"Santa Mariña" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 55.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, regado polo río Órbigo (2.517 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Foi construída en estilo románico no s XII e reconstruída a finais do s XVI. Ten planta rectangular. A ábsida é cadrada e comunícase cunha pequena sancristía dun lado e coa capela-panteón dos condes de Torre Penela. O arco triunfal, de medio punto dobrado, descansa sobre dúas columnas. En 1650 construíuse a capela-panteón de planta hexagonal, cuberta con bóveda de casetóns. No interior destacan as esculturas funerarias dos primeiros condes e dos seus inmediatos sucesores (1719). Conserva brasóns no interior e no exterior do edificio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Sadurniño baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia Santa Mariña de Pescoso (Rodeiro). O seu cumio acada os 750 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole megalítica situada no concello do Incio, nunha chaira en que se localizaron un total de 24 mámoas, das que 11 presentan restos de estruturas megalíticas. O dolmen que se atopa nun mellor estado de conservación conta cunha cámara de 5,60 m de lonxitude e 2,80 m de diámetro, que está constituída por nove lousas chantadas pero carece de cuberta.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída durante a segunda metade do s XII en estilo románico, leva cuberta a dúas augas. Presenta nave única e ábsida rectangular, onde se abriu unha fiestra de medio punto sobre columnas e capiteis decorados con motivos zoomorfos. Os muros son de cachotaría e cantaría. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto, mentres que o arco da portada foi substituído por un lintel. Na fachada destaca a espadana, cun só van.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Camariñas. Por causa das rapinas, os seus monxes refuxiáronse en varias ocasións no de San Paio de Antealtares, que o restaurou como priorado e o refixo como construción durante o s XII. As súas rendas foron unidas ás do mosteiro de San Paio, ata a súa desaparición, ao ser unido a San Martiño Pinario.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Gondomar. Construíuse entre os ss XII e XIII pero ten engadidos e reformas dos ss XVI e XIX. Ten unha soa nave, dividida en tres tramos por arcos faxóns de medio punto, e ábsida rectangular. No lado norte engadíuselle un corpo rectangular que funciona como sancristía. A portada principal está composta por tres arquivoltas de arco de medio punto e tímpano liso. A fachada remata en volutas con pináculos nas esquinas e cunha espadana de dobre van culminada cun frontón circular.
VER O DETALLE DO TERMO