"Rusia" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 52.
-
-
Relativo ou pertencente a Prusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Prusia.
-
Lingua báltica do phylum indoeuropeo que se falaba antigamente en Prusia Oriental. Extinguiuse a finais do s XVII pola penetración do alemán. A principal fonte de coñecemento do antigo prusiano procede de tres catecismos da Reforma do s XVI, traducidos do alemán: o primeiro baseouse no Catecismo Menor de M. Lutero e o segundo é unha revisión do primeiro. O terceiro, o Encheiridion, foi traducido en 1561 por Abel Will. Tamén se conservan algúns restos en topónimos e antropónimos. Os textos en prusiano antigo, e en calquera outra lingua báltica, máis antigos estaban escritos nun vocabulario xermano-prusiano, o vocabulario Elbing, que se conserva nunha copia de 1400, escrito no dialecto prusiano meridional, en Pomerania. Outro vocabulario, aínda que máis pobre, é o compilado por Simon Grunau (1517 e 1526).
-
-
PERSOEIRO
Rei de Bitinia (230? a C). Participou na Primeira Guerra Macedonia e, máis tarde, instigado por Aníbal, atacou a Eumenes II de Pérgamo e foi derrotado, aínda que a mediación dos romanos permitiulle salvar a integridade do seu estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga denominación dos cianuros.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Abades (Baltar). O seu cumio acada os 1.104 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado que ocupa a maior parte de Europa Oriental, gran parte de Asia Central e a totalidade de Asia Setentrional (17.075.400 km2; 144.664.000 h [estim 2001]). Limita ao N co Océano Ártico, ao O, con Noruega, Finlandia, o Mar Báltico, Estonia, Letonia, Lituania, Bielorrusia, Ucraína e o Mar Negro, ao S, con Xeorxia, Acerbaixán, o Mar Caspio, Kazakhstán, Mongolia e China e ao L co Océano Pacífico. Forman parte dela o enclave de Kaliningrad, e tamén o arquipélago das illas Kuriles e a illa de Sakhalin, no Océano Pacífico e, no Océano Ártico, a illa de Nova Terra, os arquipélagos de Terra do Norte e de Nova Siberia. A súa capital é Moscova.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
No relevo de Rusia distínguense dúas zonas: as terras baixas e medias e as terras baixas afectadas polos pregamentos alpinos. As primeiras comprenden a metade oriental da gran chaira europea e a chaira siberiana. A chaira europea... -
VER O DETALLE DO TERMO
Bielorrusia.
-
PERSOEIRO
Rexente de Rusia (1682-1689), filla do Tsar Aleixo I de Rusia. Proclamada rexente coa axuda dos strel’cy, gobernou co seu conselleiro, o príncipe Vasilij Golicyn. Promoveu o desenvolvemento industrial e asinou unha paz con Polonia (1686). O resultado adverso das campañas contra os tátaros de Crimea (1687-1689) provocou o descontento xeneralizado, que foi aproveitado polo seu medio irmán Pedro I para derrocala e pechala nun convento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1584-1598), fillo e sucesor de Iván IV. Foi o derradeiro soberano da dinastía ruríkida. A causa da súa constitución enferma e da súa debilidade mental, o goberno foi dirixido polo irmán da súa muller Irene, Boris Godunov, que foi nomeado rexente en 1588. Á súa morte este foi elixido tsar pola Asemblea Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1605), fillo de Boris Godunov. Morreu coa súa nai, María, nun balbordo instigado polos boiardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1676-1682), fillo e sucesor de Aleixo I. A causa da súa saúde delicada, o poder foi exercido sucesivamente polo seu tío Ivan Niloslavskij, polos cortesáns Jaikon e Likhačev e por Vasilij Golicyn.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Senado ou consello de anciáns en Esparta. Composto por vinte e oito xerontes e polos dous reis, constituía o órgano principal de goberno, especialmente en política exterior.