"Tsu" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 55.

  • PERSOEIRO

    Escritor xaponés. Coñecido como Dazai Osamu, escribiu Bannen (Anos de decadencia, 1936) e as novelas Shayo (Solpor, 1947) e Ningen Shikkaku (Non máis humano, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Kagawa, na illa de Shikoku, Xapón (332.471 h [2000]). Ten industrias químicas, téxtiles e madeireiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do fu de Ōsaka localizada na illa de Honshū, Xapón, situada á beira do río Yodo, entre Ōsaka e Kyoto (361.747 h [1997]). Antiga cidade feudal, é un centro industrial de aparatos eléctricos e produtos farmacéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Mie, situada no S da illa de Honshū, Xapón (164.543 h [1997]). É unha cidade portuaria e centro industrial da baía de Ise, que posúe industrias téxtiles e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Ibaraki, na illa de Honshū, Xapón, situada no extremo NO do lago Kasumiga-Ura, onde conflúe o río Sakura (131.813 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa as illas de Hokkaidō e de Honshū e que comunica o mar de Xapón co Océano Pacífico. Na súa beira están os portos de Hakodate (Hokkaidō) e Aomori (Honshū).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico chinés. En 1998 recibiu, xunto con R. B. Laughlin e H. L. Störmer, o Premio Nobel de Física, polo descubrimento dunha nova forma de fluído cuántico coas excitacións cargadas fraccionalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Ibaraki, na illa de Honshū, Xapón, situada entre o Tsukuba-San e o río Sakura (160.768 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Onda de gran potencia destrutiva, propia sobre todo do Océano Pacífico, que é producida por un gran movemento sísmico submarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa as illas Tsushima da costa NO de Kyūshū, Xapón, e comunica o mar de Xapón co mar da China Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago de Xapón, formado por cinco illas que pertencen ao ken de Nagasaki, situadas entre o estreito de Tsushima e o de Corea (697 km2; 60.000 h). A cidade principal é Izuhara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Utunomiya Capital do ken de Tochigi, situada na illa de Honshū, Xapón (440.353 h [1997]). É centro industrial e agrícola, con industrias téxtiles e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aizuwakamatsu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Kumamoto, na illa de Kyūshū, Xapón (107.438 h [estim 1994]). Ten produción de fibras artificiais e industria do papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma específica que en Xapón tiveron as sociedades financeiras que controlaron unha gran parte das empresas e os negocios a partir do último terzo do s XIX. Estaban vinculadas ao estado, que lles cedera directamente o control de case a totalidade da actividade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO