"Samuel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como Sam Peckinpah, revolucionou o xénero dos westerns coa súa visión violenta, áspera e realista, afastada dos mitos e dos heroes, como se pode ver en Ride in the High Country (1962), Major Dundee (1965), The Wild Bunch (1969) e The Ballad of Cable Hogue (1970). Tamén destacan os seus filmes Straw Dogs (1971), The Getaway (1972) e The Osterman Weekend (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e historiador alemán. Ensinou dereito natural en Heidelberg (1661-1667) e Lund (1667-1686). Foi conselleiro de Estado e historiador en Estocolmo, e desenvolveu o xusnaturalismo. Publicou De iure naturali et gentium (1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Baixo estadounidense. Formado en Kansas, debutou con Carmen na New York City Opera (1973) e chegou a ser especialista en papeis de Rossini.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo mexicano. Desenvolveu unha antropoloxía filosófica dirixida a proporcionar as bases para a afirmación da liberdade, a personalidade, e a vida espiritual do home fronte aos resultados da civilización. Entre as súas obras destacan El perfil del hombre y la cultura en México (1934), Más allá de la moral de Kant (1938), Hacia un nuevo humanismo (1942) e Estudio de estética (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Considerado o máximo defensor do deísmo, se ben foi tamén un home da ilustración, escribiu Allgemeine Betrachtungen über die Triebe der Tiere, hauptsächlich über ihren Kunsttrieb (Consideracións xerais sobre os instintos dos animais, especialmente sobre o seu instinto artístico, 1760) e Apologie oder Schutzschrift für die vernünftigen Verehrer Gottes (Apoloxía ou defensa dos adoradores racionais de Deus, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista inglés. Impresor e home de negocios, escribiu o epistolario para xente letrada Letters Written to and for Particular Friends, on the Most Important Occasions (1741), co que inaugurou un estilo epistolar propio; Pamela or Virtue Rewarded (1740-1741), que o deu a coñecer en Europa, en parte a través da ópera de Picinni; La buona figliuola (1760), Clarissa (1747-1748) e Sir Charles Grandinson (1753-1754).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e músico de jazz. Coñecido como Sam Rivers, o seu estilo constitúe unha síntese de elementos tradicionais e o free-jazz. Colaborou con Miles Davis en 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Amigo de Sheridan, Henry Cary e Wordworth, xuntaba nas súas reunións figuras importantes da sociedade e do mundo literario. Como poeta escribiu The Pleasures of Memory (1792), Human Life (1819) e Italy (1822-1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Ordenado presbítero en 1949, foi bispo de San Cristóbal de las Casas (Chiapas) entre 1959 e 2000. Defensor dos pobos indíxenas, dos pobres e marxinados, actuou como mediador entre os zapatistas e o goberno mexicano (1994). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Internacional Simón Bolívar (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do hebreo Shemû’el, a través do latín eclesiástico Samuel e do hebreo Samuel. As interpretacións deste nome foron diversas: na Biblia (Samuel, I, 20) vén interpretado como ‘pedido a Deus’, algo que parece unha etimoloxía popular, relacionado co verbo shâ’al ‘pedir’; outros lingüístas, baseándose en paralelos asirios, pensan que o nome pode significar ‘descendencia de Deus’, pero o máis probable é que parta do hebreo shem ‘nome’: ‘nome de Deus’, isto é, ‘o que leva o nome de Deus’ ou ‘o seu nome é Deus’.
-
PERSOEIRO
Xuíz, profeta e sacerdote de Israel. Consagrado a Iavé desde a infancia, creceu baixo a tutela do sacerdote Elí. Instituíu a desgusto a monarquía e unxiu a Saul e a David. De el toman o nome os Libros de Samuel, dous libros históricos do Antigo Testamento coñecidos nas versións grega e latina da Biblia como libros I e II dos Reis. Comprenden o período 1060-965 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Bulgaria (980-1014). Aproveitou a desorde interna do Imperio Bizantino para intentar restaurar o Imperio Búlgaro. En 986 derrotou a Basilio II de Bizancio, pero foi vencido por este en 1014.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista estadounidense. Escribiu Foundations of Economic Analysis (1947), unha das obras fundamentais da moderna ciencia económica e que desenvolveu en termos matemáticos. Tamén é autor do manual de economía Economics: An Introdutory Analysis (1948). En 1970 recibiu o Premio Nobel de Economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico sueco. Estudou medicina na Universidade de Lund e obtivo o doutoramento polo Instituto Karolinska (1960). Recibiu en 1982 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con S. Bergström e J. R. Vane, polos seus descubrimentos sobre as prostaglandinas e a bioquímica dos ácidos biliares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Organista e compositor alemán. Discípulo de J. P. Sweelinck, das súas obras destacan Tabulatura nova (1624), LXX Symphonien (1644), Cantiones Sacrae (1620) e Geistliche Concerten (1635).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. A súa principal contribución foi a fórmula Black-Scholes (1973), que permitiu ao comerciante ou investidor ter o dereito para comprar ou vender un activo fixo no futuro. Recibiu o Premio Nobel de Economía (1997) xunto con Robert C. Merton.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Realizou mariñas e coa chegada de Il Canaletto a Inglaterra, cultivou as vedute, das que destacan Old London Bridge e Old Westminster Bridge.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Foi profesor no Massachusetts Institute of Technology e traballou no CERN, en Xenebra. En 1976 recibiu, xunto con B. Richter, o Premio Nobel de Física, polo descubrimento dunha nova partícula elemental (denominada J ou ψ).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador británico. Participou na colonización das terras canadenses e descubriu Tahiti e as illas Wallis (1767).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guionista, produtor e director cinematográfico. Coñecido como Billy Wilder, da súa extensa filmografía destacan The Lost Weekend (1945, Oscar á mellor película e ao mellor director), Sunset Boulevard (1950), The Big Carnival (1951, premio do Festival de Venecia), Sabrina (1954), Witness for the Prosecution (1958), Some Like it Hot (1959), The Apartment (1960, Oscar á mellor película e ao mellor director), Irma La Douce (1963), Kiss Me Stupid (1964), The Front Page (1974) e Buddy, Buddy (1981).
VER O DETALLE DO TERMO