"Roberto" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
PERSOEIRO
Emperador latino de Oriente (1221-1228), fillo de Pedro de Courtenay (Pedro I de Constantinopla). Feble e pouco hábil, foi derrotado en Asia por Xoán III Ducas Vatatzes (1224) e en Europa por Teodoro Anxo Comneno, déspota de Epiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1306-1329), da dinastía dos Bruce. Despois de proclamarse rei en Scone (1306) foi ampliando o seu dominio territorial coas vitorias de Loudon Hill (1307), de Bannockburn (1314) e Berwick (1318). Finalmente, Eduardo III de Inglaterra recoñeceu a independencia de Escocia con Roberto I como rei, en York (1328).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Frisia 1031?- Kassel 13.10.1092) Conde de Flandres (1071-1092) e de Holanda (1063-1071), fillo do conde Balduíno V. Sucedeu ao seu sobriño, o conde Arnulfo III. Enconmendáronlle a tutela do conde Arnulfo III de Flandres, fillo do seu irmán, o conde Balduíno VI, e apropiouse do condado coa axuda das cidades.
-
PERSOEIRO
Rei de Francia (922-923), fillo de Roberto IV o Forte. Ao morrer o seu irmán, o Rei Odón I de Francia (898), sucedeuno nos condados de París e de Anjou e no ducado de Francia. Foi elixido rei en Reims por unha facción da nobreza e morreu loitando contra o monarca lexítimo, Carlos III de Francia, na Batalla de Soissons.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei anxevino de Nápoles e conde de Provenza (1309-1343), fillo de Carlos II de Nápoles e de María de Hungría. Polos tratados de Oloron e de Canfranc foi liberado en hospedaxe, con algúns irmáns seus, por Afonso III de Aragón (1288), que os retivo ata 1295. Foi herdeiro do trono e duque de Calabria ao ser feito rei de Hungría o seu irmán maior, Carlos Martel. Converteuse rei ao morrer o seu pai (1309). Defendeu o dereito de Nápoles ao dominio de Sicilia, organizando unha invasión que destruíu moitas cidades, pero fracasou diante da resistencia dos sicilianos. Ao morrer Federico II de Sicilia (1337), enviou unha nova armada contra o novo rei, Pedro II de Sicilia. Ocupou Lipari (1339) e despois Milazzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Normandie (1028-1035), fillo do duque Ricardo II e sucesor do seu irmán Ricardo III. Enfrontouse coa nobreza feudal, especialmente coa eclesiástica, ao fomentar a reforma da clerecía en Normandie. Foi pai do futuro Guillerme I de Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro duque soberano de Parma (1854-1859), fillo e sucesor de Carlos III de Parma. Co proceso de unificación italiana, fuxiu a Francia (1859) e perdeu os seus estados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1371-1390), neto de Roberto I e sobriño e sucesor de David II de Escocia. Foi o primeiro soberano membro da dinastía Stuart. O seu reinado estivo presidido polas continuas perturbacións nobiliarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Flandres (1093-1111), fillo e sucesor de Roberto I. Participou na Primeira Cruzada e, ao seu regreso a Europa, enfrontouse co Emperador Enrique IV. Aliado con Luís IV de Francia, loitou contra Inglaterra e morreu afogado no asedio de Meaux.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (996-1031), fillo e sucesor de Hugo I de Francia. Fomentou a tregua de Deus, enfrontouse coa nobreza feudal e recuperou os condados de Dreux (1015) e Melun (1016) e o ducado de Borgoña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1054? - Cardiff 1134) Duque de Normandie (1087-1106), fillo e sucesor do duque Guillerme II (Guillerme I de Inglaterra). Rebelouse contra o seu pai en 1077-1078 e en 1082-1083. Viviu exiliado en Italia ata a morte deste. Ao tempo que o sucedía no ducado, o seu irmán Guillerme II de Inglaterra invadiu o territorio (1091), polo que se viu obrigado a cederlle os condados de Eu e Aumale.
-
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1390-1406), fillo e sucesor de Roberto II de Escocia. Conde de Carrick, cambiou o seu nome (Xoán) ao acceder á coroa. O seu reinado estivo presidido polas loitas entre o seu irmán Roberto, conde de Fife e duque de Albany, e o seu fillo, o príncipe herdeiro David, duque de Rothesay.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Amberg 1352 - Castelo de Landskron, preto de Oppenheim 1410) Conde do Palatinado do Rin (1398-1410) e rei dos Romanos (1400-1410). A causa da destitución do Emperador Venceslau I, foi nomeado rei dos Romanos polos electores eclesiásticos. Loitou, sen poder impoñerse, contra o Rei Venceslau VI de Bohemia e as ligas nobiliarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Roberto Mariño Fernández.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa do sector téxtil creada por Manuel Roberto Mariño Fernández en 1982. Abriu a primeira tenda en París en 1983, alcanzou o mercado xaponés en 1989 e o luso en 1999. En 1997 presentou a súa primeira colección masculina. Diversificou os produtos que vende baixo a súa marca, como a produción de fragancias, a feminina en 1992 e a masculina en 2000, gafas (1997), viños (1997) e interiorismo (2002).
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, pai de Isabella e Raffaella Rossellini e irmán de Renzo Rossellini. Principal inspirador do movemento neorrealista, dirixiu Roma, città aperta (1945), Paisà (1947) e Germania anno zero (1948). Posteriormente, realizou un tipo de filmes máis idealistas, en que analizaba os conceptos de soidade e incomunicación. Separado da súa dona, Ingrid Bergman, quen protagonizou moitos dos seus filmes, volveu novamente ao neorrealismo con Il generale della Rovere (1959), Era notte a Roma (1960) e Vanina Vanini (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Introduciuse na fotografía a través do seu pai, Osvaldo Salas, e comezou a traballar en El Imparcial (1955). Establecido en La Habana (1959), traballou en Revolución, Cuba, Bohemia e fundou co seu pai Gramma. Correspondente na Guerra de Vietnam, ocupou diversos cargos públicos e foi o fundador da Agencia de Prensa Latina. A partir da década de 1990 experimentou coa manipulación de imaxes e publicou Tabaco: visiones sobre la leyenda (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor e director teatral. Director da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas revistas especializadas, dirixiu cursos e participou en tarefas de tradución e dirección de Teatro da Lúa ou Uvegá-Teatro. É autor das obras O arce no xardín (Premio Álvaro Cunqueiro 1988), estreada polo Centro Dramático Galego en 1989; Historia de Neera (1989), que foi finalista no devandito premio e estreada en 1990 por Teatro do Atlántico; Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado (2001), Matanza (2002), Molière final (2003) e Apnea (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Presidente do Grupo Tojeiro, comezou no mercado da madeira e diversificou as súas actividades cara aos transportes e á alimentación coa creación de Gadisa na década de 1980. Foi presidente de Reganosa-Regasificadora del Noroeste, Forestal del Atlántico, Trotansa-Tojeiro Transportes S. A., Camosa-Caleras de Moeche SA, Unemsa-Unión de Empresas Madereras S. A., Intasa-Industrias del Tablero SA, Galparquet SA e Servicios Polígono Piadela SA Recibiu o Premio Grupo Voz (1998), a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo (2003) e a Medalla de Prata da Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dramaturgo, director e actor. Promotor do teatro independente galego, en 1974 cofundou Teatro Antroido, co que representou moitas das súas propias obras, como Antroido na rúa I e II (1978). Membro do Grupo Abrente, foi un dos máis destacados renovadores do teatro galego contemporáneo. Nos seus textos predomina o simbolismo, a combinación de elementos da tradición popular galega e a modernidade, e a crítica en ton de burla da realidade, que moitas veces se amosa amarga e mísera co ser humano. Comprometido co país e coa lingua, os seus textos amosan trazos comúns á escrita de Otero Pedrayo e Valle-Inclán. Da súa obra dramática destacan Laudamuco señor de ningures (1977, Premio Abrente 1976), Ladaíñas pola morte do meco (1977), Memorias de mortes e de ausentes (mención honorífica no Premio Abrente 1978), Ruada das papas e do unto (Premio O Facho 1979), Saxo tenor (Premio Álvaro Cunqueiro 1991), Bailadela da morte ditosa (1992,...
VER O DETALLE DO TERMO