"Ruiz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • PERSOEIRO

    Conquistador e administrador. En 1550 chegou a Perú e en 1552 a Chile, onde Rodrigo de Quiroga nomeouo o seu tenente xeneral. Acompañou a este na primeira expedición ás terras de Arauco e na conquista de Chiloé, que chamou Nueva Galicia e onde fundou Santiago de Castro (1567). Foi xustiza maior de Arauca e Tucapel e, en 1577, Quiroga nomeouno gobernador do reino, cargo confirmado polo vicerrei en 1581.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo. Autor dunha ampla produción e con variados estilos, gran parte da súa obra foi traducida ao inglés, francés, alemán, italiano ou portugués. Das súas obras destacan El invierno frío (1940), baseada nunha lenda galega; El jardín secreto (1940), de temática política; El rescate (1953), La fuga en la jaula (1953), El hombre que mató a nadie (1953), Invierno Frío (1954), La vida azul (1954), La muerte da un paso atrás (1962), de carácter relixioso; Un Fantasma con jipijapa (1967) e El hijo de bronce (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ingresou na orde franciscana en 1773 e secularizouse en 1808. Manifestou certo liberalismo e foi deputado nas Cortes de Cádiz representando a Canarias e o Reino de Galicia (1820-1822). Pediu a redución do décimo á metade, interveu contra a Inquisición, o voto de Santiago e os xesuítas e solicitou cambios radicais na Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantaría. Dirixiu diversas obras na catedral de Ourense en 1557 e traballou en distintos mosteiros de Galicia. En 1564 deu as trazas para o claustro do mosteiro de San Xoán de Poio. Traballou tamén en San Paio de Antealtares e pode que en San Salvador de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Coñecido como George Santayana, tratou de entroncar o mundo físico co mundo das esencias mediante o espírito humano, o cal co seu esforzo intelectual e os seus sufrimentos fai posible a liberación final dos valores de verdade, beleza e outros. Escribiu The Life of Reason (1906), The Realms of Being (1927-1940) e The Last Puritan (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e Medio Ambiente (1986-1987). Realizou estudos sobre a reforma de estruturas agrarias e infraestruturas urbanísiticas, dos que destacan La ordenación rural de Ourense, La viticultura en Ourense, Condiciones geoeconómicas de la provincia de Ourense-El polígono industrial de San Ciprián de Viñas e Los Espacios Naturales y el desarrollo sostenible (1996). Recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Agrícola (1965) e a Cruz de Caballero de Cisneros (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Ordenado presbítero en 1949, foi bispo de San Cristóbal de las Casas (Chiapas) entre 1959 e 2000. Defensor dos pobos indíxenas, dos pobres e marxinados, actuou como mediador entre os zapatistas e o goberno mexicano (1994). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Internacional Simón Bolívar (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Especializada en literatura infantil, da súa obra destacan A lenda do capitán Miñoca (1999, Premio O Barco de Vapor) e Historia invisible do bico Simón (2004). Escribiu tamén a novela Dentro da illa (2005, XXIII Premio de Novela Blanco Amor 2004), que destaca pola habilidade da autora para crear un mundo literario que se move entre o fantástico e o real, dotada de imaxes moi orixinais, e rica en recursos de estilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado con J. A. Escalante e J. Carreño de Miranda, o seu tratamento da luz reflicte a influencia da escola veneciana. Destacan Cristo en la noche da la Pasión (1673) e Carlos II recibiendo la bendición eucarística (1683).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Axente comercial e industrial adegueiro. Formou parte da corporación municipal de Vigo, presidida por Tomás Pérez Llorente (1950). Foi pioneiro na elaboración dun mellor viño do Rosal, ao que se dedicou plenamente desde 1978. Foi presidente de axentes comerciais, colexiado de honra dos aseguradores, membro da Enxebre Orde da Vieira, membro da confraría dos Enófilos da Bairrada-Portugal (1982), confrade de mérito dos Amigos da Cociña Galega (1987) e Gran Adegueiro do País Galego (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante, gravador, escultor e ceramista. En 1891 trasladouse coa súa familia á Coruña por mor do traballo do seu pai, o profesor de debuxo José Ruiz Blasco. Na cidade herculina viviu ata 1895 e estudou no Instituto Eusebio da Garda e na Escola Provincial de Belas Artes, onde foi alumno do seu pai e de Isidoro Brocos. Durante a súa estancia coruñesa realizou debuxos, como Corrida de toros y palomas (1892), Torso (1892-1893), Tarde en el campo (1894), e óleos como Casa de campo (1893), Hombre barbudo (1894-1895), Dos salas (1895?), Bautizo (1895), Retrato de mujer gallega (1895), Marina: playa del Orzán (1895), Retrato de viejo (1895) e Hombre con boina (1895). Mostrou a súa obra en dúas ocasión, xunto con seu pai, en establecementos comerciais coruñeses en 1895, ano no que a familia volveu a Málaga e, en outono, estableceuse en Barcelona e ingresou en Llotja, onde foi discípulo de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xornalista. Estudou dereito en Santiago de Compostela, onde comezou a colaborar coa prensa e foi catedrático de Historia Natural en Oviedo, Pontevedra e Zamora. Foi un dos organizadores do republicanismo español e deputado nas Cortes pola provincia da Coruña (1854-1856). Viuse obrigado a exiliarse en dúas ocasións (1846 e 1862). Dirixiu o xornal La Discusión (1861) e publicou Historia de la causa formada en Zaragoza el año de 1861 contra el ex constituyente D. Eduardo Ruiz Pons y consortes (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. Coñecido como Antonio, formou parella coa bailarina Rosario e fundou a súa propia compañía en 1953, coa que actuou en EE UU. Foi Director do Ballet Nacional Español (1977-1983). Participou en diferentes producións cinematográficas, como The Long Duel (1967) e Villa Rides (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois de traballar no sector publicitario, comezou a súa andaina literaria na década de 1990. En 1994 decidiu trasladarse a Los Angeles para desenvolver o seu traballo como guionista e escritor, que compaxina coas súas colaboracións en La Vanguardia e El País. Amante da novela do s XIX e influenciado por Dostojevskij, Tolstoj ou Dickens, da súa obra cómpre salientar El príncipe de la niebla (1993, Premio Edebé); El palacio de la medianoche (1994), Las luces de septiembre (1995), Marina (1999) e La sombra del viento (2001, finalista do Premio Fernando Lara), traducida a máis de trinta idiomas e caracterizada pola aparición de elementos de intriga e suspense, e algúns trazos históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Nos inicios compaxinou a súa labor de escritor coa de guionista. No ano 1993 publicou a súa primeira obra, El príncipe de la niebla, coa que gañou o premio Edebé de literatura xuvenil. Cultivou este xénero durante varios anos coa coñecida como Trilogía de la niebla ata que en 2001 saíu á luz a súa novela adulta La sombra del viento, da que se venderon millóns de copias en todo o mundo e que foi traducida a mais de trinta idiomas. En abril de 2008 publicou El juego del ángel. Estas dúas obras sitúanse na Barcelona da primeira metade do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos xefes da Revolución de Setembro de 1868. Como ministro de Fomento (1868-1869 e 1871) decretou a liberdade de ensino, e como ministro de Graza e Xustiza (1869-1870) introduciu o matrimonio civil e a organización do xurado. Foi presidente do Consello de Ministros (1871 e 1871-1873) e unha das persoas máis fiel de Amadeo I. Cando se produciu a restauración dos Borbóns foi expulsado de España e desde o exilio organizou diversas conspiracións republicanas e fundou, xunto a Nicolás Salmerón Alonso, o Partido Republicano Progresista (1880). En 1895 volveu a España e retirouse da política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de arquitectura. Xesuíta, dirixiu as obras do Colexio da Compañía de Xesús en Monforte de Lemos, iniciado en 1592 e do que probablemente deu as trazas, e do Seminario de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. En Panamá uniuse como piloto á segunda expedición de Francisco Pizarro a Perú (1526). Explorou as costas de Ecuador e ao N de Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Coñecido como o Vello, en 1523 comezou, en estilo gótico, a catedral de Córdoba, dentro da mesquita, que tras a súa morte foi continuada polo seu fillo Hernán Ruiz o Novo (Córdoba?-Sevilla 1569), arquitecto plateresco. En Córdoba fixo tamén a capela dos Simancas, da catedral, e en Sevilla, continuou a igrexa do Hospital de la Sangre e fixo o campanario e coroamento da Giralda. Foi autor dun Manuscrito de Arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. De orixe cántabra, traballou na capela maior de Santiago de Celeiro (Viveiro, 1622) e na capela maior do convento de San Domingos de Viveiro (1623), onde fixo dous sepulcros, e realizou unha capela en Santa María do Campo de Ribadeo (1623).

    VER O DETALLE DO TERMO