"Tude" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 78.

  • Calidade de lento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de lícito.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dimensión maior dunha superficie, en oposición a largo.

      2. Dimensión maior das dúas dimensións horizontais nun corpo tridimensional.

      3. lonxitude de difusión

        Magnitude que na teoría dos reactores nucleares é proporcional ao traxecto cuadrático medio percorrido por un neutrón no estado térmico.

      4. lonxitude de moderación

        Magnitude que na teoría dos reactores nucleares é proporcional ao traxecto cuadrático medio percorrido por un neutrón ao ser retardado entre a súa creación por fisión e a obtención do estado térmico.

      5. lonxitude de onda

        [λ]

      6. lonxitude de onda complementaria

        Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada na proporción axeitada cunha luz cromátida dada, permite reconstruír unha luz acromática patrón.

      7. lonxitude de onda dominante

        Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada coa luz acromática patrón, permite reconstruír a luz considerada. É a magnitude colorimétrica que corresponde ao ton.

    1. Distancia en graos medidos sobre o Ecuador que hai desde un lugar respecto a un meridiano orixe (o que pasa polo antigo observatorio de Greenwich), a partir do que se conta negativamente de 0° a 180° cara ao O e positivamete de 0° a 180° cara ao L.

    2. Arco da eclíptica determinado polo punto vernal e a intersección do círculo máximo que pasa polo astro, medido en sentido directo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Característica dun corpo que pode ser medida.

    2. Importancia ou grandeza de algo.

      1. Característica dun astro relativa á súa luminosidade, que consiste nun valor numérico que se atribúe arbitrariamente e que permite establecer unha clasificación comparativa. Xeralmente emprégase a magnitude aparente.

      2. magnitude absoluta

        Magnitude aparente que tería un astro se se situase a unha distancia de dez parsecs da Terra. A magnitude absoluta M relaciónase coa magnitude aparente m pola fórmula M = m + 5 log 10 D, onde D é a distancia do astro á Terra medida en parsecs.

      3. magnitude aparente

        Medida do fluxo luminoso que un observador terrestre recibe dun astro. Antigamente, Hiparco de Nicea clasificou as estrelas visibles segundo unha escala de magnitudes, que ía de 1 a 6. Actualmente, defínese a partir da lei de Pogson, de maneira que os valores da magnitude aparente así definida coinciden cos da escala antiga. 

      4. magnitude bolométrica

        Magnitude aparente medida computando a enerxía total radiada polo astro, é dicir, as radiacións ultravioletas, visibles e infravermellas.

      5. magnitude fotográfica

        Magnitude aparente dun astro medida utilizando como detector unha placa fotográfica normal.

      6. magnitude fotovisual

        Magnitude fotográfica dun astro medida cunha placa fotográfica que ten unha sensibilidade comparable á do ollo humano para todas as lonxitudes de onda da luz visible.

      7. magnitude visual

        Magnitude aparente dun astro medida utilizando o ollo humano como instrumento de detección.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia burguesa que exerceu o control sobre os territorios de Santiago de Compostela nos ss XIII-XIV. O primeiro membro coñecido da familia é o prestamista Pedro Martínez de Tudela (s XII). Martiño Pérez de Tudela, fillo do anterior e alcalde da cidade (1219-1237), relacionouse coas autoridades eclesiásticas e foi testemuña na firma de documentos importantes. Martiño Xulián de Tudela formou outra rama familiar e puido ser o representante da burguesía compostelá ante a Corte. Xulián Martínez de Tudela , fillo do anterior, foi cabaleiro e trobador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de persoas, animais ou cousas.

    2. Conxunto moi numeroso de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condicións e características socioculturais da raza negra.

    2. Movemento social e intelectual que reivindica a tradición cultural negra. O termo foi empregado por primeira vez en 1935 polos escritores Léopold Sédar Senghor, Aimé Césaire e Cheikh Anta Diop. Despois caeu en desuso por considerarse inadecuado para a comprensión dos problemas do mundo actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista. Emprendeu máis de 40 expedicións a distintas cordilleiras, protagonizou un ascenso en solitario ao Denali (1972) e ao Annapurna (1974), e escalou, entre outros, o Cotopaxi, diversos volcáns de México e o Kilimanjaro. Escribiu Mi lucha por la montaña (1972) e Cinco montañas solo: memorias de un explorador (2000). Recibiu tres medallas de ouro ao mérito na montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de plano ou chairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de pleno.

    2. Momento ou situación de apoxeo de algo ou alguén.

    3. Fase anterior aos tempos finais, segundo a concepción bíblica do tempo, en que o Novo Testamento sitúa a encarnación do Fillo de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de pulcro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de quieto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de recto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Mariano Tudela, instalouse en Madrid (1956), onde foi asiduo colaborador de publicacións periódicas, guionista de radio, televisión e cine, e tradutor. Cultivou a novela con La linterna mágica (1948), Más que maduro (1956) e El aliento del diablo (1978); o conto con El hombre de las tres escopetas (1953); e a biografía con La Bella Otero (1957), Valle-Inclán, vida y milagros (1969) e La Galería Siniestra (1968-1972). Tamén elaborou as monografías de Azorín (1969), Camilo José Cela (1970) e Álvaro Cebreiro (1983), e outras obras como Vivir en La Coruña (1976) e Aquellas tertulias de Madrid (1984). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Etapa na vida dunha persoa en que é considerada anciá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de solicitar.

    2. Escrito ou documento en que se solicita unha cousa.

    3. Actitude da persoa amable e solícita.

    4. Calidade de algo que se fai de maneira solícita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa estadounidense dedicada á fabricación de automóbiles, fundada en 1852 para fabricar coches de cabalos. En 1902 iniciou a fabricación de automóbiles eléctricos, e en 1903 con motor de gasolina. En 1954 fusionouse coa Packard Motor Car, que pechou en 1958.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro ortodoxo da Serbia, situado a 27 km ao SO de Rankovicevo. Fundado por Estevo I de Serbia (1183), as súas edificacións de mármore constitúen o mellor exemplo do estilo da Raska (mestura de elementos bizantinos e románicos). Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO