi galardoado co premio xornalístico Pérez Lugín. Colaborou en distintos xornais e revistas como El Orzán, El Ideal Gallego, Vida Gallega ou Finisterre, e publicou El coloso de Rande (1927), El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía (1951), La gaita en Britania (1956), Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores (1964) e Compostela: piedra y alma (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Worms e canonista. Mestre do Emperador Conrado II, recompilou unha colección de canons titulada Decretum Brocardum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Domenico di Giovanni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios da familia dos lámnidos ao que pertence a quenlla branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nunha zona montañosa drenada polo río Granada (1.564 h [1996]). O cultivo de oliveiras e a fabricación de xabón son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO