"Vaz" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 165.
-
GALICIA
Debuxante. Xefe provincial de telecomunicacións do ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e presidente da Agrupación Cultural Auriense, foi o creador do personaxe de cómic O Carrabouxo, colaborou en diversas publicacións como La Región, Atlántico Diario e A Nosa Terra. Publicou Ano e pico de carrabouxos, 400 carrabouxos máis, Carrabouxos a esgalla I, Carrabouxos a esgalla II e A Sabeliña. Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo, o Premio José Aurelio Carracedo de xornalismo e o Populares de COPE en Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Guerreiro, estudiou Belas Artes en Madrid e ampliou a súa formación en París e Italia. Realiza unha obra hiperrealista caracterizada polo dominio do debuxo e as tonalidades grises. Das súas obras destacan os murais da igrexa de San Bartolomeu de Xove. Realizou as ilustracións de A fonte da vida longa (1898) e Tras as portas do rostro (1992) de Marica Docampo. Fixo exposicións individuais e participou na III Mostra Unión Fenosa. Recibiu o Primeiro Premio de Pintura Lugo Nova 90 e foi finalista no Concurso de Ilustración de Libros de Cuentos Espasa-Calpe (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Físico. Foi profesor da Escola Politécnica Superior do exército, director de asuntos xerais do Centro de Estudios Técnicos de Materiais Especiais, director de calidade na Empresa Nacional Santa Bárbara, vogal da comisión de normalización de certificación (AENOR) e vogal da sección de Defensa da Asociación Española para a Calidade. Ten varias obras, entre elas Dibuxo técnico (teoría e problemas), Tecnoloxía do metal e diversos artigos en revistas e congresos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista. Estudiou piano no conservatorio da Coruña e no de Madrid, onde obtivo o Premio ao Virtuosismo. Foi pianista titular da Orquestra da Ópera de Wiesbaden e presidenta da Sociedad Filharmónica Ferrolana e do Ateneo Ferrolano. É presidenta da Delegación do Patronato Rosalía de Castro de Ferrol e directora do Conservatorio Superior de Música. Ofreceu numerosos recitais en Alemaña, Francia e Suíza e gravou o primeiro disco de música galega de concerto, para piano, con obras de Andrés Gaos e Roxelio Groba. Recibiu o Premio Diana á muller do ano (1973) e a Insignia de Oro de la Ciudad de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Colaborou en O Tío Marcos da Portela e O Galiciano, e foi autor de Horas perdidas (1889) e Brisas gallegas (1890), publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Maxistrado e político. Foi membro da Audiencia de Cáceres (1833) e deputado por Pontevedra e Tui (1837-1852). Membro do Partido Moderado, foi senador vitalicio e membro do Tribunal Supremo desde 1857. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Intérprete, inicialmente de papeis cómicos ou traxicómicos en Novio a la vista (1957), El pisito (1959) o El cochecito (1960), posteriormente deu vida a personaxes máis complexos cos filmes Pippermint frappé (1967), Mi querida señorita (1971), La prima Angélica (1974), La colmena (1982), Esquilache (1989), El largo invierno (1991), Fisterra (1998) e La gran familia... 30 años después (1999). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes, oito Premios Goya e o Premio Nacional de Teatro (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Especializouse en arte galega e na obra de Goya. Foi membro da Comisión de Expertos da Bienal de Pontevedra (1982) e comisario de diversas exposicións como Compostela na arte galega (1993), Compostelana Historia: Redescubrimento-rexurdimento (1999) e O espello do mar na arte galega dos ss XIX e XX (2003). Entre as súas obras destacan El Arte del Finisterre gallego (1978), Goya: El programa neoplatónico de las pinturas de la Quinta del Sordo (1981), Los Caprichos de Goya y su significado (1982) e Alfredo Brañas e os artistas (2000). É membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e escritor. Doutor en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid (1966) e catedrático de Filoloxía Románica na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Valladolid (1973-1977), de Gramática Histórica de la Lengua Española (1977-1981) e de Lingüística e Literatura Galegas (desde 1981) na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu o Departamento de Lingua Española (1977-1981) e de Filoloxía Galega (1981-1988) da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Dos seus libros destacan Sobre cronologia do vocabulário Galego-Português (Anotações ao ‘Dicionário etimológico’ de José Pedro Machado) (1968), La tradución Gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla (2 vol, 1975-1977) e Crónica Troiana (1985, Premio Losada Diéguez 1985 e Premio da Crítica 1986) así como a participación nos métodos Gallego 1 (1971), Gallego 2 (1972) e Gallego 3 (1974). Tamén é autor de 130 artigos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedad Española de la Ciencia de Suelo, foi director da ETSI Agrónomos de Lugo e director da Axencia de Calidade Ambiental da Consellería de Ordenación do Territorio. Publicou numerosos traballos de investigación e monografías tanto en revistas nacionais coma estranxeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1973), doutor desde 1984. Realizou guións para a TVE-Galicia e escribiu as monografías Galicia na Segunda República e baixo o franquismo (1930-1976) (1988), Memoria-Catálogo das publicacións galegas antifranquistas (1990), Galegos en Euskadi. Galicia no corazón (1992), Nautilus (1994), As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) (2001), Resistencia, guerrilla e represión. Causas e consellos de guerra. Ferrol (1936-1955) (2003) e Historia do sindicalismo nacionalista galego (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Armando, en 1968 trasladouse a Coimbra, onde comezou a traballar en madeira. A súa obra, dun simbolismo de arraigamento primitivista, resulta unha síntese de clasicismo e romanticismo, aínda que tamén se observan as influencias de escultores españois e europeos do período de entreguerras (1920-1930). Realizou diversas exposicións en Galicia e no estranxeiro, e a súa obra figura en museos e institucións de Italia e Reino Unido (Edimburgo). Destaca da súa obra Movimiento (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Florencio de Arboiro, a proposta estética da súa obra vinculouse ao seu arraigamento no medio rural (Pastoreando, 1980), incorporando símbolos relacionados moitas veces con lendas populares (Meiga, 1988-1990). Preferiu empregar materiais de suxerentes formas tomados da natureza e reutilizalos sen apenas transformar. A súa obra, da que destacan Afiador (1980-1982) e Maternidad (1980), está presente en mostras individuais e colectivas en Galicia e España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi xefe de servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Val d’Hebrón, membro de diversas comisións ministeriais da especialidade de Medicina Interna e vicepresidente da Sociedad Española de Medicina Interna. Recibiu o Premio José Trueta a la Investigación (1988), o Premio Farreras Valenti da Sociedad Catalana de Medicina Interna e o Premio Janssen-Cilag de investigación biomédica en SIDA.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagoga. Xefa do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo Provincial da Deputación de Lugo, publicou Niños (1991) e Sargadelos, un viejo cuento y una gran realidad (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa traxectoria co grupo Itaca Teatro, co que realizou espectáculos como Historia do Zoo (1981) ou Eclipse Total (1984). Na pantalla grande participou nos filmes Las cartas de Alou (1990), Matías, juez de línea (1996) e La vida que te espera (2004); e dentro do ámbito televisivo, a súa experiencia abrangue producións como Pratos combinados, A familia Pita e Hospital Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. De espírito aventureiro, escribiu crónicas das súas viaxes por Francia, Bélxica, Portugal e distintos puntos de España. Publicou algúns dos seus poemas na revista Gánigo e traduciu varias obras do poeta ruso Boris L. Pasternak.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo, escritor e tradutor. Doutor en Filoloxía Galega e profesor na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. As súas principais investigacións filolóxicas céntranse no estudo da onomástica e da toponimia. Colaborador do Instituto Geográfico Nacional para a revisión da toponimia na cartografía de Ourense e Pontevedra (1984) e asesor de toponimia na Enciclopedia Galega Universal (EGU), pertence á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia e á Asociación Galega de Onomástica. Ademais, foi codirector do proxecto Toponimia de Galicia e coordinador da área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Colaborou coas revistas Vagalume e Dorna, elaborou a edición crítica de Longa Noite de Pedra (1990), de Celso Emilio Ferreiro, e realizou traducións de obras de Jack London, A chamada da selva (1982); Georges Perec, Robert Graves ou Conan Doyle; a versión ao galego da obra deste último autor O can dos Baskerville (1988) valeulle a concesión do Premio Ramón Cabanillas de Tradución...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e auditor. Foi socio de Deloitte&Touche, socio-director para Galicia de Ernst&Young e profesor asociado da Universidade de Vigo. Exerceu como decano e presidente do Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra, tesoureiro do Consejo General de Colegios de Economistas de España e vicesecretario da Unión Profesional de Galicia. Membro do Registro Oficial de Auditores de Cuentas, escribiu colaboracións para revistas especializadas como El Informe del auditor y la continuidad en la empresa (1998) e Riesgo y auditores (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Redactor de opinión de El Correo Gallego, foi xefe de prensa da Xunta de Galicia, presidente da Asociación da Prensa de Santiago, director da revista Abesana e cofundador de Teima. Foi tamén creador e impulsor dos programas Saber e xogar e Romarías e Etcétera (1989) da TVG, e da publicación Xornal Diario (1991). Participou na publicación de Cultura y medios de comunicación en sociedades dependientes (1982) e escribiu Disparos (1989), El Correo Gallego: Doce décadas de periodismo en Galicia (1991) e Sumud. Conversa con Palestina (2003). Recibiu o premio extraordinario Galicia de Xornalismo (1987).
VER O DETALLE DO TERMO