"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe toponímica. Nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra hai moitos lugares que se chaman Albergaría e Alberguería. A ela pertenceron ilustres cabaleiros da nobreza portuguesa. De orixe controvertida, a rama portuguesa desta caste procede, segundo uns investigadores, dos galegos da Limia onde tiñan a súa casa orixinaria e, segundo outros, da vila de Albergaría, en Moraña. Unha das ramas que saíron deste último lugar fundou nova casa na vila de Verín. Para os antigos xenealoxistas esta liñaxe procede por vía lexítima do Rei Ramiro II porque dun neto natural deste monarca, Sueiro Méndez de Amaia o Bo, descendeu Heremixio Méndez o Fidalgo, cabaleiro do que proveñen os Suárez de Albergaría que pasaron a Portugal onde entroncaron cos condes de Torresvedras e cos Marqueses de Trocifal. As súas armas levan, en campo de prata, unha cruz oca de goles semellante á de Calatrava; bordo de prata con dez escudiños de azur con cinco bezantes de prata cada...
-
PERSOEIRO
Monxe cartuxo, Bispo (1417) e Cardeal de Boloña (1426). Foi legado nas tentativas de paz entre Francia e Inglaterra durante a Guerra dos Cen Anos (1422-1423 e 1431), no Concilio de Basilea (1433-1436) e no parlamento de Nuremberg para a reforma de Alemaña (1438).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Edificio, establecemento, onde unha persoa atopa aloxamento, tanto se se trata dunha dependencia dun establecemento comercial, que cobra polo servicio, como se é gratuíto. Desígnanse tamén como albergues os refuxios ou cabanas, aínda que non estean habitadas normalmente. Ocasionalmente poden ser establecementos públicos.
-
Establecemento dedicado a hospedar viaxeiros e visitantes turísticos, que depende do estado.
-
Establecemento benéfico, xeralmente municipal, dedicado a acoller durante a noite a aqueles que o soliciten.
-
Cova, caverna ou lugar onde se busca o abrigo e a protección.
-
albergues xuvenís Establecemento destinado a dar aloxamento, por prezos módicos, aos mozos de diferentes países. O primeiro establecemento deste tipo abriuse en 1909 en Westfalia. Non poden repartir beneficios e axúdanse para financiarse das doazóns particulares e das achegas estatais. En canto aos alberguistas, teñen que participar nos traballos de conservación do albergue e cumprir as indicacións dos responsables. Desde 1945 hai unha asociación internacional, IYHF (International Youth Hostel Federation), con secretaría en Copenhaguen, á cal deben pertencer os usuarios dos albergues.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pousada ou mesón que se podía encontrar, na época medieval, ao longo do Camiño de Santiago, co propósito de acoller e atender os peregrinos que por alí pasaban e paraban. Hoxe en día serven como lugar de concentración dun elevado número de romeiros ou peregrinos que atopan un lugar no que repoñer forzas para continuar o camiño na súa visita á tumba do Apóstolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia baixo a advocación de santa María, do concello da Veiga, que desapareceu en 1950 debido a que a súa única entidade de poboación quedou asolagada polo encoro de Prada.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilar de Barrio baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que se aloxa nun albergue.
-
Membro da asociación internacional dos albergues de xuventude (IYHF).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección ósea descrita polo radiólogo alemán Heinrich Albers-Schönberg (1865-1921) coñecida tamén cos nomes de enfermidade marmórea dos ósos ou osteopetrose.
-
PERSOEIRO
Príncipe elector e Arcebispo de Maguncia (Alberte IV, 1514-1545) e Cardeal (dende 1518). Fillo do elector Xoán I Cicerón de Brandenburgo. Interveu directamente na cuestión suscitada polas indulxencias, un dos motivos máis inmediatos do principio da Reforma protestante, na que se mostrou moderado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe consorte da Gran Bretaña (1857), segundo fillo do duque Ernesto de Saxonia-Coburgo-Gotha. Estudiou en Bruxelas e en Bonn. Casado (1840) coa raíña Victoria, curmá súa, influíu nos asuntos políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe Elector de Brandenburgo (1470-1476), fillo do Elector Federico I, á morte do cal herdou o margraviado de Ansbach (1440). Loitou contra Baviera, Bohemia e o Palatinado. No 1464 herdou o margraviado de Bayreuth-Kulmbach e no 1470 obtivo a marca e o título de Elector de Brandenburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Oso (? 1100 - 1170) Margrave de Brandenburgo, conde de Ballenstedt. Recibiu de Lotario II a marca do Norte (1134). Designado herdeiro de Brandenburgo por Pribizlav, príncipe eslavo (vend), confirmou esta posición ao vencer o vend Zeczo Köpenic (1157). Colonizou o L con holandeses e flamencos e fundou Stendal (1151).
-
CAPITAIS
Capital do amt de Nordjylland, Dinamarca (160.726 h [estim 1997]). Centro e porto comercial comunicado coa baía de Ålborg polo Limfjorden. É un núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e profesor austríaco. Foi organista na abadía de Melk (1760) e na corte de Viena (1772), e Mestre de Capela da catedral de Viena (1792). Escribiu música relixiosa e de cámara. Tivo a Beethoven como discípulo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aquilo presentado por alguén como verdadeiro sabendo que non o é.
-
Acción na que unha persoa ou persoas ofenden a outra con acusacións graves.
-
-
-
Proferir unha serie de insultos e inxurias que poden molestar a outras persoas.
-
Empregar mentiras para disfrazar a realidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se entretén argallando mentiras e contos para ofender os demais e danar a súa reputación.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso máis coñecido polo pseudónimo de Sergej Aleksandrovič Najd´onov. A súa obra describe a vida dos comerciantes e pequenos burgueses: Bludnyj syn (O fillo prodixio, 1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Médico especialista en alergoloxía.